Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Análise documental para coñecer o panorama internacional e nacional da natalidade: Natalidade en caída libre

En España, pasouse dos 18,7 nacementos por cada 1000 persoas en 1976 aos apenas 9 de 2014. Os expertos urxen políticas de apoio á fecundidade, como redistribuír os custos dos fillos, e como reformar a xornada laboral e reformular a política dos permisos de paternidade e maternidade.

 

A natalidade é, hoxe en día, un motivo de preocupación no noso país. Desde hai décadas, non se cumpre coa taxa de substitución: 2,1 fillos por muller, o índice de fecundación mínima necesaria para que unha poboación se manteña no tempo sen que diminúa o seu volume.

Unha adecuada taxa de fertilidade permítelles ás sociedades manter o seu nivel de benestar e crecemento económico. Segundo o economista Paul Wallace, "o principal investimento de calquera sociedade debe ser na súa propia substitución". E é que se os índices de fecundidade caen dunha forma constante, o envellecemento da poboación pode ter un efecto negativo no crecemento do PIB. España é un caso extremo, posto que as taxas de natalidade non cesan de baixar e calcúlase que o cociente de dependencia da poboación maior se incrementará aproximadamente nun 140 % no ano 2050.

Por outra banda, a natalidade é fundamental para o ser humano porque non hai que esquecer que ter fillos é un desexo vital para gran parte da poboación. De feito, as preferencias dos cidadáns nos países avanzados sitúanse ao redor dos dous fillos ou máis. Pero están a producirse diferenzas importantes entre o número de fillos que se teñen e os que se desexaría ter. En España, por exemplo, un 30 % das mulleres vense obrigadas a conformarse con ter un só fillo.

Ante esta situación, EROSKI CONSUMER quixo coñecer de primeira man cales son os datos estatísticos que debuxan o panorama da fertilidade no mundo e, máis concretamente, en territorio español; datos que permiten realizar unha retrospectiva do problema da natalidade. Para iso, revisáronse varios estudos publicados en datas recentes por diversas entidades internacionais (Nacións Unidas e o Banco Mundial de datos) e tamén nacionais (o Instituto Nacional de Estatística, INE), entre outras.

A conclusión principal é que os países avanzados están a perder natalidade, e España atópase entre eles. Malia todo, algúns países europeos xa tomaron medidas para reverter esta tendencia; de feito, conseguiron manter unha taxa de fecundidade equilibrada.

Non é o caso do noso país, onde se seguen mantendo taxas persistentemente baixas, sen que se tomen medidas para evitalo. Por iso, os expertos urxen políticas de apoio á fecundidade porque, de seguir así, o futuro non é nada alentador.

TÁBOA COMPARATIVA

Evolución dos nacementos, a natalidade e a fecundidade en España
Anos Nacementos Taxa bruta de natalidade Indicador conxuntural de fecundidade (número de fillos por muller)
1976 677.456 18,7 2,80
1981 533.008 14,1 2,03
1986 438.750 11,4 1,56
1990 401.425 10,3 1,36
1995 363.469 9,2 1,17
2000 397.632 9,9 1,23
2001 406.380 10,0 1,24
2002 418.846 10,1 1,25
2003 441.881 10,4 1,30
2004 454.591 10,6 1,32
2005 466.371 10,6 1,33
2006 482.957 10,8 1,36
2007 492.527 10,9 1,38
2008 519.779 11,3 1,44
2009 494.997 10,6 1,38
2010 486.575 10,4 1,37
2011 471.999 10,1 1,34
2012 454.648 9,7 1,32
2013 425.715 9,1 1,27
2014 426.303 9,1 1,32
FONTE: Instituto Nacional de Estatística (INE).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto