Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: pizzas: Pizzas, sabor redondo de Italia sobre a mesa

Débense consumir esporadicamente, pero hai opcións máis saudables, como as pizzas caseiras se se elaboran con fariña integral, sen queixo (ou con moi pouco), sen embutido e con pouco sal, preferentemente iodado

 

Cada segundo consómense 350 porcións de pizza e, cada ano, véndense cinco mil millóns de pizzas no mundo. Con estes dous datos é doado entender que a receita máis representativa de Italia, a pizza, non é un alimento calquera. En realidade, aínda que a palabra "pizza" se documentou por primeira vez en Italia (no ano 997 despois de Cristo), hai rexistros de produtos moi similares desde a época neolítica. Sabemos que os antigos exipcios, romanos e gregos xa cociñaban pans planos aderezados con diversos ingredientes. Os antigos gregos, por exemplo, elaboraban un pan plano chamado plakous que condimentaban con herbas, cebola e allo, mentres que os etruscos cociñaban a focaccia, outro pan plano que cubrían con olivas, entre outros ingredientes.

A historia da alimentación en España, de feito, tamén conta con elaboracións relacionadas, como a coca (doce ou salgada), típica en Cataluña, Valencia e as Illas Baleares. É máis, se revisamos documentos sobre historia de alimentación noutras partes do mundo, tamén atoparemos alimentos moi similares, tanto en diversos países de Europa coma noutros continentes.

En todo caso, na historia da pizza existe unha data que é imprescindible mencionar: 1889. O 11 de xullo dese ano, a reina consorte de Italia, Margarita de Saboya, visitou Nápoles. Quizais aburrida da alta cociña francesa, pediu consumir o mesmo ca os seus súbditos. Nada mellor para iso que acudir á pizzería Brandi, onde o cociñeiro Raffaele Esposito creou unha pizza con guarnición de tomates, mozzarella e alfábega, que representaba as cores da bandeira italiana. Unha pizza que a raíña Margarita, ao parecer, saboreou con fruición. Desde entón, esa pizza tomou o seu nome, a coñecida pizza Margarita, e é moi probable que a bendición da raíña supuxese un antes e un despois na historia da pizza italiana. Malia todo, non foi ata a década de 1940 cando a pizza traspasou as fronteiras de Italia, a xulgar polos datos que recolleu a profesora de historia Carol Helstosky no seu libro Pizza: unha historia global.

A autenticidade

A primeira pizzería, tal e como as coñecemos hoxe en día, chamábase Antica Pizzeria Port'Alba. Creouse en Nápoles en 1738 como apoio aos vendedores ambulantes de pizza, aínda que non foi inaugurada de forma oficial ata o ano 1830, no centro da cidade. Como a maioría dos seus clientes eran persoas humildes, as pizzas tiñan poucos ingredientes, a diferenza do que acontece hoxe en día.

Outra pizzería importante é Da Michele, tamén situada en Nápoles e fundada pouco despois, en 1870. Tanto neste coma noutros locais "puristas" só nos servirán dous tipos de pizza. A razón atopámola na propia páxina web de Da Michele. Alí, tras informar de que cinco xeracións de mestres pizzeiros seguiron a tradición e as instrucións do fundador, o avó Michele, sinalan de forma categórica que só hai dous tipos de pizza napolitana, a Margarita e a Mariñeira, e que na súa elaboración non se debe usar "lixo", xa que iso "podería alterar o seu sabor e a súa autenticidade mundialmente famosa".

Estas dúas pizzas, as preferidas por moitos italianos, son pratos ben sinxelos, coma nos seus inicios. Xa se mencionaron os (poucos) ingredientes básicos da pizza Margarita. A Mariñeira non contén moitos máis: recheo de tomate, ourego, allo e aceite de oliva virxe extra. O seu nome xustifícase porque era a pizza que lles preparaban as donas dos mariñeiros aos seus homes cando regresaban de pescar na baía de Nápoles.

A autenticidade é un asunto moi serio na gastronomía tradicional. E a pizza non é a excepción a esta regra. Existe, de feito, unha asociación que establece unha serie de regras moi concretas para elaborar unha auténtica pizza napolitana, a Associazione Verace Pizza Napoletana (Asociación da Verdadeira Pizza Napolitana). Fundada en 1984, selecciona pizzerías en todo o mundo que elaboran "verdadeiras pizzas napolitanas" e difunden a súa filosofía. O seu labor deu froitos. Anos despois, en 2009, a pizza napolitana foi recoñecida especialidade tradicional garantida pola Unión Europea.

E en España?

 

En España consumimos, sen dúbida, moita menos pizza ca en Italia. Existen datos que cifran en case 500 euros o que gasta anualmente un italiano medio en pizzerías, catro veces máis do que gastan os norteamericanos, que tamén son grandes consumidores de pizza.

En España, estamos lonxe desas cifras. Un dato revelador é o que observou un estudo levado a cabo pola consultora DBK en 2013. A súa avaliación constatou que o peche de locais e a tendencia á baixa na facturación media é moi habitual nas pizzerías españolas. O informe cifrou en 1130 as pizzerías presentes en España, moitísimas menos ca en Italia, que conta con máis de 25.000 destes locais, que facturan cada ano 5,3 millóns de euros. É certo que en Italia hai máis habitantes ca en España (60 millóns en Italia, fronte aos 47 millóns que hai España), pero a diferenza non se xustifica por este detalle. En proporción, en España debería haber unhas 20.000 pizzerías, unha cifra moi afastada das pouco máis de 1000 que temos no noso país.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto