Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Análise do gasto familiar en 17 comunidades autónomas, así como da renda media percibida e das carencias materiais dos fogares: O gasto familiar crece timidamente por primeira vez en seis anos

Cada fogar desembolsou, en 2014, unha media de 27.000 euros e o 59 % destinouno a vivenda, a alimentación e a transporte

 

Tras unha crise económica complexa e moi longa, as familias parece que respiran de novo con algo máis de liberdade e que activaron o seu consumo. Aínda así, é unha leve melloría e os problemas non desapareceron en absoluto. E é que os ingresos dos fogares continúan caendo e segue a ser extremadamente difícil manter en positivo o balance dos orzamentos familiares.

Unha vez máis, EROSKI CONSUMER quixo comprobar como son as contas das familias españolas e de que forma evolucionaron desde 2006, ano no que a economía española aínda non se atopaba en crise. Para levar a cabo esta análise, utilizáronse os datos actualizados da Enquisa de Orzamentos Familiares (EPF) e tamén os da Enquisa de Condicións de Vida (ECV), ambas elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

A primeira (a EPF) subministra información anual sobre a natureza e o destino dos gastos de consumo, así como sobre diversas características relativas ás condicións de vida dos fogares. O tamaño da mostra rolda os 24.000 fogares ao ano.

Pola súa banda, a ECV tamén ten unha frecuencia anual e proporciona información sobre a distribución de ingresos e a exclusión social. Neste caso, o tamaño da mostra é de ao redor de 13.000 fogares e 35.000 persoas.

Gasto moderado

Cada fogar gastou en 2014 unha media de 27.038 euros. Entre os diferentes tipos de familias que os compoñen, as parellas cun fillo ou máis realizaron o esforzo económico máis importante (desembolsaron máis de 31.000 euros), a diferenza das persoas soas (gastaron menos de 20.000 euros).

Por comunidades autónomas, o gasto medio dos fogares vascos e navarros foi aproximadamente un 17 % maior que a media (máis de 31.300 euros), mentres que os estremeños e os canarios se situaron na cola e investiron un 15 % menos que a media xeral (pouco máis de 23.000 euros).

Cambio de tendencia

Desde 2006, o gasto medio das familias foi crecendo ininterrompidamente ata 2009. Un ano antes, alcanzaran o seu cénit, un desembolso medio de 31.700 euros e, desde entón, esta cifra non se volveu recuperar. A partir dese ano, as familias comezaron a revisar máis as súas contas e a reter máis o consumo. Ata que, en 2013, se tocou fondo e o gasto caeu aos seus valores máis baixos, 27.098 euros.

Non obstante, tras cinco anos de caída, en 2014 produciuse unha lixeira recuperación. Pero, iso si, con matices. Se se ten en conta a variación dos prezos, ese ano o gasto medio dos fogares caeu un 0,2 % con respecto a 2013. Pero se se deixan a un lado estas flutuacións, cada fogar aumentou o seu orzamento un 0,5 %. Aínda así, desde 2006, a caída do investimento familiar foi importante: un 10,5 % se se toma en consideración a variación dos prezos e un 22 % se non se ten en conta.

Polo xeral, nestes oito últimos anos, o investimento dos diferentes tipos de fogares mantiveron unha tendencia similar á da media: unha baixada xeneralizada, especialmente, desde 2008. Desde ese ano e ata 2014, a caída do gasto situouse entre o 5 % das parellas sen fillos e o 23 % das parellas con tres ou máis fillos. Só as persoas soas de 65 anos ou máis aumentaron o seu orzamento e, en seis anos, gastaron un 10 % máis.

Así mesmo, en todas as comunidades autónomas descendeu o gasto medio dos fogares con respecto a 2006 entre un 1 % (na Rioxa) e un 17 % (en Canarias). Non obstante, nun ano (entre 2013 e 2014), aumentou case nunha de cada dúas: Canarias, Baleares, Navarra, Estremadura, Asturias, Castela e León, Cataluña e Andalucía. Aínda que non aconteceu o mesmo nos fogares aragoneses e madrileños, onde ese gasto medio diminuíu arredor do 3 %, a maior caída.

TÁBOA COMPARATIVA

GASTO MEDIO POR FOGAR EN 2014

GASTO MEDIO POR FOGAR EN 2014
Vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustibles 8.746,96 euros
Alimentos e bebidas non alcohólicas 4.028,21 euros
Transportes 3.227,06 euros
Hoteis, cafés e restaurantes 2.334,30 euros
Ocio, espectáculos e cultura 1.532,81 euros
Artigos de vestir e calzado 1.375,75 euros
Mobiliario, equipamento do fogar e gastos correntes de conservación da vivenda 1.099,99 euros
Saúde 954,74 euros
Comunicacións 793,23 euros
Bebidas alcohólicas, tabaco e narcóticos 509,85 euros
Ensino 369,15 euros
Outros bens e servizos 2.065,70 euros
FONTE: Elaboración propia con datos obtidos da Enquisa de Orzamentos Familiares (EPF) do Instituto Nacional de Estatística

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto