Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

^

Guía de compra: guisos preparados: Guisos preparados, tradición en lata

A utilización de conservas en lata non está rifada cun estilo de vida saudable, a clave está en escoller os mellores e máis equilibrados en canto a ingredientes

Aforro

Apuntamentos para o aforro

 

As cantidades das cestas comparativas que propoñemos a continuación calculáronse de acordo co tamaño dunha ración de legumes, que rolda os 200 gramos por persoa cando están cocidas e constitúen o prato principal ou único.

As pautas nutricionais vixentes recomendan comer legumes polo menos dúas veces por semana. No entanto, as potaxes e os guisos xa preparados, que conteñen outros ingredientes e alimentos, han de ser un recurso esporádico e puntual. Non deberían utilizarse como base da alimentación familiar nin substituír a cociña caseira. Existen moitas maneiras de consumir legumes -por exemplo, en ensaladas-, sen necesidade de recorrer a pratos xa preparados que, como vimos, non en todos os casos teñen un perfil nutricional idóneo.

Para elaborar estas cestas determinouse unha ración por persoa e por semana, que é unha cantidade de legumes menor do que debería consumirse, pero maior se se trata de guisos preparados, onde interveñen outros ingredientes. A idea é ilustrar a variación de prezos segundo a elección dos produtos, formatos e marcas.

En termos xerais, os prezos varían segundo o formato, a marca e os ingredientes. Así, algunhas presentacións máis grandes -o clásico formato aforro- permiten abaratar o custo final da compra. Do mesmo xeito, adoitan ser máis económicos os guisos ou preparados só de legumes, ou de legumes e vexetais, ca os que teñen elementos cárnicos. E nestes casos son máis baratos os que se compoñen de derivados cárnicos ca os que levan carne de tenreira ou carnes magras, coma peixe. Certos ingredientes, como as ameixas -que se empregan nalgún preparado con fabas-, encarecen o produto. As marcas son tamén un factor determinante no prezo final, tal e como se aprecia na comparativa das cestas, onde se inclúen produtos similares, pero os custos son ben distintos.

É importante lembrar que todos estes produtos, desde os máis económicos ata os máis caros, permiten aforrar tempo na cociña e enerxía nos fogóns, o que convén valorar sobre todo cando se cociña para unha soa persoa.

TáBOA COMPARATIVA

FAMILIA A: 2 adultos + 1 neno

Consumo mensual:

2 adultos= 800 g por persoa

1 neno= 800 g por persoa

TOTAL= 2400 g

CONTIDO PESO/CANTIDADE PREZO
CESTA 1
Albóndegas en salsa EROSKI 415 g 1,09 euros
Callos con chourizo EROSKI 380 g 1,69 euros
Hoxe legumes LITORAL (garavanzos, fabas, lentellas) 430 g 1,16 euros
Fabada asturiana LITORAL 865 g 2,99 euros
Garavanzos con verduras EROSKI (frasco) 400 g 1,03 euros
TOTAL 2490 g 7,96 euros
CESTA 2
Albóndegas con chícharos COREN 425 g 1,69 euros
Callos guisados URKABE 500 g 3,25 euros
Polo á cazola CARRETILLA 250 g 2,81 euros
Hoxe legumes LITORAL (garavanzos, fabas, lentellas) 430 g 1,16 euros
Fabada á asturiana EROSKI 435 g 1,25 euros
Garavanzos con verdura LUENGO (frasco) 400 g 1,25 euros
TOTAL 2440 g 11,41 euros
CESTA 3
Albóndegas estilo caseiro CARRETILLA 300 g 2,81 euros
Callos á madrileña LITORAL 380 g 3,16 euros
Polo á cazola CARRETILLA 500 g 5,62 euros
Pote galego LITORAL 430 g 2,65 euros
Fabada asturiana ALBO 425 g 1,81 euros
Garavanzos con espinacas LITORAL 425 g 1,49 euros
TOTAL 2460 g 17,54 euros
CESTA 4
Albóndegas GARDEN gourmet 200 g 3,50 euros
Callos á madrileña CARRETILLA 640 g 5,98 euros
Garavanzos con espinacas ecolóxicas AUZOLAN (frasco) 500 g 2,80 euros
Fabada asturiana CARRETILLA 700 g 3,98 euros
Fabas con ameixas LITORAL 440 g 3,57 euros
TOTAL 2480 g 19,83 euros

FAMILIA B: 3 adultos + 2 nenos

Consumo mensual:

3 adultos= 800 g por persoa

2 nenos= 800 g por persoa

TOTAL= 4000 g

CONTIDO CANTIDADE PREZO
CESTA 1
Albóndegas en salsa EROSKI 830 g 2,18 euros
Callos con chourizo EROSKI 760 g 3,38 euros
Hoxe legumes LITORAL (garavanzos, fabas, lentellas) 860 g 2,32 euros
Fabada asturiana LITORAL 865 g 2,99 euros
Garavanzos con verduras EROSKI (frasco) 800 g 2,06 euros
TOTAL 4115 g 12,93 euros
CESTA 2
Albóndegas con chícharos COREN 850 g 3,38 euros
Callos guisados URKABE 1000 g 6,50 euros
Polo á cazola CARRETILLA 250 g 2,81 euros
Hoxe legumes LITORAL (garavanzos, fabas, lentellas) 860 g 2,32 euros
Fabada á asturiana EROSKI 435 g 1,25 euros
Garavanzos con verdura LUENGO (frasco) 800 g 2,50 euros
TOTAL 4195 g 18,76 euros
CESTA 3
Albóndegas estilo caseiro CARRETILLA 600 g 5,62 euros
Callos á madrileña LITORAL 760 g 6,32 euros
Polo á cazola CARRETILLA 500 g 5,62 euros
Pote galego LITORAL 1290 g 7,95 euros
Fabada asturiana ALBO 425 g 1,81 euros
Garavanzos con espinacas LITORAL 425 g 1,49 euros
TOTAL 4000 g 28,81 euros
CESTA 4
Albóndegas GARDEN gourmet 600 g 10,50 euros
Callos á madrileña CARRETILLA 960 g 8,97 euros
Garavanzos con espinacas ecolóxicas AUZOLAN (frasco) 1000 g 5,60 euros
Fabada asturiana CARRETILLA 700 g 3,98 euros
Fabas con ameixas LITORAL 880 g 7,14 euros
TOTAL 4140 g 36,19 euros

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto