Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Repaso dos dereitos do viaxeiro ao desprazarse ao seu destino turístico nos diferentes medios de transporte : A garantía de viaxar condereitos

Repaso dos dereitos do viaxeiro ao desprazarse ao seu destino turístico nos diferentes medios de transporte

Alugamento de vehículos

Situacións de conflicto y dereitos do turista-consumidor

Sinatura de contrato nunha lingua que non é propia:

  • Solicitar calquera aclaración que se considere oportuna.

Alugamento dun coche determinado por Internet e, ao recollelo, non está dispoñible:

  • Reclamar no caso de que sexa necesario. Para iso é importante gardar a documentación por escrito aínda que se faga por Internet.
  • Se se sufriron prexuízos, tense dereito á indemnización correspondente.

Petición de deixar no establecemento a tarxeta de crédito:

  • No momento de contratar, as empresas adoitan pedir a tarxeta de crédito por se xorden problemas. Solicítanlle á entidade emisora da tarxeta unha autorización por un importe superior do custo do servizo contratado para garantir o pago do cliente. Unha vez que devolven o coche, o importe factúrase á tarxeta de crédito do cliente. Non supón ningún gasto.
  • Non é recomendable deixar a tarxeta de crédito en ningún establecemento.

O usuario non dispón de tarxeta de crédito e esíxenlle unha fianza:

  • Na práctica, non adoitan pedir diñeiro en efectivo e, cando o fan, piden unha cantidade desproporcionada.

Ser acusado de abolar o vehículo, a pesar de que os danos xa estaban antes do alugamento:

  • A empresa terá que probar que foi o cliente quen fixo o dano (convén revisar o vehículo tanto no momento do alugamento como ao entregalo, para poder identificar calquera dano e determinar a responsabilidade).
  • No caso de que o automóbil teña algún dano ao alugalo, é recomendable que este quede recollido no contrato.

Avaría do vehículo:

  • Poñerse en contacto coa empresa que llo alugou ou coa compañía de asistencia na estrada concertada con ela.
  • A empresa está obrigada a proporcionarlle un vehículo en condicións de circular canto antes.
  • Non ha de arranxalo pola súa conta. Só en casos de urxencia e cando o arrendador o autorizase expresamente, acéptanse cargos por reparacións alleas á compañía de asistencia concertada coa empresa.

Accidente:

  • Comunicarllo á empresa (algúns contratos establecen que en caso de accidente hai que facelo antes de 48 horas e, se non se cumpre este extremo, é o consumidor quen deberá responder de calquera dano que se producise no vehículo).
  • Se se contratou o seguro cunha franquía por un determinado importe, o cliente deberá pagar calquera dano do vehículo cuxa reparación non supere esta cantidade. Se se valora que o custo da reparación é superior, correrá a cargo da compañía de seguros.

Paxinación dentro deste contido

  • Ir á páxina anterior: « Barco
  • Estás na páxina: [Páx. 6 de 6]

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións