Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: aceites vexetais: Aceites vexetais, máis alá do aceite de oliva

Compatibles cunha dieta sa, os aceites vexetais conteñen diferentes tipos de vitaminas e antioxidantes coma os ácidos graxos omega-3 e omega-6 e vitamina E

 

A ciencia da nutrición avanza a pasos axigantados, un feito que moitas persoas miran con escepticismo, cando en realidade son avances que traen consigo boas noticias para a nosa saúde. Un dos progresos en investigación máis salientables dos últimos anos é o que conclúe que os aceites vexetais que antes se miraban con receo por parte dos expertos en nutrición, coma o aceite de xirasol, hoxe considéranse absolutamente compatibles cunha dieta sa.

Aceite de oliva: san, non milagroso

Un dos emblemas da dieta mediterránea tradicional é, sen dúbida, o aceite de oliva. Son numerosos os estudos que relacionan o aceite de oliva con posibles melloras para a saúde. No entanto, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA, nas súas siglas en inglés), que é a axencia que determina se se lle pode outorgar ou non a un alimento unha declaración de saúde, só permite acompañar o aceite de oliva da seguinte afirmación: "Os polifenois do aceite de oliva poden protexer o colesterol sanguíneo da oxidación". Para iso, o aceite debe achegar un mínimo de cinco miligramos de hidroxitirosol (un tipo de polifenol) en cada 20 gramos de aceite de oliva.

Así, a EFSA non autoriza acompañar en Europa o aceite de oliva de afirmacións como as seguintes: "promove a saúde do corazón", "regula as concentracións de triglicéridos", "mantén en cifras normais o colesterol ou a glicosa sanguínea" ou "protexe a pel do dano producido polos raios ultravioleta do sol". E non o autoriza por que non hai probas fidedignas que avalen estas declaracións. É máis, segundo sinalou na revista Atherosclerosis, en novembro de 2013, o doutor Antonis Zampelas, da Unidade de Nutrición da Universidade de Atenas, é probable que os beneficios da dieta mediterránea sobre os niveis de colesterol se deban máis aos froitos secos que ao aceite de oliva.

En todo caso, dado que o aceite de oliva é rico en certos nutrientes, como a vitamina E, é posible que leamos na súa etiqueta as funcións que exercen estes nutrientes no noso organismo. Nin tales declaracións, nin outras que enxalcen en exceso os posibles beneficios do aceite de oliva para a saúde (algo frecuente por parte dos medios de comunicación ou dalgúns profesionais sanitarios), deben traducirse en desequilibrios dietéticos. Precisamente, a Academia de Nutrición e Dietética dos Estados Unidos móstrase preocupada coa actual esaxeración de propiedades que adoita acompañar o aceite de oliva, tal e como indica nun documento de postura relacionado coas graxas dietéticas, e publicado en 2014 na revista Journal of the Academy of Nutrition and Dietetics.

En resumo, mentres que ninguén dubida que o aceite de oliva pode ser beneficioso para a saúde (sobre todo se se usa en substitución de graxas animais), non é adecuado considerar que por si só basta para mellorar un patrón dietético desequilibrado. Do mesmo xeito, tampouco responde á realidade científica concluír, a partir dos estudos dispoñibles, que outros aceites sexan prexudiciais ou que non poidan exercer beneficios similares aos que se lle atribúen ao aceite de oliva.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto