Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

EDICIÓN IMPRESA.
Maio 2017

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Estudo documental sobre a produción e o consumo de alimentos ecolóxicos en España: Produción ecolóxica: un mercado en auxe

España produce 1,7 millóns de toneladas de produtos ecolóxicos, especialmente de orixe vexetal, cuxo consumo no mercado interior alcanza os 1500 millóns de euros

 

Que é un produto ecolóxico? O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) detectou que o consumidor convencional tiña un coñecemento escaso, e en ocasións equivocado, do que quería dicir este concepto.

Por iso, nun estudo realizado en 2009 e titulado "Márketing e produtos ecolóxicos", definiuno como aquel que provén da agricultura ou da gandería ecolóxica, que se produce sen utilizar substancias químicas de síntese (pesticidas, fertilizantes ou medicamentos), que se obtén respectando o ritmo de crecemento das plantas e dos animais e que se elabora sen engadir substancias artificiais, como aditivos, colorantes, saborizantes e aromas.

Ano a ano, pódese observar a importancia da alimentación ecolóxica nos mercados, o que leva ás institucións nacionais e internacionais a potenciar este tipo de alimentación. Por iso, EROSKI CONSUMER quixo clarificar conceptos sobre a forma de produción dos produtos ecolóxicos e a súa certificación, e tamén coñecer cal é o estado de situación da produción de alimentos ecolóxicos en España, así como o tipo de consumidor que os adquire.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto