Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

ENQUISADAS MÁIS DE 1500 PERSOAS MAIORES DE 16 ANOS PARA COÑECER O SEU COMPORTAMENTO CON RESPECTO Á INFORMACIÓN ALIMENTARIA QUE SE FACILITA A TRAVÉS DOS ALIMENTOS: Etiquetaxe de alimentos: novidades que pasan inadvertidas

Un 63 % dos consumidores consultados non percibiu os cambios introducidos pola normativa europea

 

A información nutricional deixou de ser voluntaria e subiu de categoría. Desde decembro de 2016, o Regulamento 1169/2011 obrigará a incluíla en todos os produtos alimenticios, incluídos aqueles que producen empresas de cátering e os comercializados a distancia.

E a que tipo de datos se refire? Ao número de calorías ou á cantidade de carbohidratos de carbono, azucres, proteínas, sal ou graxas saturadas; información que se debe expresar por 100 gramos ou 100 mililitros. Ademais, a etiqueta debe ofrecer a cantidade diaria que é recomendable tomar dun nutriente determinado, o que permite calcular canto se está consumindo e o que falta para chegar á cifra aconsellada.

Pero a información nutricional non é o único aspecto da etiquetaxe que vai cambiar. A nova regulamentación leva incorporando novidades desde hai pouco máis dun ano, co fin de lograr unha etiquetaxe máis clara. Algunhas delas son o tamaño da letra, a procedencia da materia prima e a introdución da información sobre alérxenos na lista de ingredientes.

A introdución destas modificacións levou a Hispacoop (a Confederación Española de Cooperativas de Consumidores e Usuarios á que pertence a EROSKI) a estudar o comportamento dos consumidores con respecto á información alimentaria que se facilita a través dos alimentos. O obxectivo era saber o nivel de coñecemento dos cambios realizados na normativa aplicable a todos os alimentos destinados ao consumidor (baseada no Regulamento europeo n.º 1169/2011, do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de outubro de 2011, sobre información alimentaria facilitada ao consumidor).

Así, o "Estudo do comportamento do consumidor sobre a información alimentaria" recolle os resultados dun total de 1511 entrevistas a responsables de compras do fogar en España, realizadas entre outubro e novembro de 2015. Delas, 1000 foron telefónicas e 511 obtivéronse, en liña, a través da plataforma web de EROSKI CONSUMER (www.consumer.es). A mostra total distribuíuse por sexo, idade (maiores de 16 anos), hábitat e comunidade autónoma (as 17 e as 2 cidades autónomas).

Conclusións xerais

No momento da enquisa, comprobouse que o 63 % das persoas consultadas non percibira cambios na etiquetaxe e tamén se observou que algúns dos aspectos que introduce o novo regulamento non son moi coñecidos. Por exemplo, no que se refire á información de alimentos non envasados que se consomen nos establecementos fóra do fogar; case sete de cada dez responsables de compra enquisados non sabían que se pode acceder á información obrigatoria de todos os alimentos envasados ou sen envasar.

Malia todo, do estudo despréndese que o consumidor responsable das compras do fogar lle dá moita importancia á información alimentaria, a pesar de que un de cada cinco enquisados non lea a información que aparece nos envases dos alimentos.

Por regra xeral, os enquisados continúan fixándose especialmente nas datas de caducidade e de consumo preferente. Con todo, comprobouse que dous de cada cinco tamén len a etiquetaxe para ver as características dos alimentos e procuran elixir produtos baixos en sal, lixeiros etc.

Por último, case a metade dos responsables da compra enquisados teñen problemas coas condicións de lexibilidade das etiquetas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto