Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Análise documental para elaborar un diagnóstico sobre a situación da publicidade dos alimentos no noso país: A ameaza da confusión na publicidade dos alimentos

Os expertos consideran que a publicidade dos alimentos introduce conceptos confusos, malia que a lei e os códigos éticos tratan de protexer os consumidores

Estratexias fronte á normativa

As estratexias

 

A ENS di que "os anuncios televisivos foron considerados tradicionalmente a principal estratexia de mercadotecnia de comidas e bebidas". Pero xurdiron outros medios, como a información rechamante no envoltorio dos alimentos, a publicidade subliminar a través da inserción de produtos (en programas de televisión e videoxogos), o uso de internet, os patrocinios, as promocións, os premios e a publicidade localizada en eventos e espazos de interese, como acontecementos deportivos ou colexios etc.

No libro Consume e cala, a psicóloga experta en trastornos alimentarios da conduta, Ana Isabel Gutiérrez, expón algúns dos trucos que utilizan as empresas na venda dos seus produtos alimentarios: xogar coa sintaxe, coas palabras ou coas imaxes para orientar a mensaxe que se lle quere emitir ao consumidor. "Se mentres lles anuncio algo acariño cun sorriso a miña barriga e lles digo que me sinto lixeira, vostedes que entenden?".

A asociación ecoloxista VSF Xustiza Alimentaria Global destaca 9 reclamos publicitarios moi concretos: "natural", "enriquecido", "artesán", "san", "propiedades milagrosas", "tradicionais", "caseiro", "0 %" e "lixeiro". Sobre o concepto "natural", o nutricionista Julio Basulto explica que "mentres que a poboación asocia a palabra 'natural' a algo saudable, o certo é que o fabricante pode utilizala nun extracto dunha planta que sufriu unha infinidade de modificacións físicoquímicas, pero cuxa orixe é, de forma indiscutible, a natureza". Lembra que, segundo o Grupo de Revisión e Posicionamento da Asociación Española de Dietistas Nutricionistas (GREP-AEDN), unha das características que define os produtos fraudulentos é que conteñan "afirmacións que suxiren que o produto é seguro, xa que é 'natural'". Pero insiste en que "unha alimentación equilibrada é como un abrazo, non precisa palabras comodín para que saibamos que é saudable".

Á súa vez, diferentes blogs de expertos nutricionistas consultados destacan decenas de exemplos de frases, denominacións de produto e expresións confusas. Por exemplo, "máis saudable ca...", "aceite de orixe vexetal", "patacas non transxénicas" etc. E a ENS engade outras frases publicitarias de éxito sobre a forma artesanal na elaboración dos produtos, como "os biscoitos da avoa", "feito coma noutros tempos", "cociña elaborada con acougo e tranquilidade" etc.

Gutiérrez apunta que a maioría das trampas se esconden detrás dun asterisco ou na letra pequena; "os anuncios non menten, esconden a verdade tras letras diminutas".

A norma

Para controlar o mal uso da mercadotecnia nutricional e os seus efectos nos hábitos alimentarios e na saúde da poboación, a Comisión Europea aprobou en 2006 o Regulamento CE) n.º 1924/2006, relativo ás declaracións nutricionais e de propiedades saudables nos alimentos.

Varios dos autores do monográfico da ENS levaron a cabo en 2012 un exhaustivo estudo titulado "Uso da mercadotecnia nutricional en produtos anunciados por televisión en España". E concluíron que "o incumprimento dos requisitos do regulamento en determinados tipos de alegacións nutricionais, a presenza habitual de alegacións de saúde non autorizadas e o perfil nutricional menos saudable da maioría de produtos con alegacións nutricionais e/ou de saúde poderían estar inducindo a erro aos consumidores españois".

En concreto, entre outras comprobacións, observouse un nivel elevado e preocupante de incumprimento (do 75 %) da alegación relativa a produtos "lixeiros" e que un terzo dos produtos coa alegación nutricional sobre "baixo contido en sal" tampouco cumpría o regulamento. Así mesmo, os lácteos, indícase que algúns alimentos da base da pirámide alimentaria (pan, arroz, galletas e cereais de almorzo) e os caldos, salsas e aliños son os produtos que recorren con maior frecuencia á mercadotecnia nutricional.

Por todo iso, a ENS recomenda "monitorizar de forma sistemática o grao de cumprimento do regulamento europeo e introducir o uso dos perfís nutricionais para determinar os produtos susceptibles de levar alegacións nutricionais e/ou de saúde".

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto