Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: luras, polbo e luriñas: Luras, polbo e luriñas en lata, proteína ao momento

Este formato mantén todas as propiedades nutricionais e de sabor dos moluscos, cuxo consumo recomendado é de aproximadamente unha vez á semana

 

A conservación dos alimentos foi un dos grandes retos do ser humano para poder asegurar o seu sustento e a dificultade de facerse con alimentos en momentos de escaseza ou fóra de tempada foi un dos motores máis importantes que experimentou a industria alimentaria. A refrixeración e a conxelación, o moído e a conversión de cereais en fariñas ou as conservas de peixe, marisco, vexetais ou legumes son exemplos deste progreso.

Os maiores crecementos rexistrados na produción e venda da industria conserveira estiveron vinculados aos períodos de guerra. De feito, o mantemento dos alimentos en bo estado durante un tempo prolongado non deu froitos ata a época da Revolución Francesa.

Foi entón cando se atopou a solución definitiva grazas á invención do francés Nicolas Appert que tivo a idea de cocer os alimentos en auga fervendo en envases de vidro selados hermeticamente. Deste xeito, asegurábase a conservación do alimento sen necesidade dunhas condicións especiais de almacenamento, algo novo naquela época.

O descubrimento adquiriu sona en toda Europa, onde comezou a xurdir unha incipiente industria conserveira. Inglaterra achegou o recipiente metálico (folla de lata), que permitía introducir o alimento aínda quente e pechalo hermeticamente cunha tapa do mesmo material. A folla de lata ofrecía importantes melloras con respecto ao cristal; entre elas, unha mellor protección fronte á luz.

O proceso mellorou de maneira considerable coa invención do autoclave, un aparello para esterilizar alimentos que permitía elevar as temperaturas de cocción en grandes potas por encima dos 100 ºC. O aforro nos tempos de produción e a rapidez e eficacia na destrución microbiana permitían elevar as garantías en canto a seguridade alimentaria do produto final.

A conserva enlatada propagouse moi rápido por España, onde a industria conserveira creceu en moi poucos anos, o que aumentou a calidade e converteu o noso país nunha referencia no eido mundial. Hoxe en día, España é un dos maiores produtores mundiais de conservas de peixes e mariscos, e conta cun enorme recoñecemento no ámbito internacional.

Todos iso demostra a importancia deste sector que, ademais de facilitarnos a vida, comporta un importante tecido humano e empresarial. Aínda así, non todas as zonas españolas teñen a mesma importancia respecto da produción de conservas. Por tradición, Galicia é a comunidade autónoma con maior volume produtivo, cun 85,5 % do total. Tamén Andalucía, Cantabria e o País Vasco contan cunha importante industria.

Diferenzas entre especies

 

A luriña, a lura e o polbo son alimentos similares, pero non idénticos. Por unha banda, o polbo (Octopus vulgaris) é un molusco cefalópodo que se caracteriza por ter oito tentáculos dotados de dúas filas de ventosas. Vive nos fondos rochosos das zonas litorais, en profundidades inferiores aos 200 metros. Aliméntase sobre todo de bivalvos, peixes e pequenos crustáceos e captúrase con nasas (cestas de boca estreita que levan os pescadores para botar a pesca) deseñadas para o efecto.

Pola súa banda, cando falamos de luras e de luriñas, referímonos en ambos os casos á lura común, ao que a ciencia bautizou como Loligo vulgaris.

E que diferenza hai entre a lura e a pota? Para poder diferencialas hai que fixarse nas dúas aletas que conteñen na parte final do tubo; as aletas da lura ocupan arredor de dous terzos da lonxitude do seu corpo unha vez eliminada a cabeza, mentres que as aletas da pota ocupan unha terceira parte. Outra diferenza atopámola na cor da pel (antes de limpar), xa que a pota ten manchas violáceas, máis escuras que as manchas rosadas da lura.

En realidade, a pota engloba varias especies: a pota común (Todarodes sagittatus), a pota voadora (Illex coindetii), que é de tamaño pequeno, ou a pota arxentina (Illex argentinus), de maior calidade. En Galicia, a pota tamén se coñece como lura pota.

As propiedades nutritivas da pota son as mesmas que as da lura en canto á súa achega proteica. Destacan as vitaminas B3 e B12, minerais coma o fósforo, o potasio e o magnesio e a súa baixa achega en graxas. O seu sabor e a súa textura é máis ruda e, aínda que hai distintas calidades de pota, ningunha supera a da lura.

E temos, por outra banda, a xiba (Sepia officinalis), de corpo ovado e groso, que tamén se coñece cos nomes de sepia, choco ou chopo. Todas estas especies forman parte da mesma familia.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto