Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Estudo documental para coñecer o estado de situación dos lixos mariños nas costas españolas: Lixo mariño, un perigo ameazador

Atopáronse unha media de 4 residuos mariños por cada metro lineal de praia ou zona acuática española e o material máis abundante é o plástico

 

Balsas flotantes ateigadas de plásticos, madeira, metais, vidro, goma, teas ou papel... É unha fotografía dos océanos que ningún turista querería ter no seu álbum de viaxe, pero o certo é que cada vez é unha imaxe máis habitual. O lixo mariño é un problema global que afecta a todos os países e tamén un dos maiores retos ambientais que debe afrontar a humanidade. Así o indica nun informe elaborado en 2016 a Asociación de Ciencias Ambientais (ACA).

Pero que é exactamente o lixo mariño? O Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA ou UNEP nas súas siglas en inglés) defíneo como "calquera sólido persistente de orixe non natural (manufacturado) que fose refugado, depositado ou abandonado en ambientes mariños e/ou costeiros". Por tanto, nesta expresión inclúense unha gran diversidade de materiais -plásticos, madeira, metais, vidro, goma, teas, papel- derivados ou rexeitados das actividades pesqueiras.

Este tipo de residuos divídese en dous: macrolixo (aquel que aparece nas costas e nos océanos, procede dos produtos manufacturados e ten un tamaño superior aos 5 mm) e microlixo (ten un tamaño inferior aos 5 mm e tamén se chama microplástico, por ser o plástico o material maioritario).

No entanto, o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) destaca o impacto económico e a ameaza á saúde e á seguridade humanas do lixo mariño e, ademais, insiste nos seus efectos negativos sobre os organismos e os hábitats mariños.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto