Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Juan Lerma, presidente da Confederación de Sociedades Científicas de España: "A experimentación con animais é necesaria"

 

Juan Lerma, defensor da experimentación con animais e presidente da Confederación de Sociedades Científicas de España, defínese como un ?biólogo de bata máis ca de bota". E é que é no laboratorio onde este alacantino atopa o hábitat natural para a súa vocación: o estudo do cerebro humano. Aínda que lle gusta ir ao campo, o tamén presidente da Sociedade Española de Neurociencia recoñece que non compartiu xamais a súa casa cun animal. ?Nunca tiven mascotas nin o pensei", di. Lerma coordinou un extenso traballo chamado O uso de animais na investigación científica, publicado en febreiro de 2015, no que científicos españois defenden a experimentación con animais.

Os dereitos animais deben ser similares aos humanos?

Non. Un animal é un animal e un humano é un humano. Non hai que mesturar unha cousa coa outra. Os animais teñen dereitos, pero non son os mesmos ca os dos humanos. Aínda que isto non significa que non haxa que respectalos, querelos e coidalos.

O dereito español di que os animais son cousas, bens susceptibles de apropiación e de libre disposición por parte dos seus propietarios.

Hai dous planos distintos. Un é o dos animais de compañía. E outro, o dos animais utilizados en experimentación. Por iso, a lexislación tamén debe ser diferente. O uso de animais na ciencia está extremadamente regulado, moito máis que a relación do humano cos cans e cos gatos domésticos. A normativa europea especifica como han de ser tratados, alimentados e coidados; que anestesia está permitida e como han de ser sacrificados. Todo está regulado. Tamén o número de animais que pode usarse en cada experimento, non se poden usar máis dos necesarios.

É necesario experimentar con animais para o avance científico en áreas como a saúde e o tratamento de enfermidades?

A sociedade e o medicamento moderno avanzaron ata os niveis de benestar actuais grazas á experimentación con animais. Neste momento, é imprescindible usar animais, especialmente na investigación do cerebro. Reproducir o cerebro nunha placa Petri é imposible.

En España, empréganse 920.000 animais con fins científicos e docentes cada ano, segundo o Ministerio de Agricultura. O 85 % son roedores, ratos e ratas. Tamén hai coellos, cans, cabalos e asnos, gatos e porcos. Están estes animais protexidos contra os malos tratos?

Si, están protexidos contra os malos tratos. Non se lles infrinxe dor e hai un comité ético que debe aprobar o experimento. Ademais, canto máis evolucionado é un animal e máis sensible é á dor, tamén os requisitos do experimento se fan máis estritos. Alen disto, hai que aclarar que os animais que se utilizan en experimentación científica non son collidos da rúa. Son animais que creceron en catividade para este fin. Se alguén usa un mono, non vai buscalo á selva. Primeiro, o mono, o can ou o gato de laboratorio non teñen o concepto de liberdade que ten o ser humano. E, segundo, non o coñece. Para un rato que naceu nun animalario, o seu espazo natural é a súa gaiola. Ademais, estes animais están controlados por veterinarios, chamados responsables de benestar animal, que vixían que non se estresen e que non sufran.

Os científicos españois defenderon a experimentación con animais cun traballo chamado O uso de animais na investigación científica, publicado en febreiro pola Confederación de Sociedades Científicas de España e no que participaron expertos do CSIC e de universidades españolas.

O traballo xorde porque hai descoñecemento e como resposta ás correntes animalistas europeas que queren a fin da experimentación con animais. En primeiro lugar, queriamos aclarar que a regulación científica en experimentación animal é moi estrita e que inclúe principios morais. En segundo lugar, que os animais que se utilizan son especificamente criados para este fin. E, en terceiro lugar, que non son tantos e cada vez son menos. A ciencia reduce o número de animais utilizados cada ano, grazas ao desenvolvemento de novas técnicas, como as liñas celulares.

Os investigadores empregaron 920.000 animais en 2013, un terzo menos ca en 2009, segundo o Ministerio de Agricultura. Está a favor de reducir o número de animais dos laboratorios e de que a ciencia sexa cada vez menos tendente á experimentación con vidas?

Completamente. En experimentación animal, utilizamos a seguinte regra: reducir o número de animais, refinar os métodos utilizados para mellorar o benestar animal e substituír por cultivos celulares, cando é posible. Os científicos tentamos reducir o número de animais utilizados día a día.

Os filósofos, xuristas e etólogos autores do ensaio O dereito dos animais polemizan sobre os malos tratos animais, sobre o seu estatuto xurídico en España e sobre os experimentos con animais nos laboratorios. Que opina vostede disto?

Cada un pode ter as crenzas que considere e defendelas. Pero débense respectar as dos demais porque a experimentación con animais é, neste momento, necesaria. E tamén hai que actuar dentro da legalidade. Hai activistas de boa condición e outros que non o son tanto.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto