Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Análise documental sobre a vacinación en España, a súa cobertura e os mitos que circulan sobre ela: Vacinas que salvan vidas

A OMS calcula que a inmunización prevén entre 2 e 3 millóns de mortes anuais no mundo

En España, a cobertura vacinal no primeiro ano de vida en 2016 foi do 97 %

 

Estímase que a hepatite B acaba coa vida de aproximadamente 600.000 persoas cada ano no mundo e o sarampelo fixo o propio en 2016, con 90.000 mortes. A Organización Mundial da Saúde (OMS) tamén destaca os graves efectos do virus do papiloma humano (causante de cancro de pescozo de útero), que ocupa o cuarto posto entre os tipos de cancro que afectan as mulleres e que en 2012 causou ao redor de 266.000 mortes.

O elemento común entre estas tres enfermidades tan graves e potencialmente mortais é que existen vacinas que poden evitalas. O Comité Asesor de Vacinas da Asociación Española de Pediatría (CAV-AEP) explica por que a vacinación é sumamente importante para a especie humana: "É de aceptación xeral que, salvo a potabilización da auga, ningunha outra medida contribuíu a diminuír a morbilidade e a mortalidade na especie humana tanto como as vacinacións. Pódese dicir que a situación epidemiolóxica do mundo cambiou paralelamente á incorporación das vacinas ao noso arsenal profiláctico".

A agrupación engade que os programas sistemáticos de vacinación permitiron, por exemplo, erradicar a varíola, interromper a transmisión da polio en gran parte do mundo e, no hemisferio occidental, o sarampelo, cunha diminución de mais do 95 % , ademais de que se puideron controlar enfermidades coma o tétano, a difteria, a rubéola ou a enfermidade invasora por Haemophilus influenzae, entre outras.

Debido á súa importancia e ás dúbidas que aínda causa a vacinación entre algúns grupos sociais, EROSKI CONSUMER quixo clarificar este tema. Para iso, analizou a cobertura de vacinación en España e tamén en que consiste esta forma tan importante de activar o sistema inmunitario do ser humano para a defensa de xermes, virus e bacterias. Tamén se analizou a súa seguridade e os mitos que a perseguen. As fontes utilizadas foron as as seguintes: a OMS, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (MSSSI), a Asociación Española de Vacinoloxía (AEV) e o CAV-AEP.

Inmunidade

 

Os expertos da AEP explican que as vacinas son produtos biolóxicos que serven para previr enfermidades infecciosas. E como o fan? Activan o noso organismo para que desenvolva defensas específicas contra elas. É dicir, as vacinas ensínanlle ao sistema inmunitario a defenderse.

As vacinas que habitualmente se utilizan no noso país inmunizan contra a hepatite B, difteria, tétano, tose ferina, polio, Haemophilus influenzae tipo b, meningococo C, pneumococo, sarampelo, rubéola, parotidite ou papeiras, varicela, virus do papiloma humano, rotavirus, hepatite A e gripe.

A AEP aconsella administrar as vacinas da seguinte forma antes de cumprir os 7 anos:

  • 3 doses fronte á hepatite B, difteria, tétano, tose ferina, Haemophilus influenzae tipo b e polio no primeiro ano. A maior parte da comunidades autónomas españolas administran estas 6 vacinas nunha soa inxección (hexavalente) aos 2, 4 e 6 meses de idade. Algunhas tamén vacinan a todos os seus nenos acabados de nacer contra a hepatite B.
  • 3 doses fronte ao meningococo C aos 2, 4-6 e 12-15 meses de idade.
  • 4 doses fronte ao pneumococo aos 2, 4, 6 e 12-15 meses de idade.
  • 2-3 doses de vacina oral fronte ao rotavirus aos 2, 4 (e 6) meses de idade. Esta vacina non está financiada.
  • 2 doses fronte ao sarampelo, parotidite e rubéola, a primeira aos 12-15 meses de idade e a segunda entre os 2 e os 3 anos. Os tres compoñentes adminístranse reunidos nun só inxectable (tripla vírica).
  • 2 doses fronte á varicela, unha aos 12-15 meses de idade e outra aos 2-3 anos.
  • 1 dose fronte á difteria, tétano, tose ferina, Haemophilus influenzae tipo b e polio, nunha soa inxección (pentavalente) aos 15-18 meses de idade.
  • 1 dose fronte á difteria, tétano e tose ferina aos 4-6 anos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto