Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Menús do día: 143 de 12 cidades distintas, estudiados : A calidade nutritiva de case a metade dos menús do día é deficiente

O máis destacado e o máis curioso

  • A normativa está para ser cumprida.Nun 15% non está exposto o prezo do menú do día, a pesar de que a normativa así o esixe. E no 10% non tiñan as follas de reclamacións ó dispor dos clientes. As escusas máis comúns: a imposibilidade de atopalas ou que estaban na “xestoría” e esta non abría ata a tarde.
  • ¿Que temos hoxe? Nun de cada catro locais, os pratos que conforman o menú non están expostos ó público, coas conseguintes molestias que isto causa ó cliente.
  • Ata dez pratos para elixir.En Málaga, un restaurante ofrecía un menú do día con nove pratos diferentes para elixir de primeiro, e en Alacante outro abría a posibilidade a 10 opcións distintas para o segundo prato. O máis común (ocorría na metade dos casos) é que haxa tres ou catro alternativas para cada prato.
  • Castigados sen sobremesa.En San Sebastián e Málaga encontráronse os dous únicos menús que non incluían sobremesa. En sentido ben contrario, en Bilbao un restaurante ofrecía no seu menú do día 13 sobremesas para elixir.
  • Entremeses, nin falar.Só figuraban no 3% dos menús estudiados.
  • Café, poucos.No 16% dos menús do día inclúese o café. En Madrid, Castellón, Pamplona e Santander isto é o máis habitual.
  • E copa e puro, ningún. Nin falta que fai.
  • A auga ¿da billa? Só nun de cada dez restaurantes a auga do menú do día era da billa. En máis da metade dos visitados de Pamplona a cousa estaba así.
  • Pan: branco ou nada. Só no 6% dos restaurantes se podía elixi-la clase de pan. A metade deles, estaban en Málaga.
  • Moito papel. O 56% dos panos de mesa que se utilizan nos restaurantes onde se ofrecen menús do día son de papel.
  • Só o 8% dos restaurantes visitados non colocan mantel, e nos que utilizan este elemento para vesti-la mesa, nun 44% é de papel.
  • Eses cubertos e vasos… Nun de cada seis restaurantes, os coitelos estaban desafiados. Nun 10%, os vasos ou as copas mostraban algún deterioro e nun 5% non estaban limpos.
  • Veña, veña. Nun 10% dos locais de comidas estudiados, tras termina-la sobremesa o cliente ten a sensación de que os empregados, coa súa actitude, os animan a deixa-la mesa libre.
  • ¿Podo pagar con cartón? Non sempre: nun de cada cinco establecementos non se podía paga-lo menú do día con cartón. En Valencia, case a metade..
  • ¿Ruído?, non gracias. No 22% dos restaurantes había moito ruído no comedor (música, TV, empregados na cociña ou clientes no mostrador do bar), sobre todo os de Barcelona e Alacante.
  • As mesas, ben separadiñas mellor. Nun 27% dos restaurantes as mesas estaban demasiado cerca unhas doutras, xerando sensación de sufoco ós comensais.
  • Comer sen ser vistos. Case en seis de cada dez locais algún dos comensais queda á vista dos clientes da cafetería.
  • Ante todo, limpeza. Nun 13% dos restaurantes, a limpeza do comedor era moi mellorable, sobre todo nos de Pamplona, Burgos e Santander. E nun de cada dez, os cheiros da cociña chegaban ó comedor.
  • Os baños teñen a súa importancia. Nun 3% dos restaurantes non había un baño para señoras e outro distinto para homes. No 22%. a limpeza do WC era mellorable e nun 6% era insuficiente. Nun 11% dos locais (a maioría, en Vitoria e Málaga) non había xabón no baño.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións