Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Análise documental para coñecer os hábitos de uso das redes sociais por parte da poboación infantil e adolescente: Nenos e adolescentes cativados polas redes

O 66 % dos mozos de entre 10 e 17 anos teñen xa o seu propio perfil nunha rede social, unha ferramenta de interacción e expresión da súa identidade á marxe dos adultos

Conexión permanente e responsable

Uso do móbil

 

Os teléfonos móbiles xogan un papel moi importante no uso que os máis novos fan das redes sociais. Segundo datos do INE, en 2015, un 67 % da poboación infantil entre 10 e 15 anos xa dispoñía dun. Por idades, mentres un 30 % dos nenos de 10 anos conta con estes dispositivos, cando teñen 15 anos esa cifra elévase ao 91 %. É máis, segundo o estudo "Menores de idade e conectividade móbil en España: tabletas e smartphones", elaborado en 2014 pola asociación Protéxeos, os nenos de 2 e 3 anos xa acceden de forma habitual aos terminais dos seus pais.

Así, Protéxeos, na enquisa realizada a 1800 nenos de 11 a 14 anos, detectou que o 72 % dos entrevistados con smartphones accede ás redes sociais. E os datos son os seguintes: mentres o 83 % dos adolescentes de 13 e 14 anos entra a estas plataformas, a porcentaxe redúcese ata o 60 % nos nenos de 11 e 12 anos.

Con relación a este uso, na análise cualitativa realizada por De Frutos e Vázquez, comprobouse que os mozos e adolescentes tenden a "estar permanentemente conectados a través dos novos terminais de telefonía móbil". Protéxeos engade que "o contacto, os comentarios e o fluxo de información entre uns e outros non cesa en ningún momento do día".

Un uso responsable

O acceso ás redes sociais por parte dos adolescentes preocúpalles moito aos seus proxenitores e foi obxecto de numerosos estudos. De feito, segundo a investigación realizada polo Ministerio de Interior en 2014, o 26 % dos mozos enquisados viu algo na internet que lle molestou dalgunha forma; é dicir, fixo que se sentise incómodo, desgustado ou sentiu que non debería velo.

A pesar de todo, a Enquisa a Usuarios da Internet de AIMC, denominada Navegantes na Rede, e publicada en 2016, desvelou que un 56 % dos enquisados con fillos menores de 14 anos (máis de 5500) non utiliza ningún sistema para impedir ou controlar o acceso dos nenos a determinados contidos da internet. Só o 24 % deles utiliza programas de filtro ou bloqueo de contidos ou control parental e outro 25 % realízao de forma persoal (de horario, web, visitas etc.).

Segundo EU Kids Online, é fundamental que os pais guíen os seus fillos para que saiban como manexar calquera tipo de risco que poidan atopar na rede e "cobra máis importancia o diálogo cos fillos e mesmo compartir con eles actividades na rede".

Pola súa banda, PantallasAmigas, unha iniciativa para promover o uso seguro e saudable das novas tecnoloxías na infancia e na adolescencia, ofrece unha serie de consellos para que os máis novos protexan a súa privacidade cando acceden a estas plataformas:

  • Coñecer e configurar de maneira detallada as opcións de privacidade.
  • Identificar as funcións e os efectos de cada acción.
  • Protexer os datos persoais persoalmente.
  • Manter unha actitude proactiva na defensa dos datos propios.
  • Avaliar as actitudes e as condicións de privacidade dos contactos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto