Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa

^

REVISIÓN NA GRANXA

NON SÓ AS LEIS E OS GANDEIROS QUEREN QUE AVES, PORCOS E RESES VIVAN BEN. O 94 % DOS CONSUMIDORES ESPAÑOIS CONSIDERA IMPORTANTE O TRATO QUE SE LLES DISPENSA AOS ANIMAIS DE CRÍA. ESTA TENDENCIA ÉTICA, QUE CONTA COS SEUS PROPIOS CERTIFICADOS, TEN CADA VEZ MÁIS PESO NAS DECISIÓNS DE COMPRA.

 

Un animal goza de boas condicións se está san, cómodo, ben alimentado, séntese seguro, pode expresar formas innatas de comportamento e non padece sensacións desagradables de dor, medo ou desasosego". Así define a Organización Mundial de Saúde Animal o trato digno nas explotacións gandeiras.

Non se trata dun concepto novo. Desde principios do século XXI, o benestar animal contémplase na lexislación española, que establece medidas concretas en instalacións, habitabilidade, alimentación, trato, transporte e sacrificio. Segundo o Consello Xeral de Colexios de Veterinarios, a normativa española está á altura dos países europeos máis avanzados na materia. Esta mensaxe ten o seu peso, xa que organismos especialistas como o Instituto de Investigacións Agroalimentarias (IRTA) ou NEIKER-Tecnalia recordan que, en cuestión de seguridade alimentaria e benestar animal, Europa é a rexión máis avanzada do mundo.

Con todo, a normativa vai por detrás dunha conciencia social, cada vez máis sensible co dereito dos animais a unha vida digna. Algunhas cifras rozan a unanimidade: segundo o último Eurobarómetro (2016), un 94 % dos españois considera importante ou moi importante o benestar das especies de granxa, cando dez anos antes esa porcentaxe quedábase no 71 %. Segundo estudos como o Mintel Global Food and Drinks Trends, a demanda de produtos éticos que inclúe o benestar animal creceu en todo o mundo: do 1 % de 2007 pasouse ao 22 % tan só unha década despois.

 

Nese contexto, a Unión Europea desenvolveu proxectos como Welfare Quality (WQ) e Animal Welfare Indicators (AWIN) para impulsar tanto a investigación sobre benestar (máis de 40 universidades e laboratorios integrados) como medidas que van máis aló da lexislación en toda a cadea alimentaria. Cada vez máis empresas se suman a esta tendencia, que inclúe certificacións como Certicar e AENOR. "O selo acredita a preocupación dun gandeiro polo coidado dos animais e as boas prácticas, en sintonía cos actuais valores sociais", explica David Verán, director de Industria Agroalimentaria e Distribución de AENOR.

ASÍ ESTARÍA UNHA VACA NO CAMPO?

Os protocolos como WQ e AWIN parten do mesmo principio recollido nas leis española e comunitaria: asegurar unha correcta alimentación, unha boa saúde, un aloxamento adecuado e un comportamento apropiado. Pero pon o foco neste último como medida dos anteriores. É dicir, non só inspecciona as instalacións e a súa habitabilidade, senón que analiza en detalle o estado físico e emocional dos animais xunto coa forma en que interactúan, para comprobar que esas instalacións realmente facilitan unha boa calidade de vida. Segundo especialistas como NEIKER-Tecnalia e o IRTA, as granxas que aplican estas medidas reducen a necesidade de usar medicamentos para previr ou curar enfermidades. Un menor nerviosismo nos animais mellora os seus sistemas inmunitarios e o seu estado físico xeral.

Con ese obxectivo, os auditores dos protocolos analizan parámetros como a calidade de pasto, pensos e auga e a porcentaxe de animais que están fóra da área de descanso (o que podería indicar que non cumpre o seu cometido), o nivel de sucidade ou se existen feridas, inflamacións, diarreas, tose ou secrecións, así como a ausencia de parasitos e depredadores na zona.

Resulta fácil pensar que especies con miles de anos de produción e selección xenética mostran unha conduta domesticada, pero en realidade é parecida á que expresarían en liberdade. Por iso, o protocolo analiza xestos como a xerarquía entre individuos, se se molestan entre eles ou hai enfrontamentos, como responde o instinto dunha galiña ante ruídos descoñecidos e incluso o tempo que tarda un animal en tombarse: se unha vaca emprega máis de seis segundos, é sinal de alarma.

PUBLICIDADE E ENVASES

A crecente sensibilidade da cidadanía ante o maltrato animal fixo que moitas marcas incorporen nos seus envases e anuncios slogans sobre esta materia. Moitas destas mensaxes están avaladas cos distintos certificados e organismos de control, con todo, outros redúcense só a unha estratexia de márketing. "Non me gustan os que falan de animais felices, sexan galiñas ou koalas, pois primeiro deberiamos definir que é a felicidade e despois obxectivizar a súa avaliación, cousa que non conseguimos aínda nin en humanos", opina Antoni Dalmau, doutor en veterinaria e investigador do Instituto de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentarias (IRTA).

BUSCA NA ETIQUETA

Se queres verificar que os produtos que compras respectan os protocolos de benestar animal só tes que botarlle unha ollada á etiqueta. Estes son dous dos logos máis importantes:

  • AENOR. A certificadora máis importante en todo o país. Ata agora outorgou 4 200 certificados do protocolo Welfare Quality a explotacións españolas de porcino, vacún e avicultura.
  • Certicar. Aplica un dos protocolos europeos máis recentes, AWIN, no que participan universidades e centros de investigación de 10 países.

INTERESA O BENESTAR ANIMAL? A CIDADANÍA RESPONDE

O Eurobarómetro de 2016 preguntoulles aos europeos sobre os coidados do gando.

Ata que punto é importante protexer o benestar dos animais de granxa ?

  • Moi importante: España, 55% // Europa, 57%
  • Bastante importante: España, 39% // Europa, 37%
  • Non moi importante : España, 4% // Europa, 3%
  • Non sabe: España, 2% // Europa, 2%
  • Nada importante: España, - // Europa, 1%

Gustaríalle ter máis información sobre as condicións nas que se crían os animais de granxa no noso país?

  • Total SÍ: España, 71% // Europa, 64%
  • Total NON: España, 27% // Europa, 33%
  • Non sabe: España, 2% // Europa, 3%

O 59 % dos europeos recoñece que estaría disposto a pagar máis por produtos deste tipo, aínda que a maioría preferiría que o prezo non se incrementase en máis dun 5 %. En España, esta cifra descende ao 51 %, pero só un 3 % aceptaría pagar un 20 % máis por produtos respectuosos co benestar animal.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto