Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Repaso dos dereitos do viaxeiro ao desprazarse ao seu destino turístico nos diferentes medios de transporte : A garantía de viaxar condereitos

Repaso dos dereitos do viaxeiro ao desprazarse ao seu destino turístico nos diferentes medios de transporte

Avión

Situacións de conflicto y dereitos do turista-consumidor

Unha vez comprados os billetes por Internet, darse conta de que o prezo inclúe un seguro:

  • Pedir a devolución do importe do seguro se este ou outro tipo de elementos opcionais ofrecidos pola compañía aérea na súa páxina web estaban preseleccionados.

Cancelación do voo por parte do usuario:

  • Aínda que os gastos de xestión poden correr a cargo do pasaxeiro (dependendo da compañía), nunca serán maiores ao prezo total.
  • Devolución dunha porcentaxe en caso de forza maior (por exemplo, accidentes, problemas familiares, etc.), sempre que se acredite. A devolución corresponde tanto ao pasaxeiro como aos seus familiares directos.

Cancelacións por parte da compañía aérea ou sobre-reserva (overbooking) ou reserva de prazas por encima da capacidade real do servizo:

  • Recibir información.
  • Unha compensación económica de 250 euros (voos ata 1500 km), 400 euros (voos intracomunitarios de máis de 1500 km e os demais entre 1500 e 3500 km) ou 600 euros (o resto). Os quilómetros cóntanse ata o último destino. Non corresponderá se a compañía comunica a cancelación: con 2 semanas de antelación; no prazo de 2 semanas e 7 días e promove un transporte alternativo con non máis de 2 horas de antelación e non máis de 4 horas de atraso; con menos de 7 días de antelación, pero ofrece outro voo con non máis dunha hora de antelación e chegada con non máis de 2 horas de atraso. Reducirase un 50 % se se ofrece un voo alternativo e a diferenza horaria coa orixinal é: inferior a 2 horas en voos de 1500 km; inferior a 3 horas en voos comunitarios de máis de 1500 km ou de entre 1500 e 3500 km; inferior a 4 horas no resto dos voos.
  • Devolución do prezo do billete correspondente á parte ou partes da viaxe non efectuadas se o voo non ten razón de ser en relación co plan inicial de viaxe do pasaxeiro e, se é o caso, voo de volta ao momento de partida o máis rápido posible.
  • Condución ao destino final en condicións de transporte comparables o máis rapidamente posible ou, se é o caso, nunha data posterior. Se se establece o voo a outro aeroporto (se unha cidade ten varios), a compañía correrá cos gastos de transporte ata o primeiro aeroporto ou outro lugar próximo convido co pasaxeiro. Neste caso, a compensación económica poderá reducirse un 50 % se a diferenza horaria coa orixinal é inferior a 2 horas en voos de 1500 km, inferior a 3 horas en voos comunitarios de máis de 1500 km ou os outros entre 1500 e 3500 km e inferior a 4 horas no resto dos voos.
  • Comida e bebida suficiente durante a espera.
  • Aloxamento nun hotel se hai que pernoitar (inclúe o transporte ao hotel).
  • Dúas chamadas telefónicas, fax ou correo electrónicos.

Atrasos nas viaxes:

  • Hai dúas alternativas: devolución do diñeiro total nun prazo de 7 días. Acomodar ao afectado no seguinte voo ao mesmo destino.

Atraso respecto da hora prevista de saída, superior a 2 horas en voos de ata 1500 km, superior a 3 horas en voos intracomunitarios de máis de 1500 km ou extracomunitarios entre 1500 e 3500 km e superior a 4 horas no resto dos voos:

  • Comida e bebida suficiente durante a espera.
  • Dúas chamadas telefónicas, fax ou correo electrónicos.
  • Aloxamento en hotel se hai que pernoitar (inclúe o transporte ao hotel).
  • Devolución do prezo do billete correspondente á parte ou partes da viaxe non efectuadas se o voo non ten razón de ser en relación co plan inicial de viaxe do pasaxeiro e, se é o caso, voo de volta ao momento de partida o máis rápido posible se o atraso é de máis de 5 horas.

A aeroliña denega o embarque a menores de 14 anos por non ter DNI:

  • O Programa nacional de seguridade para a aviación civil de cada país membro da UE determina a documentación esixible en facturación e portas de embarque. O Plan nacional de seguridade (PNS) vixente en España establece que os pasaxeiros españois menores de 14 anos que voen cos seus pais deberán portar o Libro de familia para poder voar en territorio nacional, sen que sexa necesario posuír DNI ou pasaporte.

A aeroliña acomoda un pasaxeiro nunha praza de clase superior ou inferior ao que este contratou:

  • Se é unha praza de clase superior, a compañía non solicitará pago suplementario ningún.
  • Se é unha praza de clase inferior, a aeroliña dispón de 7 días para lle reembolsar ao pasaxeiro afectado o 30 % do billete en voos de ata 1500 km, o 50 % en voos de ata 3500 km e o 75 % nos restantes voos.

Equipaxe facturada e non facturada, perdida, danada mentres estaba a bordo ou baixo a custodia da aeroliña ou entregada con atraso:

  • Cubrir o parte de irregularidade de equipaxe (PIR) antes de abandonar o aeroporto.
  • Dirixir unha reclamación por escrito antes de 7 días á compañía aérea.
  • Acudir aos tribunais no prazo de 2 anos a partir da chegada da aeronave ou do día en que se debe chegar.

Compra de roupa mentres aparecía a equipaxe extraviada:

  • Esixir unha indemnización polos danos e perdas causados, así como polos gastos que houbese que realizar para produtos de primeira necesidade (hixiene, roupa interior etc.).

Persoas con mobilidade reducida:

  • Asistencia gratuíta.
  • En caso de ter problemas para obter axuda, informar a entidade xestora do aeroporto ou a compañía aérea.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografías | Fotografías | Investigaciones

Información de Copyright e aviso legal

Visita a nosa canle Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámonos moi en serio a privacidade dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validacións desta páxina

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto