Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Elena González, vicepresidenta da Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos: "O verán é moi longo se os nenos teñen que estar na casa"

 

Coas vacacións escolares ao caer, millóns de pais e nais desespéranse. Conciliar en España non é unha tarefa doada. Elena González sábeo ben, posto que é nai de dous fillos e traballa fóra da casa. Ademais, é vicepresidenta voluntaria da Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos, un conglomerado que representa 11.000 asociacións, uns tres millóns de familias de todos os recantos do país. Nas súas palabras, "conciliar no verán é moi difícil, os pais necesitamos a axuda das administracións e dos colexios para conseguilo". González defendeu estas mesmas palabras no Congreso dos Deputados, no que expuxo que "España necesita un sistema educativo que fomente a conciliación e valores como a comunicación e a empatía polos demais, hoxe en desuso".

O 41 % dos españois non está satisfeito coa conciliación laboral e familiar, segundo o barómetro Edenred Ipsos. A conciliación familiar é aínda máis complicada no verán?

Sen dúbida. Os pais e as nais que traballamos temos como máximo un mes de vacacións ao ano. Moitos reservamos o mes de agosto para podermos estar cos nosos fillos e fillas. O problema é que os nenos teñen tres meses de vacacións. Polo tanto, neste tempo hai que botar man dos avós, dos campamentos e ata das viaxes de idiomas.

Pero coa actual conxuntura económica, moitos pais e nais non poden custear o prezo desas actividades, xa que moitas son caras e nin sequera duran unha semana. Que se pode facer cando chega o verán e os nenos teñen tanto tempo libre?

España necesita infraestruturas que permitan a conciliación familiar. Por iso pedimos que as administracións aseguren eses servizos de conciliación no verán. Os centros escolares cumpren un labor didáctico durante o curso lectivo, pero tamén son edificios pagos con diñeiro público que están desaproveitados nesta época do ano. Os colexios, coa axuda de todas as administracións, deben ser un espazo para facilitar a conciliación.

Cre entón que os colexios públicos deberían estar abertos no verán para todos os nenos?

Si. Os concellos deben ter orzamento para abrir os comedores escolares para os nenos con problemas. Pero non só iso, o colexio ten que estar aberto para todos os nenos e nenas. As escolas públicas son un lugar idóneo para organizar actividades infantís divertidas no verán que sirvan como reforzo á convivencia e con propostas culturais e de lecer dirixidas por monitores e por xente profesional.

Podería resultar estresante para os nenos un verán cheo actividades? As propostas estivais para eles inclúen desde apoio escolar, campamentos deportivos e de idiomas, ata cursos infantís de verán para aprender a cociñar...

A solución está no equilibrio. Non podemos estresar os nenos no verán, xa o están bastante durante todo o curso. Os nenos necesitan xogar, aburrirse, gozar do lecer e aprender a convivir cos demais para ser bos cidadáns do mañá. Pero non poden quedar sós encerrados na casa durante o verán.

Os nenos deben facer deberes no verán?

Non. Os nenos non deben facer deberes nin no verán nin no inverno. Todas as actividades escolares dos pequenos deberían estar asumidas dentro do horario do colexio. O horario e a estrutura das clases deben adaptarse para facelo posible. Os deberes son unha intromisión na vida familiar.

Repítense as eleccións xerais este 26 de xuño e os principais partidos político inclúen a conciliación familiar nos seus programas. Medidas como a ampliación da xornada escolar ou a universalización das escolas infantís de 0 a 3 anos axudarían á conciliación familiar?

As campañas electorais son campañas electorais. Estamos afeitos a promesas que despois do voto desaparecen. Hai pouco estivemos no Congreso dos Deputados para analizar a Lei de educación, cunha proposta conxunta de 22 asociacións que levou dous anos de traballo. Nela remarcouse a necesidade dun sistema educativo que permita conciliar as familias e que fomente a conversación e a empatía para poñerse no lugar dos demais.

Outro debate recorrente referido ás vacacións de verán dos nenos españois. Son estas demasiado longas?

As vacacións de verán son moi longas se os nenos teñen que estar na casa e non teñen nada que facer. Pero, ollo, a solución non é ampliar as horas lectivas, senón lograr que as escolas sexan o espazo para as actividades de lecer e convivencia no verán.

Conciliar é un dereito fundamental, e así considerado polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. Cal é o seu ingrediente estrela para unha boa receita de conciliación familiar no verán?

Os recursos que teñen que achegar as administracións. A conciliación familiar debe ser unha aposta social pública. Non lles podemos pedir máis esforzo ás familias porque non teñen medios e, a miúdo, tampouco tempo.

Entón, conciliar no verán é unha opción ou unha misión imposible?

É unha opción e unha necesidade. Témolo que conseguir. Os nenos necesítano. Os pais e as nais necesítano. Os avós necesítano. Toda a sociedade o necesita.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto