Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

EDICIÓN IMPRESA.
Abril 2017

Estudo documental sobre os hábitos insáns (en alimentación, actividade física, consumo de substancias tóxicas e automedicación) da poboación española: Hábitos insáns e o camiño cara á perda de calidade de vida

A poboación española ten unha saúde nutricional mellorable, un perfil de inxestión de enerxía desequilibrado e unha vida cada vez máis sedentaria

 

O 71 % da poboación española maior de 15 anos percibe a súa saúde como boa ou moi boa, segundo a Enquisa europea de saúde en España elaborada en 2014 polo Instituto Nacional de Estatística (INE). No entanto, un 60 % sofre problemas ou enfermidades crónicas de saúde no noso país.

Segundo o INE, as máis comúns son a hipertensión arterial (18 %), as dores lumbares (17 %), o colesterol elevado (16 %), a artrose (16 %), as dores cervicais (15 %) e a alerxia (13 %).

Ademais, a Enquisa nutricional da poboación española (ENPE), levada a cabo en 2015 pola Fundación EROSKI, comprobou que a prevalencia de sobrepeso estimada na poboación adulta española entre 25 e 64 anos alcanza o 39 % e que é máis elevada entre os homes (do 46 % fronte ao 32 % das mulleres). Pola súa banda, a prevalencia global de obesidade estímase no 22 %, tamén maior nos homes (23 %) ca nas mulleres (20 %).

As dietas insalubres e a falta de actividade física atópanse entre os principais factores de risco para a saúde en todo o mundo, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS). Neste sentido, a organización de consumidores CEACCU considera que a poboación española ten unha alimentación de peor calidade e máis sedentaria, tal e como recolle no seu estudo "Os hábitos dos españois no coidado da súa saúde". É máis, alerta das graves consecuencias de que a poboación, sobre todo a urbana, siga dietas moi enerxéticas, ricas en graxas saturadas e carbohidratos refinados e que leve unha vida sedentaria.

Todos estes datos e as alertas dos diferentes organismos internacionais relacionadas coa saúde sobre a evolución da sociedade cara a unha peor calidade de vida polo abandono progresivo dos hábitos saudables levaron a EROSKI CONSUMER a tratar de coñecer cales son eses hábitos insáns que realiza a poboación e que claramente prexudican a súa saúde.

Para iso, realizou unha análise documental utilizando estudos e analíticas das seguintes fontes de información: a OMS, o INE, o Estudo ENPE da Fundación EROSKI, a CEACCU, a Fundación Española da Nutrición (FEN), o Panel de consumo alimentario do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), a Sociedade Catalá de Medicina Familiar e Comunitaria (CAMFEC) e a Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria (SEMFEC).

Saúde mellorable

 

O Libro branco da FEN considera que a saúde nutricional da poboación española é claramente mellorable e enumera as súas debilidades:

  • Elevada prevalencia de sobrepeso e obesidade, trastornos do comportamento alimentario, ademais doutras enfermidades dexenerativas (enfermidade cardiovascular, hipertensión, cancro, diabetes etc.), relacionadas coa alimentación.
  • Inactividade física en todos os grupos de poboación.
  • Elevado consumo de carnes graxas, embutidos e alimentos ricos en azucres sinxelos e baixo consumo de cereais e derivados, verduras, hortalizas e legumes con respecto ás recomendacións.
  • Perfil calórico desequilibrado e achega elevada de ácidos graxos saturados e sal.
  • Risco de inxestión inadecuada de zinc e de ácido fólico na media da poboación e de vitamina D nas persoas maiores de 50 anos.
  • Escasos ou erróneos coñecementos sobre alimentación e nutrición na poboación, ademais de escasa educación nutricional reflectida na actual lexislación educativa.

A este respecto, a CEACCU destaca a importancia de manter hábitos saudables para non desenvolver enfermidades crónicas como a obesidade, a diabetes ou a enfermidade cardiovascular, doenzas que repuntan entre a poboación das sociedades desenvolvidas.

Velaquí os hábitos recomendados: inxerir polo menos 5 racións de froita e verdura diarias, consumir de maneira regular peixe e legumes, facer un almorzo completo, evitar o consumo de alcol e o tabaquismo, incrementar a actividade física e as horas de sono e, por último, evitar o consumo de medicamentos de prescrición médica.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto