Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: atún e bonito en conserva: Atún e bonito en conserva: todo o bo do mar en lata

Os túnidos teñen unha elevada cantidade de proteínas de alto valor biolóxico e de graxa rica en omega-3 que contribúe a diminuír os niveis de colesterol e de triglicéridos no sangue

 

O peixe azul, pola súa composición nutricional, é un grande aliado da boa saúde. Dentro de todas as variedades, o atún e o bonito ocupan a primeira escala de preferencia e consumo no noso país. Sen dúbida, o peixe azul é unha "xoia nutricional" e convértese nun alimento case perfecto para incluílo en calquera tipo de dieta.

Grazas ás súas propiedades antiinflamatorias e ao omega-3 que contén, reduce o risco de padecer enfermidades cardiovasculares, que é a primeira causa de morte nos países occidentais. Outra característica pola que destacan os túnidos é polo seu alto contido de proteínas de alto valor biolóxico, superior a case todos os peixes e carnes. Ademais, este peixe é fonte de minerais coma o fósforo e o selenio, e contén vitaminas do grupo B. Todos estes son micronutrientes fundamentais para o bo funcionamento do noso metabolismo.

As súas desvantaxes nutricionais, das que tamén falaremos nesta guía, pasan polo seu contido en mercurio -consecuencia da contaminación ambiental- e en sodio, elevado no caso das conservas, aínda que non en todas.

Industria conserveira

 

As conservas teñen máis de 200 anos de historia. En 1810, Nicolas Appert ideou unha botella de vidro pechada hermeticamente na que se podía levar comida. A intención era ter alimentos en bo estado para comer nas frontes de guerra, pero o vidro non resultou ser a mellor opción pola súa fraxilidade.

Foi Peter Duran quen ese mesmo ano patentou a lata de conserva. Aínda que pareza unha broma de mal gusto, inventouse a lata, pero non se ideou un sistema de apertura, co que non quedaba máis remedio ca golpeala con martelos, pedras e coitelos ou abrila coas navallas das baionetas. Non foi ata 1855 cando Ezra J. Warner inventou o primeiro abrelatas.

Na actualidade, España, Tailandia e os Estados Unidos son os tres países coa industria conserveira máis forte do mundo. Segundo datos da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes (Anfaco-Cecopesca), no primeiro trimestre de 2016 España exportou máis de 23.000 toneladas de atún por un valor superior aos 100 millóns de euros. Todo iso sen ter en conta o resto de conservas, como a sepia, o polbo, as anchoas ou os mexillóns. As conservas de túnidos representan máis do 67 % do volume de vendas do sector.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto