Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

^

Guía de compra: guisos preparados: Guisos preparados, tradición en lata

A utilización de conservas en lata non está rifada cun estilo de vida saudable, a clave está en escoller os mellores e máis equilibrados en canto a ingredientes

Consumo

O seu lugar na dieta

     

Se analizamos os datos que teñen que ver co consumo de pratos preparados en España, concluímos que é unha práctica residual. Segundo os datos do Panel do consumo alimentario do Mapama, esta partida dentro do gasto alimentario apenas alcanza o 3,3 % en 2015. Por tanto, como media cada español consome ao ano 12,3 kg de pratos preparados e gasta 50,3 euros, segundo indica a mesma fonte.

Dentro desta partida e segundo a Asociación Española de Fabricantes de Produtos Preparados, hai anos que o peso recae principalmente en pizzas, canelóns e lasañas (produtos tanto refrixerados coma conxelados), así como en cremas e sopas e, en menor medida, en conservas de guisos enlatados ou refrixerados (aínda que este demostrou ser un sector en constante evolución).

Se analizamos o período de xaneiro a decembro de 2015, o consumo de pratos preparados en conserva de carne foi de 13.396,51 miles de quilos e o de legumes de 8.374,98 miles de quilos, dun total de 306.375 que supuxeron en valor total.

O valor nutritivo da nosa alimentación depende do conxunto da nosa dieta. Non debemos cometer o erro de facer recaer este valor sobre un alimento en concreto. Por tanto, é posible levar unha alimentación saudable e equilibrada incorporando conservas en lata á nosa dieta.

A clave está en que a nosa dieta se compoña de alimentos pouco procesados de todos os grupos -cereais, legumes, froitas, hortalizas, froitos secos, patacas, carnes, ovos, peixes e produtos lácteos-, nas cantidades necesarias para atinxir un bo estado físico. Se restrinximos algún grupo alimentario porque seguimos, por exemplo, unha dieta vexetariana ou porque temos intolerancia á lactosa ou ao glute, convén contar coa supervisión dun dietista-nutricionista, dun profesional que asegure a inxestión dos nutrientes fundamentais e que estes se adapten aos distintos gustos e preferencias, ao estado fisiolóxico e á actividade física que realicemos.

Nese contexto, a utilización das conservas en lata é perfectamente adecuado e non está rifada cun estilo de vida saudable. O momento da compra dos produtos procesados é clave para facer unha boa elección que nos garanta levar para a casa o máis equilibrado e saudable en canto a ingredientes e que será ao que botaremos man no caso de que o tempo nos apure. Porén, os alimentos máis significativos e frescos non deben desaparecer nin ser substituídos de forma recorrente por produtos excesivamente elaborados. Convén ter en conta que o aceite de oliva, as froitas, as verduras, as hortalizas, os legumes, os peixes, os cereais integrais ou os froitos secos son os nosos aliados se buscamos saúde.

Que hai que ter en conta á hora de adquirir guisos preparados

  • Os pratos de legumes sen carne vermella achegan un alto valor nutricional, xa que a base do prato é o propio legume. Estes proporcionan principalmente fibra, carbohidratos, proteínas de orixe vexetal, vitaminas e minerais. As opcións son moi variadas, xa que podemos escoller no mercado entre garavanzos, lentellas, fabas, feixóns, xudías, chichos..., acompañados de verdura, peixe ou marisco. Unha receita habitual son as preparacións á xardineira, que inclúen normalmente cebola, pataca, tomate, cenoria, pementos e cabaciña. Tamén atopamos os garavanzos con bacallau ou as fabas con ameixas. As preparacións máis saudables son as que se acompañan de vexetais. Aínda así, non sempre debemos descartar as latas a base de produtos cárnicos. Se se fan como prato único (unha ración non pasa de aproximadamente 200 g), se se acompañan dunha boa ensalada ou se se apartan os elementos máis graxos do cocido (como chourizo ou morcilla), estes guisos poderían incluírse de forma esporádica na dieta.
  • O contido en sal non debe ser excesivo. Algúns destes pratos preparados poden resultar moi saborosos. Unha forma de potenciar o sabor nos pratos precociñados é, sen dúbida, o sal. E por iso é tan importante ler a etiquetaxe. O produto que escollamos nunca debería conter máis de 1 gramo de sal por cada 100 gramos de produto. As recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS) apuntan a que convén reducir o consumo de sal nos adultos aos 5 gramos (ou menos dunha culleradiña) ao día. Esta simple medida axuda a reducir a presión arterial e o risco de enfermidades cardiovasculares na poboación.
  • As graxas saturadas non deberían exceder o 10 % das calorías totais inxeridas no día. Para que esta preparación poida encaixar nunha planificación alimentaria saudable, o contido de graxa saturada de orixe animal -por carnes e embutidos- ou vexetal -como os aceites de coco ou palma- debe ser de 1,5 gramos por cada 100 gramos. Estes niveis adoitan ser superiores nas preparacións a base de derivados cárnicos como as albóndegas, os callos ou as potaxes con touciño entrefebrado, chourizo e morcilla. En cambio, as potaxes vexetais e os guisos de carne magra de tenreira acompañada con verduras presentan valores moi baixos en graxas saturadas.
  • Que o aceite empregado sexa 100 % aceite de oliva. Parece sinxelo pero non o é, xa que algúns fabricantes usan habitualmente varios tipos de aceite entre os que se inclúe o aceite aceite de colza ou o de palma. Unha vez máis, ler a etiquetaxe é fundamental para localizar o tipo de graxas e en que cantidade se presentan. En xeral, detrás da mención "aceite vexetal" existen ácidos graxos saturados tan pouco recomendables coma os presentes nos derivados cárnicos que poden acompañar unhas fabas, unhas lentellas ou uns garavanzos.
  • O recipiente ten a súa importancia. O proceso de esterilización da lata equivale ao do cociñado na pota de presión que poderiamos realizar nas nosas casas. Nunha boa conserva, garántese a seguridade mediante a esterilización. Tamén é importante saber que se adquirimos un prato preparado en lata, esta nunca se debe quentar, xa que ao elevarse a temperatura pódense transferir materiais do envase aos alimentos que imos inxerir. As conservas tamén as podemos atopar en vidro (sobre todo, os legumes sós, os legumes con vexetais e os vexetais sós ou mesturados), o que permite ver o contido directamente, sen necesidade de abrilo.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto