Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Estudo sobre o comportamento e a percepción dos consumidores españois sobre a xestión dos recursos e dos residuos: Irresponsabilidade no consumo

Para os consumidores non é prioritario o criterio ambiental no momento da compra

A proliferación de envases só se considera un problema cando se converte nun residuo

Coa crise, os consumidores axustan a súa compra de alimentos para evitar o desperdicio

 

Os cidadáns teñen na súa man a posibilidade de practicar día a día un consumo responsable que contribúa a conservar o medio, a lograr un mundo equitativo e, tamén, que lles permita aforrar diñeiro. Só han de levar a cabo sete actitudes: reflexionar, rexeitar, reducir, reutilizar, reciclar, redistribuír e reclamar.

E é que, segundo a Declaración Oficial de Nacións Unidas con motivo do Cume da Terra de 2002, "unha das principais causas de que continúe deteriorándose o medio mundial son as modalidades insustentables de consumo e produción, particularmente nos países industrializados".

Co obxectivo de informar, formar e concienciar aos consumidores sobre a importancia de previr e reducir o desperdicio alimentario, o consumo responsable e a mellora na xestión dos residuos xerados no ámbito doméstico, HISPACOOP (a Confederación Española de Cooperativas de Consumidores e Usuarios, da que EROSKI forma parte) realizou un estudo sobre o comportamento e as percepcións que teñen os consumidores na xestión dos recursos e os residuos.

Para iso, utilizou unha combinación de dúas técnicas: cualitativa e cuantitativa. A primeira baséase en 3 grupos de discusión (focus group) realizados en Madrid, Valencia e Sevilla a homes e mulleres de 25 a 65 anos. E a segunda fundaméntase nunha enquisa telefónica de ámbito nacional realizada durante o mes de outubro a máis de 2.000 consumidores maiores de idade.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto