Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

^

Víctor Viñuales, sociólogo especializado en ecoloxía e director da Fundación de Ecoloxía e Desenvolvemento: "Reducir o consumo de enerxía e frear as emisións de gases contaminantes é imperativo"

O debate sobre as súas bondades ou maldades rexorde cada vez que hai que atrasar ou adiantar o reloxo. Os seus defensores apóianse na rebaixa do consumo de enerxía; os seus detractores esgrimen que é máis simbólico que eficaz. Agora, a Comisión Europea propón suprimirla definitivamente.

 

Desde 1974, e dúas veces ao ano, seguimos invariablemente o ritual de meterlle man ás agullas do reloxo. O último domingo de marzo adiantámola unha hora, e o último de outubro atrasámola. Este cambio, establecido tras a crise do petróleo coa intención de aproveitar mellor a luza natural, foilles imposto a todos os Estados membros da Unión Europea por unha directiva comunitaria de 1984, e en España recolleuse nun Real Decreto de 2002. Pero el cambio de hora estivo nunca exento de polémica.

Os seus defensores alegan que a medida supón un aforro económico e enerxético. Os seus detractores, que os supostos beneficios son poucos e que, ademais, non compensan os trastornos que provocan na saúde. Para as institucións, o cambio contribúe a reducir o consumo enerxético, pero recoñecen que este é difícil de cuantificar e que, en calquera caso, "parece relativamente limitado".

Agora, a Comisión Europea decidiu comezar a tramitar a eliminación da dita normativa despois de que unha enquisa, impulsada pola propia Comisión en xullo, desvele que a maioría dos cidadáns europeos así o quere. Xa o pasado mes de febreiro, o Parlamento Europeo aprobara unha resolución non vinculante para que a Comisión revisase a súa directiva.

UN AFORRO REAL OU ESTIMADO.

 

Axustar a hora para aproveitar mellor a luz natural supón un aforro do 5 % do consumo eléctrico, segundo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). Esta cifra tradúcese nunha rebaixa da factura eléctrica: en total, uns 300 millóns de euros. Deles, 90 millóns corresponderían ao aforro nos fogares (uns seis euros por familia); e os outros 210 millóns, á industria ou sector servizos. Unhas cifras que, con todo, se reducen a meras estimacións; é dicir, que para alcanzalas sería necesario prescindir da iluminación artificial cando non sexa necesaria.

O cambio impulsado pola Comisión Europea deberá superar o proceso habitual de tramitación, e os Estados membros terán que dar o seu visto e prace antes de que a Eurocámara ratifique a nova lei, que en calquera caso non chegará antes de 2020 ou 2021. O Goberno considera situar a España no mesmo fuso horario ca Londres. Para os críticos, especialmente as asociacións ecoloxistas, o cambio de hora ten máis de medida simbólica para concienciar sobre a importancia de aforrar enerxía, que de aforro real.

Ademais, destaca que, aínda que tanto as familias como as empresas consuman menos electricidade polas mañás, acaban desperdiciando ese aforro polas tardes en forma dun maior uso de calefacción no inverno e de sistemas de refrixeración no verán. As protectoras do medio ambiente piden, ademais, medidas máis eficientes, como o uso de fotocélulas ou sensores que apagan ou regulan a iluminación en función da luz natural -xa obrigatoria para os novos edificios, como recolle o Código Técnico da Edificación-, a instalación de lámpadas LED ou o deseño dos edificios, de forma que aproveiten mellor o sol a través de fiestras ben orientadas, ou lucernarios.

Outros especialistas en enerxía demandan que o Goberno axude a aplicar de forma máis xeneralizada normas europeas que xa existen e que, na súa opción, si implicarían un aforro relevante: a obriga de promover as enerxías renovables nos edificios e nos tellados ou a instalación de contadores intelixentes con información sobre o consumo de enerxía procedente de renovables.

TRASTORNOS NO RELOXO INTERNO.

Aínda hai máis. Para os máis críticos, os posibles beneficios non compensan os quebradizos de cabeza que supón para os cidadáns, nin os trastornos sobre a saúde. Os médicos sinalan que o cambio lle afecta ao organismo provocando somnolencia, fatiga, ata irritabilidade pasaxeira. O motivo é que trastorna o ritmo circadiano; é dicir, o noso reloxo interno, un sistema que adapta o ritmo do organismo aos ciclos do día e a noite e, se non funciona ben, pode provocar problemas de soño.

Pero o corazón tamén sofre con este axuste horario. Diferentes investigacións así o demostran. A máis recente, publicada en febreiro deste ano pola universidade italiana de Ferrara no European Review for Medical and Pharmacological Sciences, concluía que, os seis estudos máis rigorosos sobre a materia confirmaron unha maior incidencia de infarto no cambio de hora de primavera, que oscila entre o 4 e o 29 %. Tamén hai informes médicos que o relacionan co risco de ictus: un estudo de 2016 da Academia Americana de Neuroloxía cifrou nun 8 % máis o aumento de casos os luns e martes seguintes ao cambio.

Os axustes do reloxo, en cifras

  • 300 millóns de euros estímase que aforra España en enerxía co cambio de hora.
  • 5%: aforro potencial en iluminación que se estima co cambio de hora
  • 1984: ano no que entrou en vigor a directiva europea que obriga a manipular o reloxo dúas veces ao ano.
  • 90 millóns aforrarían en total os fogares españois en enerxía
  • 6 euros: é o diñeiro que economiza en enerxía cada fogar español.
  • 70 países aplican o cambio de hora. Entre eles, todos os da UE.

Fonte: Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE)

O experto: Víctor Viñuales, sociólogo especializado en ecoloxía e director da Fundación de Ecoloxía e Desenvolvemento: "O reloxo cámbiase para aproveitar mellor o sol e consumir menos electricidade".

 

Sociólogo especializado en ecoloxía, dirixe a Fundación Ecología y Desarrollo e móstrase partidario de cambiar a hora dúas veces ao ano, unha práctica que considera importante para aforrar enerxía en España. De acordo co seu punto de vista, non se trata só do que cada un aforra na casa, senón de sumar forzas: "Reducir o consumo de enerxía e frear as emisións de gases contaminantes é imperativo", afirma.

Por que se cambia o reloxo en España dúas veces ao ano?

Os cambios de hora son unha medida para aforrar enerxía. Conseguen que se aproveite mellor a luz do sol, o que logra que consumamos menos electricidade.

Que se consegue, en realidade, levando a cabo este xesto?

Se hai sol, xa non se necesita iluminación artificial nin nas fábricas nin nos fogares. Aforran os empresarios, os habitantes nas súas vivendas, redúcese a emisión de gases ao planeta, o que é bo para frear o cambio climático, e afórrase na factura da luz, xa que a maior parte da enerxía que consumimos importámola.

Que consecuencias ten para as cidades?

Por exemplo, gastan menos en iluminación urbana. O motivo do aforro enerxético segue o mesmo principio: se os concellos acenden a iluminación unha hora máis tarde, o consumo eléctrico redúcese.

En que modo este cambio lles axuda ás empresas e industrias a gastar menos enerxía?

O aforro é máis evidente nas compañías ou negocios que teñen horarios de traballo máis prolongados e que se estenden durante as horas sen iluminación natural. Xa que logo, a redución da factura da luz nótana máis aquelas empresas que empezan antes ou acaban despois a súa actividade laboral.

Cales serían os efectos beneficiosos que manipular o reloxo dúas veces ao ano tería para o consumo e o lecer?

Máis horas de luz natural polas tardes implica máis horas de consumo no comercio e na restauración, tanto dos turistas como da poboación local.

Desde o Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) indícase que cada familia española reduce seis euros a súa factura da luz co cambio de hora. Non parece unha cantidade significativa...

IDAE leva a cabo os seus cálculos coa estimación de que o cambio horario permite aforrar un 5 % da electricidade que se consome en iluminación. Para cada familia resulta pouco, pero a suma total que implica para case 47 millóns de persoas que viven en España xa supón un aforro significativo, tanto en euros como en redución de emisións contaminantes.

Outro dos argumentos a favor de manter esta práctica é que xoga un papel de concienciación social sobre o aforro enerxético. Cre que esta medida axuda neste aspecto?

Ese argumento non o vexo tan claro. Segundo a miña impresión, o cambio de hora realízase dun xeito moi burocrático e falta pedagoxía social a respecto diso. O desafío da eficiencia enerxética é moito máis amplo que o cambio de hora, xa que interpela ao conxunto da sociedade, ás empresas, ás institucións e ás persoas.

Que outras medidas propoñería para aforrar en iluminación, ademais do cambio de hora?

Existen moitos xeitos. As máis importantes teñen que ver con que o deseño dos edificios maximice o aproveitamento da luz solar. O sol é un bo amigo que traballa de forma voluntaria para nós, e iso hai que aproveitalo. Ademais, hai outras medidas relacionadas co uso de tecnoloxía eficiente, como a substitución das vellas bombillas por luces LED, que gastan menos enerxía e tamén son máis duradeiras.

Outra das razóns que se esgrimen para xustificar o adianto e atraso da hora é que harmoniza o horario de España co resto de países de Europa.

O horario resulta importante para aforrar enerxía, pero tamén para lograr a felicidade. A xornada laboral en España xera moito malestar: céase tarde, algo que é malo para a dixestión, e trabállase ata altas horas da tarde, o que ten un impacto enorme na atención dos nenos e no coidado das persoas máis fráxiles. Os poderes públicos deberían cambiar os horarios en busca dun maior benestar. O obxectivo último da política pública e da vida é ser feliz.

Que consecuencias ten cambiar a hora para o planeta?

Todas as medidas encamiñadas a reducir o consumo de enerxía implican unha redución das emisións contaminantes á atmosfera asociadas ao cambio climático. E frear as emisións é un imperativo xeral.

Hai quen di que o cambio de hora ten beneficios para a saúde e a felicidade, que opina?

Máis horas de luz poden axudar a aumentar a interacción entre veciños nas rúas, o que quizais contribuiría a frear os prexuízos iniciais ante o cambio de hora. En calquera caso, na valoración da bondade do cambio de hora hai que facer unha abordaxe multidimensional, contemplando as distintas variables que entran en xogo. E unha moi importante é a saúde, por suposto.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto