Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: froitos secos embolsados: Froitos secos embolsados, tradicións renovadas

Enriquecer a dieta con este tipo de alimentos non aumenta nin o peso corporal nin o perímetro abdominal e, ademais, son fonte de múltiples beneficios para a saúde

 

Hai 13.000 anos, produciuse un acontecemento clave no desenvolvemento humano: iniciouse o cultivo de árbores silvestres, fonte dos froitos secos. Ocorreu antes mesmo de que comezase a agricultura e a gandería (uns 8500 anos antes de Cristo). Isto explica o valor cultural e o simbolismo que acompañan os froitos secos, moito máis arraigados ca os modernos conceptos relacionados coas súas características nutricionais ou gastronómicas.

Un exemplo dese arraigamento pode atoparse na simboloxía cristiá. A améndoa representa a figura de Cristo: a súa divindade (o froito) escóndese na súa natureza humana (a casca), que vela o interior, fonte de luz (o nome hebreo de améndoa significa "luz"). Así mesmo, no Antigo Testamento, os pistachos, as améndoas ou as noces menciónanse como signos de esperanza ou de valor.

Pero os froitos secos existían moito antes de que o cristianismo aparecese. No xacemento arqueolóxico de Gesher Benot E'aqov, en Israel, observáronse indicios de froitos secos con 780.000 anos de historia. Entre as especies que se atoparon, están os pistachos e as améndoas, que aínda hoxe consumimos.

Unha das características da dieta dos países que conforman a rexión mediterránea é o consumo habitual, ao longo da historia, de froitos secos. Por desgraza, desde mediados do século XX, diminuíu de forma notable o consumo destes alimentos no mundo. Así, mentres que en 1940 cada español tomaba de media 19,1 gramos diarios, hoxe tómanse tan só 3,3 gramos/día, con Cataluña, Valencia e Murcia á cabeza. Aínda así, España segue sendo un dos países europeos onde máis froitos secos se comen, xunto con Suíza, Grecia e Italia.

Os máis populares

Existe unha longa lista de froitos secos, pero os que máis se consomen no noso país son as améndoas, os anacardios, as abelás, os cacahuetes, os piñóns, os pistachos e, sobre todo, as noces e as pipas de xirasol.

Os cacahuetes, desde un punto de vista botánico, non son froitos secos, senón legumes, pero como a súa composición nutricional é moi similar, adóitanse clasificar neste mesmo grupo.

Salvo no caso das noces e dos piñóns, os froitos secos non se acostuman a consumir en cru, senón torrados, asados, fritos ou como ingrediente de xeados, pasteis, turróns, mazapáns, cremas, bombóns etc. Tamén se toman como parte de preparacións culinarias en guisos, salteados ou salsas típicas (romesco, pesto, picadas), o que demostra o seu gran valor gastronómico.

A granel ou envasados?

 

Os froitos secos antes comprábanse a granel, pero hoxe adquírense case sempre empaquetados. Ambos os sistemas teñen as súas vantaxes e os seus inconvenientes.

Por unha banda, nos produtos a granel é difícil atopar a gran variedade de produtos con sal engadido que se poden encontrar hoxe en día nos envasados. Ademais, teñen un menor impacto ambiental, posto que se utilizan menos recursos naturais durante a súa produción.

Porén, teñen a desvantaxe de que hai un maior risco de que se produzan toxiinfeccións alimentarias. Aínda que o froito seco, como o seu propio nome indica, ten pouca humidade, iso non significa que non poida contaminarse por microorganismos. Os froitos secos, de feito, son un bo substrato para que se desenvolvan mofos, como as aflatoxinas.

En todo caso, se se almacenan en lugares frescos, secos e carentes de axentes contaminantes, como mofos ou insectos, chegan a conservarse entre 9 e 12 meses en perfecto estado. Se se adquiren froitos secos sen envasar, deben gardarse nun recipiente hermético afastado de temperaturas elevadas e han de consumirse en poucos días. Isto tamén é aplicable aos froitos secos envasados unha vez que se abriu o envase orixinal.

Pola súa banda, os froitos secos envasados conteñen, en moitos casos, unha elevada cantidade de sal, como xa se mencionou. Ademais, en ocasións, o fabricante utiliza graxas pouco saudables para fritilos, como é o aceite de palma, rico en graxas saturadas e azucres. Isto pódese evitar se se escollen froitos secos envasados ao natural.

A favor dos froitos secos envasados pódese mencionar o material que se utiliza para envasar, que adoitan ser latas de metal, tarros de vidro ou bolsas de plástico, xa que demais de evitar que o produto se altere

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto