Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

O RECREO XA NON É O QUE ERA

O CRECENTE INTERESE POLA VIDA TRANSFORMOU O PICOTEO DE MEDIA MAÑÁ DOS NENOS FRONTE AOS BOCADILLOS E ZUMES DO PASADO, GAÑAN TERREO OS SÁNDWICHES INTEGRAIS E A FROITA. ANALIZAMOS QUE TEÑEN DE BO E DE MALO AS MERENDAS DE ONTE E DE HOXE.

 

Forma parte da rutina matinal de todos os nenos en idade escolar: almorzar, vestirse, preparar a mochila e introducir nela unha merenda para consumir no recreo. A escena vénse repetindo desde sempre, aínda que con ingredientes distintos: como reflexo dun interese da sociedade cada vez maior pola alimentación saudable, o aperitivo de media mañá cambiou nos últimos anos. Con todo, os nenos de hoxe non están tan sans como esa concienciación polo benestar podería suxerir. Segundo o Estudo Nutricional e de Hábitos Alimentarios da Poboación Española (ENPE), impulsado en 2015 pola Fundación Eroski, a taxa de obesidade dos menores de 6 a 9 anos incrementouse nun 22,8 % desde o 2000. O dato ponnos á cabeza de Europa, só por detrás de Chipre.

UNHA MIRADA AO PASADO.

Os aperitivos do pasado eran, en xeral, menos procesados. Andrea Marqués, nutricionista e experta en Dietética e Gastronomía explícao así: "Algúns dos produtos de antes non tiñan tantos aditivos nin conservantes. Isto pódese ver nos pans conxelados que se comercializan na actualidade. Por outra banda, os bocadillos podían incluír recheos menos saudables, como embutidos, aínda que algúns destes eran máis sans que outros, coma o xamón ".

Na actualidade, hai familias moi comprometidas cunha adecuada alimentación dos seus fillos, pero outros non tanto, ou non dispoñen de suficiente información. Hoxe en día existen moitas opcións, e familias preocupadas polo que lle dan ao seu fillo unha peza de froita, froitos secos nunha friameira pequena ou medio sándwich integral cun pouco xamón. Pero logo está o polo oposto, aqueles que recorren aos ultraprocesados. "Esta é a loita que temos os nutricionistas. Pais que lles dan aos nenos paquetes de galletas con moitísimo azucre, bolaría industrial con graxas saturadas e zumes con azucre engadido", describe a experta.

En décadas pasadas dábaselle prioridade á comida caseira. "Hoxe, aínda que os produtos ultraprocesados están sometidos ao marco da seguridade alimentaria, incorporan unha serie de compostos químicos que ás veces, se se consomen en exceso, poden actuar como indutores endócrinos ou alterar o metabolismo e, se hai unha acumulación, poden ser prexudiciais para o organismo. Deberiamos evitar os ultraprocesados sempre que poidamos", aconsella Marqués.

UN BOCADO NECESARIO.

A comida do recreo supón, como mínimo, o 10 % da achega calórica diaria. Por máis que nos últimos anos se estea cuestionando a idoneidade de facer cinco comidas ao día, que os nenos piquen algo a media mañá é mellor ca que se non o fan. "En xornadas que poden empezar ás oito ou nove da mañá e que se prolongan ata a hora para comer, si que é necesario, sobre todo en nenos que almorzan mal na casa", advirte Andrea Marqués. Agora ben, tamén é preciso que esa opción matinal sexa o máis saudable posible. Algunhas alternativas apoiadas polos nutricionistas son as seguintes: se o menor non almorzou ben, sería conveniente darlle unha peza de froita para que teña a achega necesaria de vitaminas; mellor fresca que en zume, para non engadir máis azucre.

Outra opción é meterlle na mochila un puñado de froitos secos, que conteñen graxas saudables e omega 3, e veñen moi ben para a actividade cerebral. Incluso se pode incluír un pequeno lácteo ou, se sabemos que o neno ten apetito, medio sándwich de pan integral recheo dun pouco xamón curado ou xamón cocido, ou de media lata de atún que lle proporcione proteínas de calidade. En cambio, conviría evitar chourizo, salchichón e outros embutidos con exceso de graxa.

Postos a planificar unha merenda saudable, sería boa idea intentar conxugalo cos menús diarios do comedor escolar. Elabórense en cociñas propias ou en empresas externas, están suxeitos a uns férreos estándares de calidade que fomentan a inclusión de froitas e verduras e limitan a presenza de fritos, precociñados ou derivados cárnicos, como salchichas ou hamburguesas. A nutricionista cita algúns exemplos de como combinar os pratos da comida co aperitivo do recreo: "Se o neno vai comer un arroz con peixe e non vai inxerir verdura, deberiamos incidir máis en que ese día leve froita. A xornada na que non vaia consumir proteína animal porque ten legumes de prato único, debería levar algo máis de proteína a media mañá. Tamén podemos fixarnos na sobremesa do menú: cando sexa froita, levarlles iogur, e viceversa".

QUEN CONTROLA A ALIMENTACIÓN DOS NENOS NO COLEXIO?

  Os menús que ofrecen os comedores escolares están controlados polas autoridades. As comunidades autónomas publicaron regulamentos con directrices para que a alimentación do alumnado sexa sa e equilibrada. Existe tamén un documento de consenso de alimentación na contorna escolar, aprobado polo Consello Interterritorial de Saúde en 2012, e adoptado por varias comunidades. A responsabilidade do que inxiran os nenos no recreo, con todo, recae exclusivamente nas familias. Neste sentido, son varias as iniciativas para formar os protegonitores, desde o Proxecto Educativo para Potenciar a Alimentación Sa (PEPAS), que se iniciou en 2015 na Rioja, á Guía de alimentación saludable en la escuela, publicada pola Junta de Andalucía.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto