Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

EDICIÓN IMPRESA.
Setembro 2016

Guía de compra: legumes: Legumes, tradición mediterránea

Fonte esencial de fibra, proteínas e aminoácidos, este grupo de alimentos axuda a combater a obesidade e a previr enfermidades crónicas como a diabetes, as afeccións coronarias e o cancro

 

Os legumes son un alimento moi arraigado na nosa cultura gastronómica. Xunto aos cereais, aparecen asociados aos primeiros signos de desenvolvemento gastronómico dos seres humanos, que ata entón se limitaban a comer froitos silvestres ou, como moito, a dourar á calor do lume algunha peza de caza. Historicamente, os legumes ocuparon un papel moi destacado na dieta tradicional española. Desde a civilización exipcia ata os nosos días, a presenza de garavanzos e lentellas foi permanente na nosa alimentación. Máis adiante, co descubrimento do Novo Mundo, incorporáronse as fabas ou xudías, que chegaron procedentes de América e que se asentaron con forza nas mesas mediterráneas.

Ademais da súa tradición, os legumes son moi importantes desde o punto de vista nutricional. Variedades como as lentellas, as xudías, os chícharos ou os garavanzos forman parte dunha dieta saudable, xa que axudan a combater a obesidade e a previr enfermidades crónicas como a diabetes, as afeccións coronarias e o cancro. Fonte esencial de proteínas e aminoácidos para as persoas, os legumes son tamén un cultivo sustentable e positivo para o medio ambiente. As plantas leguminosas teñen a calidade de fixar o nitróxeno, o que pode contribuír a incrementar a fertilidade do chan. Por estas razóns, entre outras, as Nacións Unidas decidiron que 2016 sexa o ano Internacional dos Legumes.

No entanto, este alimento con tanta tradición e cunhas calidades nutricionais tan amplas, perderon presenza na nosa dieta habitual. De feito, un dos cambios alimentarios máis significativos do noso tempo reflíctese, precisamente, nos legumes. Desde 1960, o seu consumo en España caeu un 50 %, segundo datos do Estudo Nacional de Nutrición e Alimentación (ENNA-1). A análise conclúe que na actualidade só se comen unha vez á semana, xa que a nosa dieta derivou cara a un maior consumo de carnes vermellas e alimentos procesados. Ademais, o grupo de idade que máis consome e aprecia os legumes está conformado por persoas maiores de 50 anos.

Segundo os rexistros do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama), a produción nacional de legumes na campaña 2014/15 colocouse en 16.000 toneladas de lentellas, 32.000 de garavanzos e 9800 de fabas, cifras que evidencian, excepto no caso dos garavanzos, a crecente perda de superficie dedicada a estes cultivos desde hai varios anos. España é deficitaria na produción de legumes desde a década dos 70 e, por tanto, recorre á importación para cubrir as necesidades de consumo. Así e todo, a importación española de legumes para consumo humano reduciuse en 2014 un 20 % con respecto ao ano anterior.

Non estraña, por tanto, que a nosa percepción de consumo estea moi afastada da realidade. O consumo estimado nos fogares españois durante 2014 foi de 3,10 kg por persoa, un 6 % menos ca en 2013. A media mundial de consumo de legumes é de 7 kg por persoa ao ano, segundo a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO). Nalgunhas enquisas recentes enxérgase un aumento no consumo de garavanzos, fabas e lentellas, os tres legumes máis apreciados no noso país. Isto é unha boa noticia, aínda que habería que dilucidar se este aumento se debe a unha cuestión de saúde e de cambio de hábitos ou á crise económica, que propiciou que se consuman produtos que sacien, nutritivos e de baixo custo.

Legumes de etiqueta

 

En España, contamos con dúas denominacións de orixe protexida (DOP) e oito indicacións xeográficas protexidas (IXP) de legumes rexistrados pola Unión Europea, e son as seguintes:

  • Alubia de la Bañeza-León (Casela e León)
  • Faba Asturiana (Principado de Asturias)
  • Faba de Lourenzá (Galicia)
  • Fesols de Santa Pau (Cataluña)
  • Garbanzo de Escacena (Andalucía)
  • Garbanzo de Fuentesauco (Castela e León)
  • Judías de El Barco de Ávila (Castela e León)
  • Lenteja de La Armuña (Castela e León)
  • Lenteja de Tierra de Campos (Castela e León)
  • Mongeta del Ganxet (Cataluña)

Desde un punto de vista comercial, os legumes secos clasifícanse segundo as súas características e en función das súas calidades. Así, no mercado podemos atopar as seguintes categorías:

  • Categoría extra. Son os legumes de mellor calidade ou recoñecidos como calidade superior. Non presentan defectos, teñen un aspecto limpo, a cor homoxénea e a forma de cada elemento é similar aos demais.
  • Categoría I. Corresponde aos legumes que ofrecen boa calidade, pero que poden ter lixeiros defectos que non alteran as súas calidades nutritivas nin a súa conservación.
  • Categoría II. Estes legumes reúnen as características mínimas para ser comercializados. Non é de estrañar que se atopen defectos na forma, na cor e na uniformidade das unidades.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto