Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

^

Guía de compra: guisos preparados: Guisos preparados, tradición en lata

A utilización de conservas en lata non está rifada cun estilo de vida saudable, a clave está en escoller os mellores e máis equilibrados en canto a ingredientes

Recomendacións gastronómicas

Suxestións de compra

 

Unha vez repasado o perfil nutricional dos guisos en lata, propoñemos a continuación opcións prácticas para integralos á nosa dieta dunha forma saudable.

A mellor maneira para comer os legumes en lata.

A forma máis saudable de incorporalos á nosa alimentación é acompañalos dunha abundante ración de vexetais frescos en ensalada, ou ben facendo o noso propio sofrito de verduras na casa (aceite de oliva, allo, cebola, perexil, allo porro), ao que lle podemos incorporar unha dose extra de vexetais; por exemplo, espinacas, acelgas, col, lombarda etc. Lembremos que o "prato saudable" recoméndanos que polo menos a metade do noso prato se compoña de vexetais.

As máis recomendables para quentar ao microondas.

Calquera das opcións, tanto en lata coma en barquetas (con ou sen refrixerar), son aptas para quentar no microondas. Se o tempo nos apura, a barqueta adoita ser máis cómoda, xa que unicamente debemos perforar o plástico superior cun coitelo e introducila no microondas o tempo que nos indique o fabricante.

As menos calóricas.

Os guisos ou as potaxes a base de fabas, garavanzos ou lentellas con acompañamento vexetal (allo, cebola, tomate, cenoria, espinacas, etc.) son os que presentan unha menor densidade calórica e, ademais, son absolutamente recomendables pola súa achega en proteínas, en carbohidratos de absorción lenta e en fibra.

As mellores para os diabéticos.

O contido en azucres está nos niveis recomendables para todas as conservas analizadas. No entanto, debemos darlle preferencia a aquelas que inclúan vexetais, pola súa achega de fibra, xa que promoven unha boa función intestinal. A dieta debería estar exenta de graxas saturadas, polo que a recomendación se inclinaría sempre cara ás carnes como tenreira (non derivados cárnicos nin embutidos) ou cara aos legumes acompañados de vexetais.

Como se fan estes pratos?

 

O proceso industrial de produción destes guisos en lata comeza co aprovisionamento dos distintos ingredientes que os compoñen. Adóitanse utilizar alimentos frescos e acabados de recoller, polo que se obteñen as máximas concentracións en canto a nutrientes. Isto é importante, principalmente, para as vitaminas que son máis sensibles ás condicións ambientais. O tempo que transcorre desde a obtención do alimento (carnes e peixes) ou desde a súa recolección (vexetais) ata o seu consumo é clave no que respecta ao valor nutritivo.

Latas a base de legumes. O proceso comeza coa recepción de materias primas, que se adoitan caracterizar sempre pola súa frescura. No caso das conservas que inclúen derivados cárnicos, existen empresas que realizan o seu propio embutido (chourizo, morcilla etc.) para incluílo nos guisos enlatados que fabrican. Os ingredientes máis utilizados son despezamentos como a papada, o touciño e o magro do porco, cebolas e especias coma o pemento, o sal e o ourego). A súa elaboración consiste en picar os ingredientes, amasalos, engadirlles os aditivos correspondentes, embutilos na tripa e secalos.

Algúns produtos, coma o touciño entrefebrado, teñen tamén o seu propio proceso. O touciño entrefebrado ponse en salgadura, cócese e afúmase para conseguir un mellor sabor. Despois, as pezas enteiras córtanse en tiras e logo en tacos do mesmo peso, igual ca o chourizo ou a morcilla.

Os legumes selecciónanse, a través de varias cribas, en función da súa densidade (descártanse os menos densos) e da súa boa cor. Posteriormente, cócense e inspecciónanse para retirar as tonas soltas e as metades ou pezas que ennegrezan tras a cocción.

A partir de aí, os ingredientes introdúcense nas latas na proporción correspondente. Estas énchense con auga e sal, péchanse hermeticamente e distribúense en cestas que se introducen en autoclaves. A propia lata fai de pota a presión, e é así como se completa a cocción. Logo deste proceso, as latas sométense a varios controis de calidade que teñen que ver coa data de consumo preferente (3 anos aproximadamente) e co control de peso, e pódense mesmo chegar a fotografar para descartar aquelas latas que non estean perfectamente limpas.

Barquetas, bandexas ou blísteres. Algunhas das marcas contan con procesos patentados nos que se usa a tecnoloxía máis innovadora. Normalmente, o tratamento técnico é suave e a cocción realízase ao vapor. Úsanse envases tecnoloxicamente avanzados, desenvolvidos especificamente para o seu labor, así como ingredientes seleccionados e frescos.

Primeiro realízase unha cocción ao vapor durante un tempo breve (HTST, high temperature-short time), que consiste nun quecemento rápido a elevada temperatura, seguido dun rápido arrefriado. Isto permite conservar texturas, cores, sabores, aromas e vitaminas. Os envases evitan a transferencia de sabores plásticos, mentres que contribúen á conservación do produto e son aptos para quentar no microondas.

Tras esta cocción, realízase unha estabilización de baixa intensidade. Nesta etapa, o produto sométese a tratamentos que garanten a seguridade alimentaria durante a súa vida útil (aproximadamente 1 ano), o que evita a deterioración organoléptica. Por último, realízase o correspondente control de calidade, no que se inspeccionan todas as unidades producidas.

Algúns fabricantes conseguiron elaborar produtos libres de conservantes mantendo a seguridade alimentaria dunha conserva enlatada tradicional, así como as propiedades sensoriais (textura, cor, aroma) e nutricionais. Por iso, dependendo do proceso de produción, algunhas das barquetas atoparémolas na sección de conservas (as que seguen o proceso descrito anteriormente) e outras na sección de refrixerados. Nestas últimas non se usan procesos térmicos agresivos, teñen un período de caducidade inferior e, por tanto, é moi importante ler a etiquetaxe para asegurarnos de que o consumo se fará nas mellores condicións posibles.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto