Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Alberto Morano, vogal e responsable de comunicación da Sociedade Española de Medicina Estética (SEME): "Coa lexislación actual, calquera empresario pode comprar un láser e poñer unha persoa non-sanitaria a depilar"

 

O avance técnico na depilación mediante a técnica do láser nos últimos anos é notable e, por iso, esixe máis preparación ca nunca. É a formulación principal do doutor Alberto Morano, quen ademais considera que só os médicos deberían manexar este tipo de láseres e que o servizo ofrecido nos centros debería estar apoiado e revisado por un médico. ?Un tratamento bo, seguro e fiable ten un custo. Hai ofertas a prezos moi baixos, pero cando investigas, ves que a calidade e a efectividade son dubidosas", advirte este profesional, docente universitario e membro da Xunta Directiva da Sociedade Española de Medicina Estética (SEME).

A depilación definitiva, éo realmente?

Deberiamos falar de depilación permanente ou duradeira. Isto quere dicir que, despois dun número adecuado de sesións, non vai haber presenza de pelo durante varios anos. E ese número de sesións depende de varios parámetros: a cor da pel, a cor e o grosor do pelo, a cantidade de melanina da pel etc. Nas zonas que non están sometidas a causas hormonais, unhas cinco ou seis sesións abondan para unha depilación satisfactoria. As zonas hormonodependentes poden requirir bastantes sesións máis.

Canto melloraron as técnicas de depilación nos últimos anos?

O avance foi espectacular. Cando empezamos hai case vinte anos, os láseres eran bastante rudimentarios, dolorosos, lentos e impredicibles. A algúns pacientes dáballes un bo resultado, mentres que a outros non. Na actualidade, os láseres son máis seguros, teñen menos efectos secundarios, non son dolorosos e, sobre todo, son máis predicibles. Ademais, agora dispoñemos de láseres que non requiren interromper o tratamento no verán. Pódese tomar o sol moderadamente.

En que se diferencian a luz pulsada e o láser?

Ambos son sistemas de fotodepilación, é dicir, de depilación mediante luz. O que varían son as lonxitudes de onda e o sistema de luz. Os láseres son moi precisos e exactos. Contan coa capacidade de protexer o tecido circundante e quentar só a "diana"; neste caso, o pelo e o seu folículo piloso. Os sistemas baseados na luz pulsada intensa (IPL en inglés) son menos precisos, pero ao mesmo tempo son moi versátiles grazas á gran cantidade de tipos de luz que podemos aplicar.

Que debemos ter en conta antes de iniciar un tratamento?

Para optimizar o resultado do tratamento, o paciente non debeu depilarse con cera, pinzas, nin con calquera sistema que supoña arrancar o pelo, durante tres ou catro semanas antes da sesión de depilación. O pelo debe estar sempre a nivel da pel. O día anterior ou incluso o mesmo día o paciente debe afeitar ou rasurar o pelo. Para maior seguridade, convén que non se tomase o sol de maneira intensa os días previos e evitar cremas descolorantes do pelo. É importante informar o médico de que medicamentos se están tomando, xa que algúns son potencialmente fotosensibilizantes e poderían crear algún efecto secundario.

Hai riscos?

Os láseres son moi complexos e deben ser manexados por mans expertas. Igual que pode ser moi satisfactorio, tamén pode crear importantes efectos secundarios. Os máis importantes son queimaduras, hiperpigmentacións ou hipopigmentacións. En calquera caso, o experto que aplique estes tratamentos pode solucionar os posibles efectos secundarios que poidan aparecer nun momento dado.

Como se poden evitar?

Os especialistas da SEME apostan por que o láser médico o manexen só profesionais médicos. Para iso, deberían aprobarse regulamentacións adecuadas que garantan as máximas condicións de seguridade.

Que se pode facer para frear o intrusismo profesional?

Fai falta unha lexislación clara que determine os láseres de uso médico e o seu ámbito de aplicación. Un tratamento médico, aplicado como tratamento médico, non debe aplicarse en centros onde ao lado se está facendo ximnasia, ou cortando o pelo, ou vendendo lencería. Coa lexislación actual, calquera empresario pode comprar un láser e poñer unha persoa non- sanitaria a depilar.

A publicidade presenta a depilación definitiva como un método inocuo e o feito de que se ofreza en salóns de peiteado, por exemplo, fai pensar que é así. Vostede que opina?

Un tratamento ten unha efectividade real, obxectiva e demostrable porque crea determinados cambios no lugar que se aplica. Se non diriximos eses cambios no lugar adecuado, coas precaucións debidas, cun historial clínico informativo que nos despexe contraindicacións, o mesmo que pode facer ben, pode facer moito dano. Polo tanto, polo menos, debe haber un responsable que poida facerse cargo e solucionar posibles problemas que puidesen aparecer.

O tratamento máis caro é sempre o mellor?

A tecnoloxía é cara. Un tratamento bo, seguro e fiable ten un custo. Hai ofertas a prezos moi baixos, pero cando investigas, ves que a calidade e a efectividade son dubidosas. O mercado chinés invadiu Europa e ofrece láseres a prezos irrisorios, pero cando ves onde os fabrican, desaparécenche as ganas de aventurarte a compralos. Así e todo, hai xente que cae e ofrece prezos por debaixo incluso do custo habitual dun tratamento. Eu non me arriscaría.

Podemos facernos dano cos electrodomésticos de depilación definitiva?

Non, pero tampouco obteremos moito beneficio. O que fan realmente é debilitar o pelo máis que eliminalo e, se despois queremos facer un láser para a depilación total, o pelo non terá entidade suficiente para absorber a enerxía do láser. Perderemos efectividade.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto