Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Análise documental para coñecer os hábitos de uso das redes sociais por parte da poboación infantil e adolescente: Nenos e adolescentes cativados polas redes

O 66 % dos mozos de entre 10 e 17 anos teñen xa o seu propio perfil nunha rede social, unha ferramenta de interacción e expresión da súa identidade á marxe dos adultos

 

As redes sociais na internet cambiaron de forma radical a nosa forma de interactuar coas persoas. Segundo IAB Spain, a asociación que representa o sector da publicidade en medios dixitais en España, máis de 15,4 millóns de persoas cunha idade de entre 16 e 55 anos utilizan habitualmente as redes sociais no noso país. No entanto, para os denominados "nativos dixitais", a mocidade que naceu conectada á rede de redes dentro dunha cultura de uso das novas tecnoloxías non é ningunha novidade. É máis, nin sequera hai diferenzas entre a vida en liña e fóra de liña.

EROSKI CONSUMER quixo coñecer a forma en que os máis novos se achegan ás redes sociais e o uso que fan delas. Para iso, utilizou como fontes de información o Instituto Nacional de Estatística (INE), o Ministerio de Interior, a Axencia Española de Protección de Datos, a Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC), a rede de investigación da Comisión Europea EU Kids Online, o Instituto da Xuventude (Inxuve), o Centro de Seguridade da Internet para os Menores en España (Protéxeos), PantallasAmigas e IAB Spain, así como diversos estudos realizados por investigadores do eido universitario.

Evolución no uso

Hai tempo que os nenos e os adolescentes incorporaron as novas tecnoloxías no seu día a día. Segundo o INE, o 94 % da poboación infantil de entre 10 e 15 anos usa internet. E, dentro dese inmenso mundo en liña, as redes sociais están a ocupar un lugar prioritario entre as actividades en liña dos máis novos.

En 2011, EU Kids Online, unha investigación realizada a máis de 1000 menores españois de entre 9 e 16 anos que utilizaban internet, detectou que o 59 % dos menores españois enquisados recoñecía usar as redes sociais, aínda que só fose unha visita aos perfís doutros.

Seguía confirmándose o seu elevado uso no estudo "Hábitos de uso na internet e nas redes sociais dos adolescentes españois", publicado en 2013 na revista científica Comunicar. Nel, os profesores da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, Antonio García, M.ª Cruz López de Ayala e Beatriz Catalina García fixéronlles unha enquisa a máis de 2000 adolescentes de entre 12 e 17 anos. Detectaron que as redes sociais son os sitios que máis frecuentaban os adolescentes. De feito, un 75 % conectábase con moita frecuencia e, por idades, os de maior idade accedían con máis asiduidade. Dos enquisados entre 15 e 17 anos entraba o 84 % e dos de entre 12 e 14 anos accedía o 68 %.

En 2014, segundo a Enquisa sobre hábitos de uso e seguridade na internet de menores e mozos en España, realizada polo Ministerio de Interior a máis de 1500 nenos e adolescentes de 10 a 17 anos, un 94 % deles aseguraba ver vídeos en Youtube no último mes, o 82 % utilizaba a mensaxería instantánea e o 68 % visitaba perfís de redes sociais, ben o seu ou o doutra persoa.

Xa en 2015, a penetración das redes sociais entre os adolescentes de 14 a 17 anos é do 97 %, segundo IAB Spain (enquisou 105 persoas con esta idade). Por regra xeral, acceden a estas plataformas en liña a través do ordenador a media tarde e a través do móbil a media noite.

Facebook é a súa rede social preferida, seguida de Twitter e Instagram. Aínda así, esta clasificación non se corresponde totalmente coas redes sociais máis utilizadas entre estes adolescentes. Primeiro é Facebook, despois Youtube e, por último, Twitter. Séguenlles Instagram e Tuenti (esta última desapareceu como rede social en febreiro de 2016) e, na cola, están Spotify, Google+, Badoo, LinkedIn e Pinterest.

Construír identidade

A combinación redes sociais-menores é inseparable e o motivo, en parte, ten que ver coa propia idiosincrasia de ser adolescente. As investigadoras Belinda de Frutos e Tamara Vázquez (das universidades de Valladolid e CEU San Pablo, respectivamente) elaboraron un estudo cualitativo titulado "As redes sociais en adolescentes e mozos: unha aprendizaxe cara á autorregulación", cuxas conclusións se baseaban na información proporcionada por grupos de discusión compostos por persoas de entre 15 e 19 anos. Na opinión de ambas as expertas, as redes sociais son importantes para os adolescentes porque se perciben como "unha ferramenta que cristaliza a súa necesidade de interacción e que posibilita construír a súa propia imaxe persoal e expresar a súa identidade, á marxe do mundo dos adultos".

Algo similar opina Lucía Merino na análise realizada para Inxuve, "Mozos en redes sociais: significados e prácticas dunha sociabilidad dixital", na que enquisaba máis de 300 mozos de entre 14 e 17 anos, en na que explica que "estar en contacto é unha parte crucial do proceso dinámico de construción da súa identidade e as novas tecnoloxías permítenlles estar en constante contacto cos seus amigos". Comprobou que "ese vínculo de grupo e a interacción a realizan a través das redes sociais e dos servizos de mensaxería instantánea".

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto