Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

^

Guía de compra: chocolates de facer: Chocolates de facer, unha cunca de tradición

Os adultos consomen unha media de 81 gramos de chocolate de facer ao mes, cifra que non lles preocupa ás autoridades sanitarias, aínda que lembran que, como todo alimento rico en azucre, debe consumirse de forma ocasional

Consumo e análise de nutrientes

O seu lugar na dieta

Como todo alimento rico en azucre, convén saber que un consumo excesivo de chocolate desequilibraría a nosa dieta. As actuais cifras de obesidade en adultos e nenos requiren que sexamos conscientes de que tomamos demasiado azucre (uns 100 gramos diarios). Debemos comprender a diferenza entre consumo ocasional (unhas poucas veces ao mes) e consumo habitual (varias veces por semana). No caso do chocolate de facer, un consumo ocasional permitiranos gozar do seu impagable sabor sen ningún remordemento.

En todo caso, segundo a Enquisa Nacional de Inxestión Dietética en España (ENIDE), os adultos españois toman, de media, 81 gramos de chocolate de facer ao mes. A iso convén sumar outros 73 gramos mensuais de chocolate negro e 14 gramos mensuais de chocolate con leite (ambos en forma de libra de chocolate).

Como se pode observar, non son cifras que lles preocupen ás autoridades sanitarias. Con todo, si é máis alarmante o consumo de chocolate e produtos con chocolate en nenos, tanto polo seu volume (están entre os alimentos que máis contribúen ao consumo de azucres en nenos) como polo feito de que case a metade dos nenos teñen exceso de peso. Unha recente investigación comprobou que, ao cabo do ano, os nenos chegan a consumir o seu peso en azucre, por iso é polo que convén enviar mensaxes de moderación sempre que esteamos ante un produto que contribúa á xa elevada cantidade de azucre que toman os nosos nenos.

Neste sentido, o chocolate xoga un papel importante na promoción dunha doenzacada vez máis frecuente: a carie dental. Case un de cada dez españois presenta algunha dificultade para comer por mor de problemas dentais.

A carie non só exerce dor ou problemas físicos ou mecánicos, tamén inflúe na comunicación e, non menos importante, na capacidade de alimentarse. E, tamén, na autoestima: unha boca cuns dentes cariados inflúe na aparencia externa. Algúns estudos relacionaron unha maior frecuencia de carie con certos trastornos sociais.

Por todo o anterior, tanto adultos como nenos deben cepillarse ben os dentes despois de consumir alimentos azucrados, como é o caso do chocolate (sexa á cunca, en forma de libras de chocolate ou de produtos con chocolate).

Semáforo nutricional

Para elaborar o semáforo nutricional, utilizáronse os tres tipos de chocolates de facer: os elaborados a partir de cacao en po con azucre, os que se fan a partir de chocolate en libra e os que se comercializan listos para tomar.

En materia de enerxía, o semáforo nutricional indica que un chocolate de facer elaborado con libras de chocolate ten unhas 80 quilocalorías máis que o resto. Isto débese ao seu maior contido en graxa (preto de dez gramos máis que o resto de preparacións).

Sexa como for, no apartado de enerxía, todos os produtos analizados destácanse cunha cor amarela, polo que non se debe abusar deste produto, sobre todo, se nos preocupa a evolución do noso peso ou se tentamos perder quilos.

A este respecto, os chocolates listos para tomar, a pesar de ter bastantes menos graxas que o resto (entre a metade e unha terceira parte), achegan case as mesmas calorías. A explicación ao seu baixo contido en graxas é que se elaboran con leite desnatado e contan cun similar contido calórico porque conteñen máis azucres que o resto de produtos. É posible que isto último o faga o fabricante para que o seu sabor non se vexa afectado pola menor proporción de graxas (os alimentos con máis graxas adoitan ser máis saborosos).

Pola súa banda, nos chocolates de facer elaborados con libras de chocolate, pódese observar un contido superior en graxas saturadas (no semáforo márcanse en laranxa). Con todo, os estudos realizados sobre o chocolate non observan prexuízos atribuíbles ás graxas saturadas deste alimento (hai distintos tipos de graxas saturadas e non todas exercen os mesmos efectos no organismo). De feito, cada vez máis investigacións sinalan que é mellor fixarnos no perfil xeral do alimento que nun nutriente concreto (salvo no caso de azucres e sal).

Na última década, numerosas investigacións confirmaron que os nutrientes máis implicados no risco de enfermidades crónicas relacionadas coa alimentación son o sal e o azucre. O sal non debe preocuparnos no caso do chocolate de facer, pero si o azucre. No semáforo, todos os produtos analizados etiquétanse cunha cor laranxa, o que alerta da alta porcentaxe de azucre que conteñen, maior nos chocolates listos para tomar, son en concreto 8 gramos máis por cunca (unhas dúas culleriñas de café).

Ningún dos chocolates analizados supón unha preocupación polo seu contido en sal.

En canto á fibra dietética, como o chocolate é un produto de orixe vexetal, presenta un contido moi interesante de fibra, que oscila entre un 5% e un 10% das recomendacións de inxestión.

Por último, o chocolate de facer, se se elabora con leite, é fonte de calcio, un nutriente coñecido polo seu papel na formación de ósos e dentes. Con todo, recentes estudos desmenten a crenza de que canto máis calcio, mellor para os ósos (en nutrición non sempre "máis é mellor"). Pola súa banda, se o chocolate de facer se elaborase sen leite e cunha alta proporción de chocolate, é posible que tamén sexa fonte de certos micronutrientes como selenio ou zinc.

A pesar diso, tanto nun como noutro caso os posibles beneficios vense escurecidos pola elevada achega de calorías e azucre do produto. Isto último, que pode resultar beneficioso en épocas de escaseza alimentaria, non o é no noso medio, no que un dos principais problemas nutricionais aos que nos enfrontamos é a obesidade tanto en adultos como en nenos.

Chocolate e cafeína

 

A cantidade de cafeína do chocolate preocupa a moitos pais e as mulleres embarazadas, pero o certo é que o seu contido en cafeína é moitísimo máis baixo que o presente no café ou nas chamadas "bebidas enerxéticas".

Así, mentres que unha cunca estándar de café exprés ou unha lata de 250 ml de bebida enerxética achegan entre 80 e 100 miligramos de cafeína, unha ración de chocolate de facer achega menos uns 20 miligramos de cafeína. Considérase que as embarazadas non deberían tomar máis de 4,6 mg de cafeína por kg de peso ao día , unha cifra que nos nenos diminúe a un máximo de 2,5 mg por kg de peso ao día .

É difícil que as embarazadas e os nenos superen estes límites a partir do chocolate. Con todo, as "bebidas enerxéticas" están desaconselladas tanto no embarazo como en menores de idade porque se sospeita que poidan exercer efectos adversos no feto ou en nenos ou adolescentes.

TáBOA COMPARATIVA

PRINCIPAIS PROPIEDADES DO CHOCOLATE DE FACER QUE NOS MOSTRA O SEMÁFORO NUTRICIONAL?*
UNHA RACIÓN: unha cunca ENERXÍA GRAXA GRAXAS SATURADAS SAL AZUCRES FIBRA
(kcal) %IR(1) (g) %IR(1) (g) %IR(1) (g) %IR(1) (g) %IR(1) (g) %IR(1)
EN PO IBERCACAO 191,2 9,6 6,3 8,9 3,9 19,5 0,2 3,3 21,5 23,9 2,1 8,8
PALADIN 229,0 11,5 6,4 9,1 3,9 19,5 0,3 5,0 29,0 32,2 Sen datos Sen datos
EN LIBRA NATRA 288,2 14,4 15,5 22,1 9,5 47,5 0,2 3,3 26,2 29,1 1,9 7,9
ALIPENDE 260,2 13,0 13,7 19,5 8,4 42,0 0,2 3,3 24,5 27,2 2,0 8,3
LISTO PARA TOMAR PULEVA 200,0 10,0 3,2 4,6 2,2 11,0 0,4 7,0 32,0 35,6 1,0 4,2
VALOR 190,0 9,5 1,4 2,0 0,8 4,0 0,2 3,3 34,0 37,8 Sen datos Sen datos
*Semáforo nutricional de 6 tipos de chocolate á cunca, segundo unha ración de consumo: unha cunca. (1) Indica a proporción achegada respecto da inxestión de referencia (IR) que unha persoa adulta necesita inxerir de cada nutriente: 2000 kcal, 70 g de graxa, 20 g de graxa saturada, 90 g de azucres, 6 g de sal e 24 g de fibra. O semáforo nutricional baséase nun sistema de cores: verde-baixa cantidade (a achega é menos do 7,5% da IR), amarelo-cantidade media (entre o 7,5% e o 20%) e laranxa-cantidade alta (máis do 20%).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto