Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

^

Guía de compra: chocolates de facer: Chocolates de facer, unha cunca de tradición

Os adultos consomen unha media de 81 gramos de chocolate de facer ao mes, cifra que non lles preocupa ás autoridades sanitarias, aínda que lembran que, como todo alimento rico en azucre, debe consumirse de forma ocasional

Como aforrar

Apuntamentos para o aforro

 

Para gustos, os formatos. Así podería resumirse a idea principal deste apartado. O chocolate de facer é un produto de consumo ocasional, abocado ao goce, de modo a elección dun tipo ou outro de formato debería responder, ante todo, ás nosas preferencias. Pero, e as necesidades? Que se pode ter en conta para decidirse, ademais do gusto?

  • Se é por economizar tempos (e enerxía), o chocolate que xa vén preparado, listo para quentar e consumir é o máis recomendable e o máis práctico. O chocolate en po é tamén moi útil, aínda que require algo máis de dedicación. Por último, a libra de chocolate introducirá a tradición na nosa cociña, aínda que nos demandará máis tempo -do noso e do noso fogón-. Aínda que non sexa o aspecto máis relevante de todos, convén ter en conta que realizar un chocolate de facer partindo dunha libra de chocolate consumirá máis enerxía que simplemente quentar un chocolate xa elaborado.
  • Os chocolates en po son, en termos xerais, máis baratos que o resto. A variedade de prezos é ampla: un quilo pode custar menos de 3,30 euros (EROSKI) e máis de 11 euros (Valor sen azucre). Con todo, un quilo de chocolate en po rende moito máis (catro veces máis, aproximadamente) que un litro de chocolate listo para consumir.
  • Os chocolates listos para consumir preséntanse con prezos bastante parecidos entre as distintas marcas. As máis baratas son EROSKI e Ram, ambas por baixo de 1,90 euros o litro. Comparados cos chocolates en po, son máis caros porque renden menos. Con todo, non fai falta engadir nada máis, nin auga, nin leite, nin azucre..., nin un tempo prolongado de cocción.
  • As libras de chocolate teñen unha vantaxe sobre os demais: hai maior variedade. Probablemente, por ser a base máis tradicional para elaborar chocolate de facer, atopamos máis marcas e tamaños no mercado. Hai barras de 200 gramos, de 250 gramos e de 300 gramos, o que permite escoller en función da cantidade de persoas que o vaian consumir. A variedade de prezos é tamén importante: vai de algo menos de 5 euros/kg a case 11,50 euros/kg. As marcas máis económicas son EROSKI, Valor e Lacasa. As máis caras, Corona e Pedro Mayo especial.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto