Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: bebidas vexetais: Bebidas vexetais: sucedáneos milenarios

O calcio, a fibra e as graxas saturadas son os tres nutrientes que marcan a diferenza entre este tipo de bebidas e o leite de vaca tradicional

 

As bebidas vexetais son extractos líquidos de legumes (como a soia), froitos secos (como as améndoas) ou cereais (como a avea). De xeito resumido, o proceso de elaboración consiste en remollar o gran, en moelo e en coalo para obter un líquido cun valor nutritivo variable en proteínas, graxas, carbohidratos, vitaminas e minerais, en función do sistema de obtención e da materia prima utilizada. Con frecuencia, os fabricantes engaden nutrientes tras a súa elaboración para intentar asemellar a súa composición á do leite de vaca. É por iso que estas bebidas se denominan en ocasións "sucedáneos do leite de vaca". No caso da orchata, que provén dun tubérculo (a chufa), engádese unha cantidade bastante elevada de azucre. Por este motivo, e tamén porque a súa composición nutricional se afasta moito da do leite de vaca, non se incluíu na análise da presente guía.

A orixe, nun muíño milenario

As bebidas vexetais non son novas. Moi pola contra, a súa historia parece remontarse a 200 anos antes de Cristo, a xulgar polo achado dun muíño de pedra que se usaba para extraer o líquido da soia remollada. O muíño atopouse en Huainam (China) e pertenceu á dinastía Han Occidental. Así, a historia das bebidas vexetais conta con máis de 2000 anos, aínda que non se popularizaron en Occidente ata o século XIX.

 

Por suposto, fixo falta máis ca un muíño para estender a súa popularidade. O éxito da bebida de soia (que de forma indirecta produciu un incremento no consumo do resto de bebidas vexetais) aumentou grazas a un novo método de procesamento desenvolvido no século XX, que reduciu o forte sabor da bebida, desagradable para a maioría dos occidentais. En canto ao leite de améndoas, sábese que era moi consumido na Idade Media, tanto no mundo islámico coma no cristián.

Na actualidade, os consumidores somos cada vez máis proclives a comprar substitutos do leite de vaca, como as bebidas de soia, de avea ou de améndoas. Aínda que antes do ano 2000 da nosa era xa as consumiamos, desde esta data ata a actualidade, a inxestión destes produtos multiplicouse, como mínimo, por dous.

A oferta non cesa de aumentar e de diversificarse. Mentres que hai uns poucos anos estes produtos só podiamos atopalos en cooperativas de alimentos naturais e en tendas de dietética, hoxe podemos adquirilos en supermercados convencionais. Así mesmo, o colectivo de persoas interesadas nestas bebidas é moito máis amplo. Antes, eran os vexetarianos ou as persoas con algún tipo de alerxia os seus case exclusivos usuarios, cando hoxe por hoxe os consome boa parte da poboación.

O incremento de persoas vexetarianas ou semivexetarianas, así como un aumento nos diagnósticos (e tamén autodiagnósticos) de alerxias e intolerancias alimentarias, como a alerxia á proteína do leite de vaca ou a intolerancia á lactosa, favoreceron tamén a súa presenza no mercado.

Pero ademais do sabor e das alerxias e intolerancias, é preciso citar un factor determinante no éxito das bebidas vexetais: a crenza cada vez máis estendida (aínda que moi pouco xustificada) de que o leite de vaca é un dos alimentos máis implicados nas actuais taxas de enfermidades crónicas e tamén en doenzas de menor calado, como as mucosidades.

Malia que se demostrou de forma fidedigna que leite e mucosidades non gardan relación e malia que existen poucos datos científicos rigorosos que relacionen o leite con enfermidades agudas ou crónicas, os medios de comunicación, algúns sectores interesados e certos personaxes pouco formados, pero moi mediáticos, contribuíron á difusión da opinión de que "o leite de vaca é nocivo". Unha opinión infundada.

Nin elixires nin velenos: o peso dos mitos dietéticos

A bebida de soia é a máis popular, en parte porque a súa composición nutricional é bastante similar á do leite de vaca, salvo polo seu contido en calcio; é por iso polo que se adoita enriquecer con este nutriente. Séguena de preto as bebidas de avea e de arroz.

 

Aínda así, é preciso mencionar que nos Estados Unidos, en 2013, aconteceu algo inesperado, e é que o consumo de bebidas de améndoas superou o das bebidas de soia. É moi probable que isto teña que ver non tanto cuns supostos beneficios para a saúde atribuíbles ás bebidas de améndoas, senón con algo similar ao que acontece co leite de vaca, que moitas persoas cren, de xeito infundado, que a soia é perigosa para a saúde. Non obstante, os estudos mostran unha e outra vez que a inxestión de derivados de soia (bebida de soia, tofu, tempeh etc.), ademais de ser de todo segura, podería exercer determinados beneficios para a saúde.

Existen infinidade de mitos dietéticos en relación coas bebidas vexetais. Un exemplo claro é o que acontece coas bebidas de soia ás que se lles atribúen tanto proverbiais beneficios (curar a obesidade ou tratar as enfermidades cardiovasculares), coma maléficas consecuencias (cancro de tiroide, osteoporose etc.). O certo é que o consumo de derivados de soia non mostrou grandes melloras para a saúde, nin tampouco o incremento do risco de sufrir patoloxías.

Ao leite de améndoas, pola súa banda, atribúeselle a capacidade de mellorar a dixestión ou de mellorar as cifras de colesterol sanguíneo, cando os estudos científicos ben deseñados en humanos non o sustentan.

O mesmo pode dicirse doutras bebidas vexetais e de diversas patoloxías ou doenzas. Nin son a clave dunha dieta sa, nin son a causa de enfermidades agudas ou crónicas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto