Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

^

Guía de compra: café: Café: aroma de costumes

Cada español consumiu en 2016 unha media de 1,78 quilos de café e desembolsou ao redor de 26 euros, o que reflicte a importancia deste produto no noso país

 

Aínda que existen infinidade de versións sobre a época e as orixes do café, non hai dúbida de que África foi o lugar no que se descubriu. No século XIV, os árabes levaron a planta a Iemen e é alí onde aparecen as primeiras e únicas plantacións.

O seu consumo estendeuse rapidamente polas rexións de cultura islámica e creceu en popularidade polas súas calidades vigorizantes e tamén pola prohibición do consumo de bebidas alcohólicas. De feito, durante moitos anos prohibiuse a súa exportación.

Máis adiante, a finais do século XVI, as plantacións estendéronse primeiro por Ceilán (hoxe Sri Lanka) e logo pola India, onde segundo conta a lenda un peregrino hindú orixinario da rexión de Mysore esconde uns grans de café entre as súas roupaxes para sementalos no seu país. A finais do século XVII, os exploradores holandeses apropiáronse dun pé de cafeeira en Iemen e trasladárono ao xardín botánico de Amsterdam. Alí, a fertilidade das terras e o clima da zona permitiron que o café se adaptase á perfección.

En España, o café introdúcese a mediados do século XVIII da man dos Borbóns e dos comerciantes italianos. As cidades que contaban con portos de mar importantes coma Barcelona, Sevilla ou Cádiz foron as primeiras receptoras desta prezada mercadoría.

A comezos do século XVIII, o café chega a América. Os gobernos europeos deciden seguir o exemplo dos holandeses e, en 1726, Francia tivo a súa primeira colleita de café americano. En América, foi onde máis e mellor se desenvolveu a cafeeira, por atoparse entre ambos os trópicos e en altitudes superiores a 2000 metros. De feito, na actualidade algúns dos mellores cafés do mundo -coma os emblemáticos do Brasil e de Colombia- proceden do continente americano.

De calidade

A pesar de que o seu consumo tardou en establecerse en España, se o comparamos con outros países europeos, a materia prima coa que se contaba no noso país era de moi boa calidade, xa que nas colonias do sur de América cultivábase un café excelente. Nos últimos 30 anos, as importacións de café verde (o que se obtén antes de ser sometido ao proceso de torradura) creceron de forma constante. Os principais países dos cales procede o café importado son Vietnam, seguido do Brasil, Colombia e Uganda.

En España, o café consómese principalmente torrado, tanto nos fogares coma nos establecementos de hostalería. Ademais, pódese dicir que o consumo nestes establecementos é moi alto, o que constata a importancia social que ten esta bebida. O café soluble consómese sobre todo nos fogares.

Segundo as estatísticas facilitadas polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), entre café e infusións (o café supón aproximadamente o 90 % das infusións totais), cada español consumiu en 2016 unha media de 1,78 quilos, o que supón un gasto de 25,99 euros.

Tomar unha cunca de café en España está considerado un acto social e, aínda que o 67 % dos consumidores o toma na casa, o café é a segunda bebida natural, por detrás do té, máis consumida en todo o mundo.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto