Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Lorena Cobas, responsable de emerxencias de Unicef Comité Español: "O conflito de Siria afecta a máis nenos e nenas ca nunca"

 

Para Lorena Cobas, responsable de emerxencias do Comité Español do Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef), o conflito de Siria provocou unha crise de infancia. Despois de case cinco anos dun conflito de violencia extrema, o número de nenos e nenas afectados multiplicouse por quince e máis de sete millóns e medio necesitan axuda humanitaria na actualidade. Por iso, Unicef centrou os seus esforzos en mellorar e fortalecer os servizos básicos dentro de Siria, nos países veciños aos refuxiados e migrantes que xerou o conflito e, nos últimos meses, tamén en Europa.

Por que xurdiu esta crise dos refuxiados sirios?

Siria leva case cinco anos vivindo un conflito de violencia extrema. Decenas de miles de persoas morreron e millóns tiveron que fuxir dos seus fogares e de escolas e hospitais, xa que tamén foron obxecto directo dos ataques. Comunidades enteiras están illadas e sen acceso a necesidades básicas como comida e auga. A única opción para sobrevivir que lles queda ás familias sirias é fuxir dos seus fogares e cruzar as fronteiras coa esperanza de atopar un refuxio de paz e esperanza nos países máis próximos ou, como ocorre nos últimos meses, en Europa.

Por que se subliña tanto a palabra "refuxiado"?

Para Unicef, trátase dunha crise de refuxiados e migrantes, e o obxectivo é cubrir todas as situacións das persoas que se desprazan a outro país e que non quede ningún neno ou nena sen atender. Refuxiado é toda persoa que foxe do seu país para escapar da guerra ou da persecución. Poden solicitar asilo político, xa que o estatuto de refuxiados está recoñecido na lexislación internacional. Migrante é calquera persoa que se move dun país a outro, pero que non foxe dunha persecución ou guerra. Os migrantes poden fuxir da pobreza ou simplemente desprázanse para unirse, por exemplo, a familiares que migraron anteriormente.

Como afecta isto os dereitos da infancia?

As ameazas durante o desprazamento danse tanto se son refuxiados coma migrantes. A maioría das violacións dos dereitos dos nenos e nenas ocorren cando se atopan atrapados, nun campo de refuxiados, en terra de ninguén, nun limbo legal, nas fronteiras, sen identidade.

Os nenos volven ser, de novo, os máis necesitados. Como sofren esta crise?

En case cinco anos de conflito están afectados máis nenos e nenas ca nunca. A cifra multiplicouse por 15; un total de 7,6 millóns necesitan axuda humanitaria, fronte aos 500.000 de 2012. Máis de dous millóns permanecen dentro de Siria baixo asedio ou en zonas difíciles de alcanzar. En 2014, rexistráronse 60 ataques a escolas no país e 5000 xa non se poden utilizar con esa función. As comunidades de acollida nos países veciños

Que está a facer Unicef ante esta situación?

Sen o final do conflito á vista, ademais da axuda humanitaria, Unicef está proporcionando unha resposta sustentable e a longo prazo ás necesidades da infancia afectada. Poñemos o foco no apoio aos sistemas de infraestruturas e á súa mellora, como a instalación da rede de auga ou a construción de plantas de auga. En protección infantil, centrámonos no fortalecemento dos servizos dentro de Siria e nos países veciños que acollen refuxiados. Nos últimos meses, tamén está a atender as necesidades dos refuxiados e migrantes en Europa. Para iso, están a establecerse Espazos Amigos da Infancia nas fronteiras para ofrecer apoio psicosocial, fortalecendo os sistemas de reunificación familiar e fornecendo auga potable, alimentos suplementarios e roupa, alén doutros bens para afrontar o inverno.

Como se pode axudar neste labor?

Os consumidores que queiran apoiar os nenos e nenas que sofren as consecuencias desta crise de refuxiados e migrantes poden facer unha contribución a UNICEF. Teñen toda la información na nosa páxina web: www.unicef.es.

Que mensaxe lle daría a quen aínda non percibe a gravidade deste problema?

Esta é unha crise da infancia, xa que a metade dos afectados son nenos e nenas que nada teñen que ver co conflito, pero que viven de maneira moi dura os seus efectos. Agora máis ca nunca é fundamental que non abandonemos estes nenos e nenas, antes de que eles mesmos abandonen a esperanza.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto