Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Análise documental para coñecer os sistemas nacionais e internacionais de control e vixilancia da inocuidade e calidade dos alimentos: Redes que salvan vidas

600 millóns de persoas no mundo enferman cada ano por inxerir alimentos contaminados, de aí a importancia dos sistemas de control dos alimentos, tanto no eido nacional coma internacional

 

Só pasaron 2 meses desde a última alerta alimentaria. A empresa multinacional Mars solicitou a retirada dalgúns dos seus produtos en 55 países (entre eles España), despois de que unha consumidora alemá atopase un anaco de plástico de medio centímetro no interior dunha barriña de chocolate Snickers, fabricada nunha planta de Holanda. Foi a propia compañía a que tomou a iniciativa de sacar estes produtos do mercado, por considerar que había risco de asfixia; aínda que, segundo as autoridades alemás, tiña a obriga legal de facelo.

Este tipo de alertas xeran inquietude no consumidor que, cada vez con maior frecuencia, se pregunta de que forma se producen, elaboran e comercializan os produtos que inxire, así como o tipo de control que se exerce sobre eles para garantir a súa inocuidade e calidade, tanto dos alimentos exportados coma dos que se producen no interior do país. E non é para menos, xa que segundo datos da Axencia Española de Consumo e Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan) "os alimentos que conteñen bacterias, virus, parasitos ou substancias químicas nocivas causan máis de 200 enfermidades, que van desde a diarrea ata o cancro".

EROSKI CONSUMER quixo realizar unha análise sobre o funcionamento do sistema de xestión de alertas alimentarias (tanto en España coma no ámbito comunitario), cuxa finalidade última é protexer a saúde pública, previr a fraude e o engano, evitar a adulteración dos alimentos e fomentar o comercio. Todos eles obxectivos da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) e a Organización Mundial da Saúde (OMS).

Para iso, utilizáronse as seguintes fontes: OMS, FAO, EUFIC (Consello Europeo de Información sobre a Alimentación, nas súas siglas en inglés), a Comisión Europea, Aecosan, FIAB (Federación Española de Industrias da Alimentación e Bebidas), ELIKA (Fundación Vasca para a Seguridade Agroalimentaria) e OCU (Organización de Consumidores e Usuarios).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto