Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

^

Guía de compra: cervexas: Cervexa, unha bebida milenaria sempre de moda

A cervexa refresca, pero achega calorías baleiras polo seu contido de alcol e, por isto, debe consumirse con moderación ou optar pola súa versión sen alcol

 

A cervexa é tan antiga como as primeiras civilizacións coñecidas. Procede da zona de Mesopotamia, onde se atoparon referencias arqueolóxicas que indican que esta bebida xa se consumía hai 6000 anos. De alí pasou a Exipto, país no que se producía en verdadeiras fábricas e considerábase un alimento básico. De Exipto estendeuse a Europa, onde os pobos celtas, xermanos e galos fixeron da elaboración da cervexa unha actividade doméstica máis. E, no noso país, os iberos xa utilizaban cervexa no 1100 a. de C., aínda que é probable que o seu uso sexa mesmo anterior.

O grande impulso da cervexa en España produciuse na época do rei Carlos I e da súa Corte, grandes amantes desta bebida. Naquela época, creouse unha fábrica artesá que foi a primeira cervexería moderna española. A partir de 1701, a súa produción declarouse monopolio estatal ata o final da Guerra da Independencia, e liberalizouse o seu comercio en 1833. A principios do século XX, a produción roldaba xa os 15 millóns de litros anuais e xurdiron as grandes compañías cervexeiras. En 1922, fundouse a Asociación Nacional de Fabricantes de Cervexas -hoxe denominada Cerveceros de España-, unha entidade que substituía o labor que antano realizaban os gremios locais.

Na actualidade, o sector da cervexa no noso país é moi dinámico. De feito, España ocupa o cuarto posto como país produtor de cervexa dentro da Unión Europea. En 2015, segundo datos do último informe publicado por Cervezeros de España, a produción incrementouse con respecto ao ano anterior nun 4 %, xa que se comercializaron máis de 33,3 millóns de hectolitros e aumentaron as vendas un 3,1 %.

Como se elabora

A cervexa é unha bebida natural que se obtén pola fermentación alcohólica dun extracto acuoso de cebada malteada. As materias primas necesarias para a súa fabricación son catro:

  • Malte. É o xerminado da cebada e do trigo. Co proceso de malteado, extráense os azucres da cebada, do trigo ou doutros cereais, que logo se converten en alcol.
  • Auga. O 90 % desta bebida é auga. Hoxe en día, a maioría dos produtores tratan a auga para quitar ou engadir os sales e os minerais que necesitan para obter a cervexa que desexan.
  • Lúpulo. Esta planta silvestre dálle á cervexa ese aroma e amargor tan característico que ten. O lúpulo serve, ademais, para protexer e conservar esta bebida e, ademais, impide o desenvolvemento de microorganismos nocivos. Existen distintas variedades de lúpulo con diversos graos de amargor e aromas diferentes.
  • Fermento. Engádeselle ao mosto no proceso de fermentación e o que fai é transformar os azucres presentes en alcol e anhídrido carbónico. Os fermentos danlle a esta bebida unhas características especiais e distintivas.

Ademais destes ingredientes, a maioría das cervexas comerciais levan outra fonte de hidratos de carbono (como un cereal non malteado), un antioxidante, un estabilizante de escuma e un colorante, que serven para intensificar e para lle dar uniformidade á cor do produto final.

O proceso de fabricación da cervexa baséase no malteado controlado do gran de cebada para permitir a posterior extracción acuosa dun mosto azucrado. Este mosto, ao que se lle engade o lúpulo, sométese a un proceso de fermentación alcohólica co fermento cervexeiro e, ao final, acondiciónase para envasar e distribuír.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto