Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Análise documental para coñecer como é a actividade do consumidor en materia de reclamacións e solicitudes de información: Os consumidores realizan máis de 3000 queixas e consultas ao día

Os sectores máis activos son os relacionados cos servizos financeiros e a telefonía

 

Chegou o Nadal, unha das etapas do ano en que o consumo se dispara. Sexa polo que for, nesta época do Nadal, os consumidores despréndense cunha maior alegría dos seus aforros. Un estudo sobre comercio do Nadal elaborado pola consultora Deloitte estima que, este ano, cada español gastará unha media de 684 euros, un 10 % máis do que se prevía para o ano pasado.

Nesta época de consumo, moitas veces desmedido, convén lembrar que as decisións de consumo (actos de compra e uso do día a día) repercuten na calidade de vida do cidadán. É máis, segundo a presidenta do Consello de Consumidores e Usuarios (CCU), Manuela López Besteiro, realizar un consumo racional favorece a necesaria transparencia do mercado, "como regulador dos prezos e tamén como índice, causa e consecuencia do crecemento económico dun país".

Así, os consumidores deben ser críticos, activos e responsables. Un consumidor máis preparado e informado é un consumidor en alerta que realizará eleccións de consumo máis seguras e baixo criterios de responsabilidade e sustentabilidade. Por tanto, debe saber que os seus dereitos están protexidos polo artigo 51 da Constitución española, pola Lei xeral para a defensa de consumidores e usuarios e polas normas de protección do consumidor promulgadas polas comunidades autónomas en función das súas competencias.

Coñecer actitudes

Neste sentido, EROSKI CONSUMER quixo indagar na actitude combativa e de consulta do consumidor en materia de consumo para coñecer as súas percepcións e conflitos sobre os bens e servizos que recibe. Para iso, utilizáronse diversas fontes: a Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan); o Instituto Nacional de Consumo (INC); o Consello de Consumidores e Usuarios (CCU) e as diferentes organizacións de consumidores, entre outras entidades.

Ademais, para evitar o gasto incontrolado no Nadal, EROSKI CONSUMER quixo lembrarlles aos consumidores unha serie de consellos destinados a promover un consumo responsable, razoable, sustentable e solidario.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto