Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

^

OURO BRANCO DIETA SA

MODAS DIETÉTICAS E FALSOS MITOS FIXERON QUE O CONSUMO DE LEITE DECREZA PAULATINAMENTE AO LONGO DAS DÚAS ÚLTIMAS DÉCADAS. CON TODO, O SEU VALOR NUTRITIVO FAI QUE SIGA SENDO UN ALIMENTO RECOMENDADO EN CALQUERA DIETA EQUILIBRADA. PESCUDA POR QUE É BO INCLUÍLO E DESCUBRE O QUE HAI DEBAIXO DA SÚA SUPERFICIE.

Cada leite ten o seu apelido

SEGUNDO O PROCESO PRODUTIVO

 

Gandería intensiva (predominante)

  • Animais en cortes
  • Alimentación con pensos enriquecidos
  • Humidade, luz e temperatura artificiais para maximizar a produción

De produción ecolóxica

  • Terra libre de fertilizantes
  • O aloxamento deberá permitir abundante ventilación e entrada de luz naturais
  • Muxido a demanda

De benestar animal

 
  • Acceso adecuado á comida e bebida para todos os animais
  • Espazo suficiente para o gando (non hai regulamentación. Cada produtor réxese por recomendacións propias)
  • Boa hixiene, protocolos de control e prevención de enfermidades e supervisión veterinaria

De produción integrada

  • Controla o animal desde que nace
  • Maiores normas de sanidade e benestar animal
  • A forraxe será polo menos un 55% da súa alimentación diaria

De pastoreo

  • 1 ha para 2,5 vacas
  • Forraxe natural da propia explotación
  • Pastan 6 h/día, 120 días/ano

SEGUNDO A SÚA COMPOSICIÓN

  • Enteiro, máis de 3,5% materia graxa
  • Semidesnatado: do 1,5 ao 1,8% de materia graxa
  • Desnatado: menos 0,5% materia graxa
  • Sen lactosa
  • Especiais: con aditivos (proteínas, calcio, vitaminas...)

SEGUNDO O TRATAMENTO TÉRMICO

PASTEURIZACIÓN

  • Tratamento térmico a menos de 90 ºC para matar a maioría de organismos daniños
  • No frigorífico, un máximo de 7 días

ESTERILIZACIÓN

  • 115-120 ºC durante 15-30 minutos
  • Destrución total de microorganismos e esporas
  • Sen abrir, consérvase 6 meses a temperatura ambiente

UHT

  • 128 ºC en 20 segundos, ou 150 ºC en 4-6 segundos.
  • Propiedades organolépticas case intactas
  • Sen abrir, consérvase 3 meses a temperatura ambiente

Desaconséllase consumir leite cru, xa que pode transportar bacterias e xermes prexudiciais. Os nenos, as embarazadas, aqueles con un sistema inmunitario debilitado ou os maiores presentan un maior risco de enfermidade.

NOVA ETIQUETAXE PARA OS PRODUTOS LÁCTEOS

 

Desde o pasado mes de xaneiro, e co fin de axustarse a unha directiva comunitaria, os produtos lácteos especifican, en letra visible e xunto á táboa de información nutricional, tanto o país de muxido do leite como de elaboración. Esta normativa xa se aplicou en diversos países da Unión Europea como Francia, Portugal, Grecia e Italia. Enquisas realizadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación afirman que ata un 88 % dos consumidores está de acordo coa nova regulación, que algúns acentuaron de "proteccionista". Segundo a Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG), a implementación desta norma en Francia fixo que a venda de lácteos foráneos descenda un 47 %. No entanto, máis aló da polémica, esta norma aumenta a transparencia de cara ao consumidor e contribúe a reducir a pegada de carbono, ao incentivar a sostibilidade e o consumo de produtos de proximidade. En España, o distintivo de Productos Lácteos Sostenibles (PLS) serve para garantir, desde 2013, a orixe española do leite e dos diferentes produtos lácteos, e que a súa comercialización se realizaou "nunhas condicións que garanten a sostibilidade económica do sector lácteo español", segundo a web do Ministerio.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto