Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Análise documental para elaborar unha radiografía do sector dos produtos agroalimentarios con calidade diferenciada (DOP e IXP): DOP e IXP, sinais de identidade, tradición e diversidade

175 produtos agroalimentarios en España contaban en 2013 co selo de calidade denominación de orixe e indicación xeográfica protexidas, sen contar os viños e outras bebidas alcohólicas

 

Os selos de denominación de orixe protexida (DOP) e indicación xeográfica protexida (IXP) dun produto agrario ou alimentario, ademais de asegurar e garantir produtos de calidade diferenciada, tamén informan sobre a súa orixe xeográfica, a súa tradición, as súas materias primas e, mesmo, os seus procedementos de produción, transformación ou comercialización. É dicir, outórganlle ao produto un valor singular.

Protexer as orixes e os métodos de elaboración dun produto foi un labor tradicional. As designacións xeográficas máis antigas xorden do viño e do aceite de oliva, debido á sensibilidade da vide e da oliveira ante as variacións dos factores naturais. Aínda así, para atopar a primeira denominación realmente protexida só hai que remontarse ao século XVII, en Francia, cando en 1666 o Parlamento de Toulouse promulga que "só existe un Roquefort, e é o que se cura en Roquefort desde tempos inmemoriais nas covas desta vila".

Porén, os conceptos "indicación xeográfica", "denominación de orixe" ou "procedencia xeográfica" non se recoñeceron, desde un punto de vista legal, ata ben entrado o século XX. Segundo Mercasa, ata entón, por exemplo, "podíase elaborar, e de feito facíase, queixo de Roquefort en España e viño de Xerez en Australia". No entanto, co desenvolvemento do Mercado Común esixiuse cumprir unha serie de normas e restricións con respecto ás denominacións dos alimentos.

Na actualidade, Mercasa contabiliza unhas 4000 denominacións no mundo, a maior parte sitúase en países da Unión Europea (UE). Os que máis teñen son Italia en primeiro lugar, Francia no segundo e España no terceiro. E é que este tipo de alimentos de calidade diferenciada contribúen á competitividade das industrias agroalimentarias e ao desenvolvemento e sustentabilidade do mundo rural e tamén promoven a imaxe dos produtos do país no exterior.

EROSKI CONSUMER quixo coñecer con profundidade a situación do sector dos produtos agroalimentarios (a excepción do viño, da sidra e das bebidas espirituosas) con selos de calidade diferenciada (DOP e IXP) no noso país. Para iso, realizou unha análise documental de informes elaborados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama), a empresa pública Mercasa e a asociación española de denominacións de orixe Orixe España, así como análises realizadas por expertos da Universidade Pablo de Olavide e o Instituto Internacional San Telmo, entre outros.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto