Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

^

EDICIÓN IMPRESA.
Xaneiro 2017

Guía de compra: guisos preparados: Guisos preparados, tradición en lata

A utilización de conservas en lata non está rifada cun estilo de vida saudable, a clave está en escoller os mellores e máis equilibrados en canto a ingredientes

 

Unha lata ou unha bandexa e uns minutos no microondas ou no cazo é todo o que se necesita para comer un bo prato de guiso. Se hai pouco tempo e se quere comer ben, a industria alimentaria pon á nosa disposición conservas de guisos precociñados cuxa calidade mellorou nos últimos tempos. Estas conservas permiten comer "coma na casa", pero nun abrir e pechar de ollos... ou máis ben de latas.

A innovación axuda a sortear ese abismo que nos separa dunha época na que había máis tempo, cando as nosas nais ou as nosas avoas nos deleitaban con deliciosos guisos preparados a lume lento e con cariño. Quizais entón non dispuxesen de todos os ingredientes que desexaban, pero aqueles pratos suplían as carencias con enxeño e dedicación. Porén, hoxe abundan os alimentos que temos ao alcance da man e o que escasea é o tempo. Así, é moi fácil conseguir uns garavanzos, pero non é tan simple comer un cocido porque para preparalo é necesario planificar, aínda que sexa coa pota exprés.

Pratos precociñados

Irremediablemente, a cultura e a alimentación van unidas. Na actualidade, non todo o mundo dispón do tempo necesario para gozar destas marabillas do slow food. Pola contra, consolídase un estilo de vida que substitúe as receitas tradicionais con alimentos xa preparados que simplifican a tarefa. Estes alimentos de conveniencia poderían definirse como aqueles pratos nos que unha parte significativa do tempo, da enerxía ou da habilidade culinaria é asumida polo fabricante, o que libera o consumidor final.

A tendencia cara ao consumo dos pratos precociñados xa se manifestou anteriormente noutros países coma os Estados Unidos, Francia ou Gran Bretaña, un país onde a venda destes produtos atinxe case a metade do conxunto dos alimentos. En España, as estatísticas do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (Mapama) tamén reflicten unha tendencia á alza.

A vida acelerada que se impón fai que recorramos cada vez máis a estes alimentos "listos para comer". Tradicionalmente, isto facíase utilizando embutidos ou conservas, pero a irrupción no mercado dos produtos precociñados fixo que nos últimos anos os poidamos ter sempre dispoñibles na casa sen necesidade de comprar os produtos frescos que compoñen o prato final. Cada vez prodúcense pratos precociñados máis variados e tamén máis elaborados. O mercado alimentario ofrécenos na actualidade produtos de conveniencia en diferentes formatos, sometidos a un maior ou menor grao de procesamento, entre os que se atopan os guisos e as potaxes, as fabadas ou os cocidos.

O formato precociñado non sempre é inimigo dunha comida rica e duns bos hábitos alimentarios. No mercado gourmet, cada vez hai máis pratos preparados de alta calidade, ideados para preparar ao forno, no microondas ou a baño maría e listos para consumir en poucos minutos. Aínda que a súa boa conservación permite obter texturas e sabores moi bos, o seu prezo adoita ser elevado. Como alternativa, atopamos pratos enlatados ou presentados en barquetas plásticas, de calidade variable, que reproducen receitas máis humildes e populares que nos permiten gañar en comodidade e rapidez sen renunciar ao sabor e por un prezo moito máis axustado.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto