Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

: A pandemia pasa factura psicolóxica

DA NOITE PARA A MAÑÁ SUFRIMOS UNHA SOBREDOSE DE MALAS NOTICIAS E VÍMONOS ABOCADOS A UNHA CONVIVENCIA INTENSA. AGORA QUE O FI NAL ESTÁ MÁIS PRETO, DÚAS EXPERTAS AXÚDANNOS A VOLVER A UN ESCENARIO QUE NUNCA SERÁ IGUAL. PERO HAI QUE INTENTALO.

Facerlle fronte ao medo

“O medo é unha emoción funcional, que nos axuda a enfrontarnos a situacións nas que estamos en perigo, explica Elisabet Marina. Ese medo foinos útil –a nenos e a maiores– para entender que tiñamos un inimigo (o virus) e protexernos del, así como para identificar aos heroes que nos axudaron. Con todo, durante as últimas semanas vímonos máis vulnerables. Caemos na conta de que podemos estar en risco, e esa percepción tamén a viviron os nosos fi llos. O estudo de 2013 Trastorno de estrés postraumático en pais e nenos despois de desastres relacionados coa saúde, da Universidade de Cambridge, revela que os nenos que sufriron unha corentena tiveron catro veces máis estrés postraumático que os que non a viviron.

Outro estudo, este sobre o impacto psicolóxico da experiencia de corentena da SARS, conclúe que o 54 % das persoas que foran postas en corentena evitaba a xente que tusía ou esbirraba, o 26 % eludía os lugares pechados e o 21 % evitaba todo espazo público nas semanas posteriores ao período de corentena. Por outra banda, hai que ter especial coidado coas persoas maiores, que probablemente sentirían con maior intensidade o medo a morrer pola infección; ese medo fíxolles enfrontarse á súa vulnerabilidade, especialmente polas mensaxes tan repetidas de que son o colectivo de risco.

  • Que podemos facer. Superada a crise, o noso cerebro vai buscar estratexias para facer que ese medo sexa adaptativo, transitorio. Buscará argumentos e explicacións para tranquilizarse. Iremos en busca do racional. Nos nenos será máis sinxelo, teñen unha maior capacidade de adaptación, pero a nosa actitude será decisiva para lograr que superen os seus medos: debemos transmitirlles calma e ofrecerlles seguridade (procuremos non falar dos nosos medos e angustias na súa presenza, aínda que pareza que non se están decatando, teñen unha gran capacidade para percibir as emocións). Tamén é importante axudarlles a que expresen como se senten, escoitalos e non quitarlle importancia ás súas emocións. Nos maiores, o mellor camiño será o do afecto e o de ofrecerlles novas ilusións (unha escapada en familia, unha celebración) e formas de sentirse aínda útiles e activos (axudar con algunha receita, algo de bricolaxe ou de costura, unha consulta sobre o traballo…).

Pedir axuda profesional? Como o medo, a tristeza ou a ira son emocións funcionais que puideron xurdir nunha crise como a da COVID-19. A tristeza fainos refl exivos e axúdanos a valorar a vida; a ira ou o enfado tamén aparecen porque en moitas ocasións necesitamos o desafogo de non entender. Como indica Elisabet Mariña, todas as emocións teñen unha función e nos predispoñen á supervivencia. O problema xorde cando son de tal intensidade que nos paralizan e nos en calquera función do día a día.

  • Que podemos facer. Unha apatía xeneralizada pode ser síntoma de que necesitamos axuda profesional. Cando a introspección non sexa refl exiva, senón de peche, cando só queiramos estar connosco mesmos e desde sentimentos disruptivos (soidade, abandono, frustración…), cando entramos nun vórtice de emocións negativas nas que non temos ferramentas para atopar un alento, un consolo. O médico de cabeceira pode orientarnos neste camiño, pero, se nos sentimos incapaces de buscar un profesional, podemos confi arnos ás nosas persoas máis achegadas para que nos axuden a atopar recursos cos que poder mellorar a nosa situación emocional.

As persoas con trastornos. Entre as máis vulnerables atopamos os pacientes con depresión. Á súa visión negativa da vida súmase o conxunto de acontecementos desagradables e de alarma que se desenvolveron.

  • Que podemos facer. Se temos algunha persoa na nosa contorna nestas circunstancias, é moi importante que se poida sentir arroupada. É primordial que sigan intentando manter horarios de comida e de descanso, pois os cambios nos ritmos cronobiolóxicos son negativos para as enfermidades mentais. Tamén convén que teñan unha rutina fi xa, un horario no que se inclúan tarefas laborais ou domésticas, así como actividades de lecer e de contacto cos seres queridos.

Con adolescentes

Aínda que a relación con eles non sempre é fácil, no confi namento incorporariamos novas rutinas: comer xuntos, ver series, aprender a facer un pastel… O obxectivo é intentar manter abertos eses novos espazos de unión, que non desaparezan.

  • Podemos axudarlles a valorar os aspectos positivos que tivo esta experiencia: facerlles ver que a volta ao instituto ten as súas partes benefi ciosas, como estar cos amigos, conversar, rirse.
  • Tamén é o momento de dicirlles que apreciamos como foron capaces de traballar a responsabilidade ao estudar desde a casa, e ensinarlles a valorar a fi gura do docente.
  • Intentar evitar a ‘adaptación hedonista’: que a alegría por volver saír e por empezar a recuperar a vida de antes non desapareza en cuestión de días. O obxectivo é que aprendan –e nós para iso debemos dar exemplo– a apreciar e valorar os pequenos praceres da vida.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións