Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

^

APERITIVO: UN PETISCO QUE SÓ DEBE SER ISO

SON OS PROTAGONISTAS DAS LAMBISCADAS ENTRE HORAS, PERO NON TODOS OS APERITIVOS SON IGUAIS. CONVÉN COÑECER AS SÚAS CARACTERÍSTICAS PARA PODER FACER A MELLOR ELECCIÓN, ESPECIALMENTE NO QUE RESPECTA AOS INGREDIENTES QUE CONTEÑEN OU Á SÚA ACHEGA DE ENERXÍA OU DE SAL.

 

Segundo os estudos sobre hábitos de consumo, comer entre horas é cada vez máis habitual na poboación española. Está moi estendida a idea de que esta práctica engorda e non é recomendable para a saúde, pero, en realidade, depende do perfil nutricional do alimento que consumamos, é dicir, se resulta saudable ou non.

Entre as opcións que adoitamos elixir para eses momentos atópanse, sobre todo, os aperitivos como os que analizamos nesta guía, o que explica que a súa venda aumente nos últimos anos (é especialmente rechamante o caso dos nachos, que se puxeron de moda como acompañamento de salsas e outras preparacións: humus, guacamole...).

Pero atopámonos diante de produtos saudables? Para coñecer a resposta podemos consultar diferentes guías dietéticas. En España a máis coñecida é, sen dúbida, a pirámide dos alimentos, como a de Eroski, que os sitúa na cúspide, o que significa que o seu consumo debe ser ocasional. Se nos fixamos noutras recomendacións con máis respaldo científico -como o Prato para comer saudable, da Escola de Saúde Pública da Universidade de Harvard, ou a pirámide da Fundación Australiana de Nutrición- veremos que estes aperitivos nin sequera aparecen nelas, do que podemos deducir que canto menos os consumamos, mellor. Unha vez que temos isto claro, debemos considerar que non todos os aperitivos son iguais. Hai notables diferenzas entre eles que convén coñecer para poder facer unha boa elección

LOS INGREDIENTES PRINCIPALES

Para situarnos, poderiamos dicir que estes aperitivos están elaborados basicamente a partir dun ingrediente principal de tipo farináceo (como pataca, millo ou outros cereais), ao que se lle engade aceite e sal. Esta formulación tan sinxela é a que atopamos, por exemplo, en Doritos Dippas, Nachos Veritas e Chips EROSKI Sannia. Aínda que o máis habitual consiste en que, a esa fórmula básica, se lle engadan outros S ingredientes coma azucres, aromas, colorantes e outros aditivos, tal e como ocorre nos produtos analizados.

Para saber de que están feitos estes aperitivos debemos fixarnos en dous aspectos fundamentais do etiquetaxe. O primeiro deles é a denominación do produto, unha descrición superficial que figura normalmente no reverso do envase, xusto diante do outro elemento que debemos consultar: a listaxe de ingredientes. Este non só nos informa sobre as materias primas que forman parte da receita, senón que tamén nos pode dar unha idea da cantidade na que se atopan, xa sexa de forma aproximada (dado que se citan por orde de importancia segundo o seu peso no produto) ou de forma concreta (se un ingrediente se destaca dalgún modo no envase, debe especificarse a súa cantidade).

Así podemos deducir, por exemplo, que na maioría dos aperitivos analizados, o ingrediente principal atópase nunha proporción aproximada de entre o 60 % e o 85 %, como ocorre en Cheetos Pandilla e Cheetos Gustosines, respectivamente. O tipo de ingrediente maioritario (millo, pataca, trigo, arroz, chícharo...) e a súa proporción determinan tanto o aspecto e a textura do produto como o seu sabor e as súas características nutricionais. Se se opta por engadir unha cantidade notable de fariña integral de cereais, o produto terá unha cantidade significativa de fibra. É o que ocorre, por exemplo, no caso de Sunbites multicereais, cuxo contido en fibra é do 6,6 %.

NON SEMPRE É TOMATE OU QUEIXO.

Nalgúns casos debemos prestar especial atención, porque no envase ás veces móstranse imaxes ou palabras (como "tomate" ou "queixo") que poden darnos a entender que un ingrediente é maioritario, cando en realidade a súa presenza resulta anecdótica. Isto ocorre en produtos como Snatt's Natuchips tomate, queso y orégano ou Snatt's Guisante snacks queso y eneldo. Se nos fixamos na denominación do produto, poderemos ler que se trata de aperitivo con "sabor a..." e, se observamos a listaxe de ingredientes, veremos que só conteñen un 0,8 % de tomate e un 0,3 % de queixo, respectivamente. É dicir, utilízanse soamente co fin de proporcionar sabor ou aroma.

ANÁLISE

  Para elaborar esta guía analizáronse 29 aperitivos de marcas líderes no sector: Sunbites Multicereales al toque de sal marina, Doritos TexMex, Doritos Dippas original, Lay's 3D's Bugles, Fritos BBQ, Cheetos Pelotazos, Cheetos Gustosines, Cheetos Pandilla, Lay's Poppables sal marina e Lay's al horno, de Pepsico; Snatt's Natuchips Tomate, queso y orégano, Snatt's Guisante snacks queso y eneldo, Glublins Barbacoa e Papadelta Original, de Grefusa; Mios! Chips de maíz y cebolla, Triskys original, Risketos original e Palomitas, de Risi; Palomitinas sabor mantequilla, Guspitos, Pajitos de patata e Fantasinis, de EROSKI; Tejas e Chips light, de EROSKI Sannia; Nachos natural, de Veritas; Jumpers sabor mantequilla, de SYC Diversificación; Pringles original, de Pringles; Chaskis, de Facundo, e Superaspitos, de Aspil.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto