Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

VERDADES E MITOS DA NOVA ETIQUETAXE

O SISTEMA DE ETIQUETAXE NUTRISCORE, COMPOSTO POR CINCO CORES E CINCO LETRAS, XERA DÚBIDAS: É OBRIGATORIO?, APLICARASE A TODOS OS ALIMENTOS?, PÓDESE MANIPULAR? PREGUNTÁMOSLLE AO DOUTOR JORDI SALAS, UN DOS MÁXIMOS IMPLICADOS NA INVESTIGACIÓN PARA INSTAURAR ESTE MÉTODO.

Os trucos dos fabricantes

 

Unha dúbida que aflorou coa implantación desta etiquetaxe é que puntuarían mellor algúns produtos cun contido elevado en azucres -por exemplo, algúns cereais de almorzo- se os enriquecesen con fibras ou se contivesen froitas. Para Salas, trátase dun argumento erróneo. "A forma de calcular de Nutri-Score garante que un alimento que sexa demasiado azucrado, graxo, salgado ou calórico non rendibilice os aspectos positivos. Os cereais de almorzo demasiado azucrados e/ou graxos non poden beneficiarse por conter fibra dietética, e unicamente teranse en conta as froitas, verduras, froitos secos e leguminosas cando supoñan, como mínimo, o 40 % do seu contido. A partir deste límite os puntos positivos dados por este sistema son proporcionais", sinala este experto.

Os produtos que teñan estes elementos no 80 % do seu contido poderán gozar do bono máximo desta etiquetaxe frontal, sen perder de vista que o alimento en orixe non se pase de azucres, graxas ou sal. Así, Nutri-Score garante que non se altere a clasificación de ningún alimento con cantidades importantes de compoñentes negativos por ingredientes positivos, tanto naturais coma engadidos.

FROITAS E VERDURAS FRESCAS, SI OU NON.

A cor verde de Nutri-Score levanta inquietudes no sector alimentario polo feito de que, ao implantalo en produtos industriais, poida implicar que os compradores substitúan a compra de alimentos frescos por produtos etiquetados con A ou B. "Os estudos realizados en supermercados en liña ou convencionais franceses manifestan que a cesta da compra é máis saudable, con menor presencia de produtos D e E (os menos favorables), a favor dunha proración maior de froita e verdura. En Francia está previsto ampliar este etiquetaxe a estes produtos, clasificándoos como A", describe Salas.

UN ALGORITMO MANIPULABLE?

Unha das trolas arredor de Nutri-Score que circulan polas redes sociais denuncia que Francia, pioneira en implantar esta medida, adaptaría o cálculo do algoritmo como un traxe a medida para o caso dos queixos, un dos produtos estrela da gastronomía gala, co fin de mellorar a súa imaxe. Para Salas trátase dunha afirmación falsa: "Tras a análise da Axencia Francesa de Seguridade Sanitaria, realizáronse unhas mínimas adaptacións para os queixos, as materias graxas e as bebidas, que non modificaron os elementos implicados na puntuación de base. Os elementos negativos do cálculo figuran na declaración nutricional obrigatoria a nivel europeo, na parte posterior do envase (calorías, graxas totais, graxas saturadas e sodio). Estas categorías de alimentos, aínda que suscitaron problemas específicos, non comprometeron a selección nutricional do algoritmo", describe este experto.

A maior parte dos queixos sitúanse na categoría E, pese ao seu contido variable en graxas, sal e calcio. O cálculo adaptado distingue entre os menos elevados en graxas saturadas e sal (agrupados como D) e os máis graxos ou salgados (cualificados como E). No caso das materias graxas engadidas, Nutri-Score diferencia dous grupos: as graxas de orixe animal (crema, manteiga), máis ricas en graxas saturadas e cualificadas como E; e as graxas de orixe vexetal (aceites e margarinas), menos ricas en graxas saturadas (menos o aceite de coco e de palma).

Para as bebidas, o axuste responde á diferenza entre os produtos sólidos e líquidos. "Tamén se pretendeu que a auga fose a única bebida clasificada como A, para evitar que as bebidas con edulcorantes e os zumes de froitas fosen clasificados na súa mesma categoría", engade o experto. Aínda que non se pode alterar o cálculo de NutriScore fixado en 2015, as autoridades deixan a porta aberta a que poida volver definirse nuns anos para adaptarse aos avances científicos. "Todo co fin de darlles resposta a certos puntos de mellora, como ter en conta os azucres engadidos en lugar dos totais, que tamén require unha modificación da lexislación europea que obrigase a engadir este dato á etiquetaxe obrigatoria", conclúe Jordi Salas.

DEBE SER OBRIGATORIO?

"Debido ao marco lexislativo da UE, as empresas poden aplicar a medida só se o desexan", explica Salas. Así, os produtores de aceite de oliva, un dos produtos que máis controversia levantou, poden renunciar a utilizar o semáforo de Nutri-Score sen temor a ser acusados saltar a legalidade. Outra alternativa, como desliza a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN), consistiría en non incluír no decreto produtos cun só ingrediente na súa composición, como o aceite de oliva.

A ETIQUETAXE TRADICIONAL E NUTRI-SCORE*, CARA A CARA

Etiquetaxe tradicional

  • Informa sobre cinco compoñentes cuxo exceso supón un risco para a saúde: quilocalorías, graxas, graxas saturadas, azucres e sal.
  • Calcula por ración estipulada polo fabricante.
  • O consumidor ten que concluír por si mesmo a calidade nutricional do alimento.

Nutri-Score

  • Ten en conta sete parámetros: 4 negativos (quilocalorías, graxa saturada, azucres e sal) , 3 positivos (fibra, proteína e contido en froita, verdura, froitos secos e legumes).
  • Ao calcular por 100 gramos facilítase a comparativa, e é máis obxectivo ca facelo por ración, xa que o tamaño da ración non está regulado e hai diferenzas entre marcas.
  • O sistema ofrécelle ao consumidor a valoración da calidade nutricional do alimento dunha forma visual e facilmente entendible (letra e cor).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto