Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

^

OURO BRANCO DIETA SA

MODAS DIETÉTICAS E FALSOS MITOS FIXERON QUE O CONSUMO DE LEITE DECREZA PAULATINAMENTE AO LONGO DAS DÚAS ÚLTIMAS DÉCADAS. CON TODO, O SEU VALOR NUTRITIVO FAI QUE SIGA SENDO UN ALIMENTO RECOMENDADO EN CALQUERA DIETA EQUILIBRADA. PESCUDA POR QUE É BO INCLUÍLO E DESCUBRE O QUE HAI DEBAIXO DA SÚA SUPERFICIE.

Idoneidade dos leites especiais

 

Máis aló dos leites tradicionais, sexa cal for a súa orixe, xurdiron unha serie de variedades que se propoñen cubrir as necesidades de determinados consumidores. Segundo a Sociedad Española de Patología Digestiva e a Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia, a intolerancia á lactosa afecta a entre un 30 e un 50 % da poboación, o que explica que sexa esta variedade a que máis estea crecendo. Convén recordar que intolerancia á lactosa non equivale a alerxia: no primeiro caso prodúcense síntomas gastrointestinais que, polo xeral, son leves e pasaxeiros, mentres que no segundo, a inxesta de lácteos causará a aparición de síntomas graves que poderían chegar a poñer en risco a vida da persoa que a sufra.

Tanto os leites enriquecidos como os deslactosados ofértanse, ademais, a un prezo superior ao do leite convencional: aqueles que conteñen calcio engadido custan 1,03 euros de media; os leites sen lactosa, 1,1 euros; e os convencionais quédanse en 0,78. Para o pediatra Carlos Casabona, estes leites non deixan de ser un reclamo publicitario para chamar a atención. Así sucede tamén cos mal chamados leites de crecemento publicitados para nenos maiores dun ano: "Son innecesarios, caros e poden favorecer o sobrepeso, xa que moitos deles engaden azucres -o que eleva o número de calorías- ou fariñas. Non son só leite, senón leite con máis cousas", sostén o especialista.

RICO EN NUTRIENTES.

O perfil enerxético é virtualmente idéntico en todas as referencias. O leite UHT normal e o sen lactosa móvense entre 110 e 118 calorías por ración, mentres que os enriquecidos con calcio fano entre 123 e 133. Isto débese á proteína láctea usada habitualmente no proceso de enriquecemento, que aumenta tanto o nivel enerxético como proteico do leite: os enriquecidos teñen 10,2 g de proteínas de media por ración (20,4% da Inxesta Recomendada diaria), fronte ás 7,8 g do resto. En calquera caso, e tendo en conta que a recomendación diaria é de 2 000 calorías, non representan un consumo relevante.

O contido de carbohidratos é, polo mesmo motivo, maior entre os leites enriquecidos con calcio, que presentan medias de 13,6 g fronte aos 11,9 g das demais variedades. As diferenzas non son significativas e, ademais, son azucres presentes de forma natural no alimento, polo que non implican as mesmas consecuencias negativas que os engadidos. En canto ás graxas, todas as referencias se moven entre 3,8 e 4 g por ración, das que entre 2,5 e 2,8 g son saturadas.

De novo, e como ocorre cos azucres, os ácidos graxos saturados dos lácteos non teñen os efectos prexudiciais de alimentos menos saudables como embutidos ou carnes procesadas. Isto é debido a que os lácteos conteñen tamén nutrientes beneficiosos como minerais, vitaminas ou proteínas, que contrarrestan o efecto das graxas saturadas porque contribúen a unha nutrición adecuada e, probablemente, a reducir o risco de enfermidade cardiovascular, como conclúe o estudo Consenso sobre las grasas y aceites en la alimentación de la población española adulta de la Federación Española de Sociedades de Nutrición, Alimentación y Dietética (FESNAD).

ESENCIAL PARA UNHA DIETA EQUILIBRADA

Pola súa achega de calcio e outros nutrientes, o consumo de leite é, en definitiva, recomendable en todas as idades, como parte dunha dieta saudable e equilibrada. Convén tamén ter coidado de que un exceso de racións non substitúa a inxesta doutros produtos de orixe vexetal pouco procesados e esenciais como froitas frescas, hortalizas, froitos secos ou legumes, que deben ser a base dos nosos hábitos alimenticios. "O aspecto negativo é o seu baixo contido en ferro, e que, se se consome en exceso, limita a absorción deste mineral doutros alimentos, pola súa elevada concentración de caseína e a presenza de calcio e fosfatos", afirma Casabona. Nutricionalmente, todas as mostras de leite semidesnatado normal e sen lactosa analizadas nestas páxinas presentan un nivel similar de nutrientes, mentres que as enriquecidas con calcio destacan por un maior nivel de hidratos de carbono e proteínas (6,7 g por 5 das demais referencias), debido ao proceso de enriquecemento. Con todo, tamén custan algo máis: 0,26 euros por ración, catro céntimos máis que o resto. Aínda que a elección final lle corresponde ao consumidor, convén recordar que tamén podemos adquirir esa achega extra de calcio doutros alimentos como peixe, verduras e froitos secos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto