Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Enquisados 1020 consumidores para pescudar o seu grao de coñecemento con respecto aos pictogramas situados nos envases dos produtos de consumo cotián: Pictogramas: os consumidores coñécenos, pero demandan máis información sobre o seu significado

O 38 % cre que achegan información útil para o consumidor e un 36 % afirma que adquire os seus produtos sen coñecer o significado dos pictogramas

 

Informan, aconsellan, alertan e preveñen. Os pictogramas cumpren unha función imprescindible para o consumidor. Con todo, estes símbolos ou figuras con información sobre seguridade, forma de emprego ou grao de respecto ao medio dos produtos de consumo cotián non sempre se coñecen nin tampouco se interpretan de forma correcta.

EROSKI CONSUMER, a Plataforma Envase y Sociedad e Hispacoop (a Confederación Española de Cooperativas de Consumidores e Usuarios á que pertence Fundación EROSKI) quixeron pescudar cal é o grao de coñecemento e sensibilización dos consumidores con respecto aos diferentes pictogramas que aparecen nos envases dos distintos produtos de consumo cotián.

Así, expúxose unha investigación na que se consultou a 1020 persoas de todo o país mediante un sistema de entrevistas web asistidas por computador (denominado método CAWI) durante a última semana de maio e a primeira de xuño.

Do total de entrevistados, o 51 % eran mulleres. Por idade, todos eran maiores de 18 anos e os grupos que maioritariamente participaron na enquisa tiñan entre 30 e 45 anos (un 32 %) e máis de 65 anos (o 20 %). Ademais, a maioría procedía de Andalucía (un 18 %), Cataluña (un 16 %), Comunidade de Madrid (un 14 %) e Comunidade Valenciana (un 11 %).

Como se fixo

Propúxose un cuestionario que constaba de 40 preguntas pechadas con varias alternativas de resposta. Por unha banda, consultábase a opinión e a actitude con respecto aos pictogramas e, polo outra, valorábase o seu coñecemento real sobre determinadas composicións gráficas.

Para iso, seleccionáronse máis de 20 figuras ou símbolos de marcación obrigatoria (un indicador fundamental da conformidade dun produto coa lexislación) e marcación voluntaria. Proporcionaban información ambiental sobre seguridade, orixe e material do produto, e recomendacións no uso e xestión do envase.

Clasificáronse en varios grupos:

  1. Pictogramas de seguridade: aqueles símbolos que advirten dos perigos dun mal uso do produto para a saúde e para o medio, e que informan sobre as propiedades físicas e químicas. Son símbolos cun rombo con bordo vermello, que non deben inxerirse, mesturarse con alimentos nin tampouco deixalos ao alcance dos nenos.
  2. Pictogramas en produtos cosméticos: aquelas figuras que realizan recomendacións sobre a forma de emprego máis segura dese tipo de artigos.
  3. Pictogramas relacionados co Sistema Integrado de Xestión de Residuos (SIG, na súa sigla en castelán): composicións gráficas que informan sobre as formas de xestión e reciclaxe do produto.
  4. Pictogramas con números e siglas: aquelas figuras que se refiren aos materiais utilizados e a posible reutilización do produto.
  5. Pictogramas relacionados coa sustentabilidade do produto: por exemplo, que o envase sexa reciclable ou que proceda dunha pesca sustentable ou da agricultura ecolóxica.

Por último, o estudo complementouse cunha análise sobre o interese e a notoriedade que os consumidores lles conceden aos pictogramas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto