Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: barriñas de cereais: Barriña de cereais, enerxía concentrada

A súa achega en azucre é similar á das galletas, aínda que o seu contido en graxas é inferior. Aínda así, non hai un consenso sobre cal é o seu papel nunha dieta saudable nin tampouco sobre a frecuencia de inxestión recomendada

 

Os cereais de almorzo existen nas nosas vidas desde hai case 200 anos. Naquela época, a poboación estadounidense comezaba a padecer certos trastornos relacionados cunha mala alimentación; entre outros, a hipercolesterolemia e o estrinximento. Para atallar o problema, un reverendo presbiteriano propuxo substituír o típico almorzo anglosaxón, con ovos, beicon e manteiga, por cereais integrais. Desta forma creáronse as primeiras receitas que, co tempo, se foron mellorando e desenvolvendo.

Hoxe en día, dise que os cereais de almorzo son a versión moderna das sopas de pan que mollaban as nosas avoas no leite para almorzar. Adxudícaselles a calidade de ser alimentos funcionais que poden contribuír a mellorar o estado nutritivo e de saúde dos que os consomen.

O certo é que, na actualidade, o mercado ofrece infinidade de receitas e produtos elaborados con cereais. Un exemplo diso son as barriñas de cereais. As claves do seu éxito: pesan pouco, caben en calquera peto, aguantan mellor a calor e o frío sen necesidade de illante térmico, desfanse na boca case sen esforzo e dixírense doadamente.

As barriñas de cereais xorden no mercado cara a 1960, tras a popularización dunhas barriñas deseñadas para os astronautas nas súas viaxes polo espazo exterior. Estes produtos para astronautas foron a versión preliminar das barriñas de cereais e, tamén, das barriñas enerxéticas, dous artigos que se parecen moito, pero que non son exactamente iguais. Malia as diferenzas entre ambos os dous tipos de barriña non seren tan grandes como cabería esperar, nas enerxéticas adoita existir unha maior porcentaxe de azucres dado que, en teoría, están deseñadas para cubrir os requirimentos enerxéticos dos deportistas.

Ademais das barriñas de cereais e das barriñas enerxéticas, existen no mercado outros dous tipos de barriña: as ricas en proteínas e as deseñadas para substituír unha comida. Con respecto ás primeiras, o certo é que non está claro o papel nutricional que desempeñan. É posible que teñan sentido na dieta de determinados atletas que realizan grandes esforzos continuados, aínda que as investigacións non detectan que haxa deficiencias na inxestión de proteína, nin na poboación xeral nin nos atletas de elite. En moitas ocasións, atribúese ás proteínas destas barriñas un papel na saciedade e, por extensión, no control de peso corporal, algo que a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA, nas súas siglas en inglés) prohibe desde 2010.

As barriñas substitutivas de comidas, deseñadas para o control do peso corporal, deben cumprir uns requisitos determinados por lei, algo que non se aplica aos anteriores tipos de barriña. Ademais, a EFSA permite acompañalas dunha declaración de saúde: "Contribúen ao mantemento ou á diminución do peso corporal". Non obstante, existe discusión no ámbito científico sobre esta cuestión. A eficacia destas barriñas na perda de peso a longo prazo é dubidosa, tal e como revelou unha revisión sistemática publicada na edición de novembro-decembro de 2011 da revista "Nutrición Hospitalaria". E é que tratar o exceso de peso é moito máis complexo ca unha simple redución nas calorías inxeridas. Se se consomen, convén que sexa co asesoramento de dietistas-nutricionistas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto