Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Cristina Cañada, experta do IDAE, do Ministerio de Enerxía: "Cada vivenda malgasta en España un 20 % da enerxía que consome"

 

Aforrar enerxía permítenos pagar menos nas facturas, cuxos prezos non paran de subir, e tamén contribuiría a coidar o medio ambiente. Explícao Cristina Cañada, técnico do Departamento Doméstico e Edificios do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital. Ademais, Cañada proponlles aos consumidores diversas medidas para aforrar enerxía no fogar.

Como beneficia o aforro de enerxía ao medio ambiente?

Se se consome menos enerxía, prodúcese menos e contamínase menos. Segundo datos de rede eléctrica española de 2016, dun total de 100 xigawatts (GW) de potencia instalada en España, 46 GW corresponden a centrais eléctricas que funcionan con combustibles fósiles, os cales producen os gases de efecto invernadoiro implicados no cambio climático.

O prezo da luz subiu. Que podemos facer para gastar menos?

Para aforrar enerxía eléctrica, o IDAE ofrece moitos consellos na súa Guía práctica da enerxía (guiaenergia.idae.es). Por exemplo, comprar electrodomésticos do tamaño que se necesite, aproveitar ao máximo a súa capacidade e que dispoña da etiquetaxe enerxética da clase máis eficiente. Tamén abrir o menos posible o frigorífico e non introducir produtos quentes, usar programas de baixa temperatura e utilizar o centrifugado da lavadora e a calor do sol para secar a roupa. Se se ten contratada a tarifa con discriminación horaria, convén utilizar o maior número posible de electrodomésticos nas horas de desconto, activar os programas económicos do lavalouzas, atender o seu nivel de sal e abrillantador e un longo etcétera.

Aconsella aparellos de alta eficiencia, pero son máis caros. Merece a pena o investimento?

Si, tanto ao substituír un electrodoméstico como ao compralo por primeira vez. A etiquetaxe enerxética axuda e informa o consumidor a coñecer o seu "gasto" enerxético. A longo prazo, é tan importante coma un bo uso e mantemento destes aparellos.

Desde diversos lugares recoméndaselles aos consumidores que baixen a potencia eléctrica contratada para pagar menos na factura. Isto é aconsellable?

Si. Gran parte do peso "cativo" da factura eléctrica débese ao termo de potencia que se paga mensualmente, haxa consumo ou non. Para iso, debemos facer de auditores da nosa propia factura e organizarnos ben na casa. Temos que evitar o funcionamento simultáneo dos aparellos de maior potencia eléctrica. Por exemplo, se pasamos o ferro mentres se pon o forno eléctrico, demandamos da rede uns 3 ou 4 kW que, sumado aos consumos permanentes do fogar (frigorífico, stand-by etc.), necesitaría un mínimo de 4,4 kW. Ao facelo pagamos cada mes aproximadamente 15 euros antes de impostos. Se non facemos isto habitualmente, bastaría con 3,3 kW, co que pagariamos 11 euros e medio.

Como se pode reducir a potencia?

A potencia contratada vai por tramos, xa que en realidade, coa compañía eléctrica, o que se contrata é a intensidade, que se ofrece en tramos de 5 en 5 amperes (A). Por exemplo, se a tensión de subministración é de 220 voltios (V) e temos 4,40 kW (20 A), o seguinte tramo que poderiamos baixar sería a 3,30 kW (15 A). En caso de ter 230 V e 4,60 kW (20 A), poderíase baixar a 3,45 kW (15 V). Para baixalo hai que contactar coa nosa compañía eléctrica e, aínda que se incorre nun pequeno gasto pola xestión do técnico (uns 9 euros por ir tocar o contador), paga a pena.

Que axudas hai para reducir o noso consumo enerxético?

Ocasionalmente convócanse programas de axudas por cada comunidade autónoma. Por iso é recomendable consultar os seus organismos competentes en materia de enerxía. Por exemplo, o IDAE convoca un programa para melloras do comportamento enerxético do edificio, o Pareer-Crece.

Canta enerxía malgastamos os cidadáns por non ter sistemas de aforro e eficiencia? Como podemos evitalo?

Como media, e en cada vivenda, rolda o 20 %. Hai que ter presente que a enerxía, xunto coa vivenda e o vehículo privado, son os gastos que máis comprometen o noso consumo. Por iso é moi importante que os sistemas de climatización e de iluminación sexan de baixo consumo e que equipemos o noso fogar con electrodomésticos da mellor clase de eficiencia.

Sae moi caro montar na casa algún sistema baseado en enerxías renovables para aforrar?

O mellor é adquirir unha vivenda construída ou reformada con data posterior a 2007, pois a partir desa data a lexislación garante unha redución do consumo de enerxía en climatización e iluminación. E igualmente convén considerar a opción de instalar sistemas eficientes ou renovables. Pero como non sempre é posible, haberá que incorporar melloras para as que non hai "receitas" únicas. Cada caso ofrece unha posible solución ou varias, pois interveñen factores coma o clima, a dispoñibilidade de espazo para as instalacións, aproveitar instalacións anteriores, respectar a estrutura do edificio, o orzamento etc. Por exemplo, hai vivendas cuxa cuberta permite a instalación de captadores solares térmicos que xeran auga quente gratuíta e que a incorporar ao circuíto de auga quente sanitaria, o que evita o consumo dalgún combustible neste proceso. O retorno do investimento pode conseguirse en 3 ou 4 anos. Con outras tecnoloxías as solucións son diversas. Sexa como for, o mellor é consultar cun experto.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto