Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Repaso dos dereitos do viaxeiro ao desprazarse ao seu destino turístico nos diferentes medios de transporte : A garantía de viaxar condereitos

Repaso dos dereitos do viaxeiro ao desprazarse ao seu destino turístico nos diferentes medios de transporte

Autobús

Situacións de conflicto y dereitos do turista-consumidor

Cancelación da viaxe por parte do pasaxeiro:

  • Se anula o billete 48 horas antes da saída, o usuario recibe o 90 % do importe. Se a anulación se produce entre as 48 e as 2 horas antes da partida, deben reembolsar o 80 %. No entanto, se anula o billete con menos de 2 horas de antelación, non haberá dereito a devolución.

Cancelación da viaxe por parte da compañía sen avisar previamente e sen que exista causa de forza maior:

  • Se é por culpa ou por neglixencia da empresa, poden reclamarse os prexuízos acreditados que se produzan a consecuencia desta situación. Para reclamalos hai que presentar as facturas ou billetes que acrediten os gastos soportados polo viaxeiro.

Se a viaxe contratada sofre un atraso e xa non interesa realizala:

  • Se se debe a razóns de forza maior non imputables ao transportista, só obrigarán a restituír o importe da pasaxe se o viaxeiro o esixe.
  • Se non é por causa de forza maior, pódese reclamar polos danos e perdas que se ocasionaron, pero o pasaxeiro debe probar o dano e a súa repercusión económica con facturas ou recibos.

Prohibición de viaxar por parte da compañía:

  • Só é posible en casos moi excepcionais, como a falta de billete, o estado de embriaguez do pasaxeiro ou a alteración da orde pública.

Cobro pola equipaxe:

  • Cada viaxeiro pode transportar gratuitamente ata 30 quilos, pero este é un límite mínimo e as empresas poden establecer topes superiores.
  • Se se trata de elementos voluminosos como bicicletas ou táboas de surf, hai que comunicarllo á compañía para coñecer as súas condicións, xa que pode supoñer un custo adicional.

Realizar a viaxe noutro vehículo distinto ao contratado por ser festivo e que este se atopase en lamentables condicións:

  • O vehículo debe reunir idénticas condicións de seguridade, hixiene e salubridade ca o vehículo contratado. Os autocares deben ter determinadas condicións hixiénicas e de seguridade, iluminación, calefacción, caixa de primeiros auxilios, así como portas e xanelas de socorro. Se non é así, pódese interpoñer unha reclamación ante a empresa de transporte.

Viaxar de pé:

  • Só é posible en percorridos curtos (inferiores a 30 quilómetros) e con distintas porcentaxes sobre a capacidade total e en función da quilometraxe.

A equipaxe de man non cabe nos compartimentos do autobús:

  • Reclamarlle á empresa.

Non hai sistemas de seguridade infantil:

  • Todos os ocupantes de 3 ou máis anos de idade que viaxen en vehículos de máis de nove prazas teñen que utilizar, cando estean sentados, os dispositivos de seguridade instalados nos vehículos.
  • O condutor, o guía, os medios audiovisuais, os letreiros ou pictogramas, que han de estar situados en lugares ben visibles desde o asento, deben informar desta obrigación.

Non hai cintos de seguridade:

  • Todos os vehículos deben estar equipados con cintos de seguridade en todas as súas prazas.

Atrasos e cancelacións:

  • Recibir información adecuada e oportuna sobre a situación mentres dure a espera.

Cancelación ou atraso de máis de 2 horas de viaxes de longo percorrido (máis de 250 km):

  • Posibilitar un percorrido alternativo sen custo adicional ou reembolsar o billete. No caso de que non ofrezan estas opcións, o viaxeiro poderá reclamar o reembolso íntegro do billete e unha indemnización equivalente ao 50 % do seu prezo.

Cancelación ou atraso de máis de 90 minutos en viaxes de longo percorrido (máis de 250 km) e dunha duración prevista de máis de 3 horas:

  • Comida e bebida en función do tempo de espera ou do atraso.
  • Ata dúas noites de aloxamento dun custo máximo de 80 euros por noite (o transportista non está obrigado a procurar aloxamento se o atraso se debe a condicións meteorolóxicas extremas ou a unha catástrofe natural).

Avaría durante a viaxe:

  • Facilitar a continuación do servizo con outro vehículo desde o punto en que se atope o vehículo avariado ou un transporte desde o punto en que se atope o vehículo avariado ata un punto de espera ou unha estación adecuados desde onde sexa posible a continuación da viaxe.

Lesións corporais como consecuencia directa de choque, envorcadura, alcance, saída da vía ou calzada, rotura, explosión, incendio, reacción, golpe exterior e calquera outra avaría ou anormalidade que afecte ou proceda do vehículo:

  • Asistencia sanitaria que se precise (primeiros auxilios, comida, roupa ou transporte).
  • Indemnización aos usuarios que sufran danos corporais, aínda que a culpa non sexa do condutor do autobús. As cantidades que pode percibir unha persoa accidentada varían en función das circunstancias e da gravidade de cada caso: falecemento, incapacidade permanente que impida totalmente desempeñar as ocupacións habituais e lesións que impidan traballar ou realizar a súa actividade habitual durante un período de tempo máis ou menos prolongado. O límite máximo establecido polos países membros da UE á indemnización por falecemento e lesións persoais non será inferior a 220.000 euros (nesta van incluídos os gastos funerarios).
  • Nos traxectos de longa distancia (máis de 250 km), se o pasaxeiro necesita aloxamento, terá acceso a un límite de dúas pernoitas por un importe máximo de 80 euros por pasaxeiro e noite.

Equipaxe danada ou extraviada:

  • Indemnización cuxo límite máximo será de 1200 euros.
  • Se se danan cadeiras de rodas e demais dispositivos de asistencia, a indemnización é íntegra.

Roubo de equipaxe:

  • Presentar inmediatamente a folla de reclamacións á empresa e poñer unha denuncia ante a autoridade policial. Se non se realizou unha declaración de valor e un seguro complementario, a indemnización só poderá alcanzar 14,50 euros por quilogramo ata un máximo de 30 quilogramos.

Persoas con mobilidade reducida:

  • Asistencia gratuíta.
  • En caso de ter problemas para obter axuda, informar a entidade xestora da estación ou terminal ou a empresa de autobuses.

Persoas con mobilidade reducida en longos percorridos (máis de 250 km):

  • A que un acompañante viaxe gratuitamente se así se resolven problemas de seguridade que doutro xeito lle impedirían viaxar.
  • A asistencia en estacións determinadas.

Paginación dentro de este contenido

  • Ir a la página anterior: « Tren
  • Estás en la página: [Pág. 4 de 6]
  • Ir a la página siguiente Barco »

Pódeche interesar:

Infografías | Fotografías | Investigaciones

Información de Copyright e aviso legal

Visita a nosa canle Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámonos moi en serio a privacidade dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validacións desta páxina

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto