Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

: A pandemia pasa factura psicolóxica

DA NOITE PARA A MAÑÁ SUFRIMOS UNHA SOBREDOSE DE MALAS NOTICIAS E VÍMONOS ABOCADOS A UNHA CONVIVENCIA INTENSA. AGORA QUE O FI NAL ESTÁ MÁIS PRETO, DÚAS EXPERTAS AXÚDANNOS A VOLVER A UN ESCENARIO QUE NUNCA SERÁ IGUAL. PERO HAI QUE INTENTALO.

Manexar o dó

Se o falecemento dunha persoa querida é sempre difícil, máis o é aínda non poderse despedir dela para previr o contaxio. Poden xurdir sentimentos de culpa por non dicirlle o que sentiamos, o que lle queriamos, así como sentimentos de impotencia e de frustración.

  • Que podemos facer. Unha vez que a situación pasou, suxire Silvia Álava, pode ser o momento de celebrar un acto ou unha cerimonia para recordar a esa persoa que xa non está, e pedirlles aos nosos familiares e amigos que nos acompañen. Aínda que aprazada no tempo, é unha ocasión para superar entre todos o dó.

Outras perdas. Aínda cando non perdamos a un ser querido, hai outros dós que imos ter que atravesar. Todos perdemos algo nesta crise: pode ser o emprego, pero tamén a renuncia a algún proxecto –vital ou profesional–, a frustración de ter que empezar de cero ou o baleiro que deixou en nós estar semanas sen poder estar con persoas ás que queremos e necesitamos.

  • Que podemos facer. Ante este tipo de situacións traumáticas, é completamente normal sentirnos tristes, frustrados e con rabia. Cada un de nós necesitará un tempo de adaptación para integrar o trauma na súa vida e poder construír a partir del. A seguinte fase é aproveitar a enerxía e ver de que xeito poderemos, cando a situación estea ben, reconverternos. Hai que asumir e aceptar a nova situación e dedicar enerxía a novos proxectos.

Combater a desconfianza. A palabra resentimento refírese a “volver sentir”. Por iso, se nos deixamos levar por este resentimento revivimos o rancor: aos políticos, ás autoridades, ao bicho invasor, ás noticias tóxicas, á mala xestión e á realidade. Todo isto lévanos á desconfi anza. Movernos no receo e na sospeita acrecenta a incerteza e non nos permite avanzar. Mentres quedemos aí, non recuperaremos a confi anza.

  • Que podemos facer. Unha cousa é estar atento e ter unha postura crítica e outra, moverse na suspicacia e a aprensión. É posible que nos sintamos enganados, pero tamén convén identifi car aquilo que se fi xo ben, e de corazón. “Traballar desde o perdón é liberador –explica Silvia Álava–. Non ten que ver coa fe, senón con non ir buscando as malas intencións dos demais. Un bo exercicio é cambiar o rancor polo agradecemento”. Trátase de transformar esa procura dos culpables nunha procura de toda a xente á que temos algo que agradecerlle. Desde agricultores a repositores, de sanitarios a transportistas, de persoal de limpeza a voluntarios.

Cos máis pequenos

Estiveron varias semanas connosco, véndonos acotío na casa, e agora non podemos desaparecer da noite para a mañá. A separación debe ser gradual, e hai que explicarlles a nova situación con palabras que poidan entender.

  • Se o noso traballo foi tradicionalmente moi esixente e nos deixou pouco tempo para os nosos fi llos, este é o momento de entender o signifi cado da palabra ‘conciliación’.
  • Agora que tivemos a ocasión de xogar máis con eles, de dedicarlles máis tempo, facer manualidades ou inventar historias… intentemos manter dentro das nosas rutinas estes xogos e momentos de intimidade.
  • Hai que aceptar que lles vai custar moito esforzo reincorporarse á vida cotiá. Igual que tras as vacacións necesitan un período de adaptación, tamén agora van necesitar da nosa paciencia.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións