Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Asunción Ruiz, directora de SEO/BirdLife: "Non todo é reciclar; tamén é necesario reflexionar, reeducar e reivindicar"

 

A reciclaxe é unha das mellores maneiras que temos como consumidores de demostrar a nosa conciencia polo medio ambiente. Así o asegura Asunción Ruiz, directora da ONG máis veterana de España SEO/BirdLife. Ruiz subliña tamén a necesidade de reciclar máis e mellor para reducir o noso impacto no medio e conseguir os obxectivos impostos por Europa, que son cada vez máis esixentes. Para iso, recomenda imitar a natureza e, en concreto, as aves, porque o aproveitan todo.

Por que é importante a reciclaxe?

Porque non queda outra, os recursos da natureza son limitados. Aos famosos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar) engadiríalles outros tres máis para o consumidor, anteriores mesmo aos primeiros: reflexionar ou ser conscientes de que o concepto de consumismo non está na natureza, reeducar nos valores para que cambiemos e reivindicar co fin de que haxa cambios.

Hai quen é contrario a reciclar por consideralo un traballo do que se aproveitan algunhas empresas.

A reciclaxe é un dos nosos actos cotiáns co que mellor podemos demostrar que estamos concienciados coa conservación do medio ambiente. Pero non todo é reciclar, tamén é necesario aplicar todos os erres que comentaba con anterioridade. Como cidadáns, temos que facer un consumo consciente, para que se poida aproveitar ao máximo ese lixo. É normal que haxa empresas que aproveiten eses residuos, o criticable sería se se producise un lucro excesivo.

Outra das razóns que esgrimen as persoas que non reciclan é que hai camións do lixo que mesturan os diferentes colectores de reciclaxe.

A cadea de reciclaxe non é perfecta nin nolo contan todo, pero non por iso hai que deixar de facelo. De aí o erre de reivindicar calquera irregularidade que vexamos.

Como axuda a reciclaxe para coidar a natureza?

A reciclaxe é básica para a conservación da natureza e a estratexia europea da economía circular sinálaa como un dos seus sete obxectivos fundamentais. A natureza é unha perfecta maquina de reciclaxe, e somos nós os que temos que aprender e cambiar. Por exemplo, moitos fármacos que refugamos acaban na auga. Non reciclar é poñer en risco a nosa saúde. Estamos obrigados a facelo ben e a informarnos ante calquera dúbida.

En que medida reciclamos os residuos que xeramos?

Aínda se está moi lonxe de reciclar o 100 % dos residuos. Europa acaba de aprobar que para 2030 se reciclen polo menos o 80 % dos residuos de envases e o 70 % dos residuos en xeral, e estamos lonxe de cumprilo. Outra medida ambiciosa é a prohibición de levar os residuos a vertedoiros para 2025, por ser un foco de risco de contaminacións graves (da auga ou de incendios, por exemplo).

Os consumidores sabemos reciclar ou aínda nos equivocamos ao depositar o lixo?

Avanzamos moito e xa non nos equivocamos tanto ao utilizar os colectores, pero vivimos na sociedade do sofá e dános preguiza achegarnos ao colector. Temos que ser moito máis conscientes de contribuír ao ben común. Pode haber pequenas dúbidas, como os refugallos de medicamentos, pero por iso hai que insistir na educación e na reeducación.

Somos conscientes do que sucede co lixo que xeramos?

Non quero ser catastrofista, pero temos que frear a destrución que se está producindo da natureza. Na actualidade, fálase da economía circular, que non é outra cousa que imitar a natureza e que pode servirnos mesmo para a nosa supervivencia. Con este sistema, o lixo pasa a ser un recurso e dáselle un valor económico. Pola súa banda, na natureza, calquera refugallo que se xera pasa a formar parte dos organismos vivos de hoxe ou de mañá. Parte dos átomos do noso corpo pasaron antes por trilobites, dinosauros etc. As aves son un exemplo de reciclalo todo.

En que sentido?

Hai moitos exemplos. Algunhas especies aproveitan as plumas e os pelos caídos dos azores (un tipo de ave rapaz forestal) para facer os seus niños. O falcón pequeno (que pasa a maior parte do seu tempo en África) espera a que os corvos abandonen os seus niños para reutilizalos. As aves mesmo aproveitan os residuos que desperdiciamos nós, como as gaivotas nos vertedoiros ou os gorrións (ave do ano 2016) que recollen as cabichas para usalas nos seus niños. Ademais, cando un cadáver queda no campo, as diferentes especies preeiras aprovéitano todo nun exemplo de reciclaxe e economía colaborativa. A innovación debería basearse máis na imitación da natureza, onde non se desaproveita nada. En definitiva, deberiamos ser moito máis preeiros.

Hai algún uso destacado de residuos que se convertan logo en produtos?

Hai algunhas empresas, coma Ecoalf, que aproveitan os residuos para fabricar sandalias, mochilas e roupa de gran calidade. Teñen un proxecto moi potente que consiste en aproveitar os residuos plásticos do mar, como as redes dos barcos, para facer produtos téxtiles. Empeñarse en que non haxa residuos é un fantástico banco de emprego verde, hai que traballar en ecodeseño e en converter os residuos en produtos de calidade.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto